Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O Concello de Noia solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade de dúas vías de servizo situadas na marxe esquerda da estrada autonómica AC-549, entre o centro comercial Eroski (p.q. 2+560) e o núcleo do Río do Porto (p.q. 2+990) e entre os núcleos de Carracido (p.q. 2+410) e Eiroa (p.q. 2+040), para mellorar as comunicacións entre os núcleos mediante a pavimentación e dotación de servizos destas vías.
Posteriormente, solicita o cambio de titularidade da vía de servizo da marxe dereita da AC-549 entre os núcleos de Carracido (p.q. 2+550) e O Río do Porto (p.q. 2+980), cos seguintes obxectivos: reempregar este camiño de servizo como vía de comunicación entre o centro comercial Eroski e o núcleo do Río do Porto, dar accesibilidade ás vivendas existentes na contorna, pavimentar a vía, construír un colector de augas fecais que recolla as verteduras existentes procedentes dos núcleos de Carracido e Gradil e conducir estas verteduras ao pozo existente no Río do Porto.
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos e franxas que se definen no artigo 1.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de novembro de dous mil vinte e catro,
DISPOÑO:
Artigo 1
Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Noia dos seguintes camiños de servizo da AC-549 de titularidade autonómica, xunto co seu DPV, e dunhas franxas de DPV, entre Eiroa, Carracido, o centro comercial Eroski e O Río do Porto, na parroquia de Barro:
|
Nº |
Denominación treito |
Inicio treito |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29) |
Final treito |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29) |
Lonx. (m) |
Superficie DPV (m2) |
|
1.1 |
Camiño servizo solicitado marxe dereita |
2+550 MD AC-549 |
X = 508.995 Y = 4.738.406 |
2+650 MD AC-549 |
X = 508.917 Y = 4.738.349 |
99 |
414 |
|
1.2 |
2+860 MD AC-549 |
X = 508.743 Y = 4.738.247 |
2+980 MD AC-549 |
X = 508.622 Y = 4.738.191 |
134 |
1.193 |
|
|
1.3 |
Franxa DPV solicitada |
- |
- |
- |
- |
- |
489 |
|
2.1 |
Camiño de servizo solicitado marxe esquerda |
2+040 ME AC-549 |
X = 509.119 Y = 4.738.905 |
2+410 ME AC-549 |
X = 508.074 Y = 4.738.520 |
393 |
3.177 |
|
2.2 |
Camiño de servizo solicitado marxe esquerda |
2+560 ME AC-549 |
X = 509.006 Y = 4.738.381 |
2+990 ME AC-549 |
X = 508.618 Y = 4.738.152 |
457 |
4.891 |
|
3.1 |
Franxa DPV delimitada polo SP-AC |
- |
- |
- |
- |
- |
231 |
|
3.2 |
Franxa DPV delimitada polo SP-AC |
- |
- |
- |
- |
- |
59 |
Artigo 2
De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Esta acta de entrega e os seus planos poderanse consultar na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 3
Correspóndenlle ao Concello de Noia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puidese corresponder como nova Administración titular.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Noia, once de novembro de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
