DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62401

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I).

O 19 de xaneiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I). Esta resolución modificouse mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2024 (DOG núm. 48, do 7 de marzo).

O artigo 2 das bases reguladoras nos seus números 1 e 2 sinala o seguinte:

1. As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse cun crédito total de 5.500.000,00 euros, imputables á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2022 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 e 2025. O orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionables: a liña 1, Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos, cun orzamento de 1.255.000,00 euros para a liña 1.1 e 1.355.000,00 euros para a liña 1.2; a liña 2, Proxectos dixitais vinculados a recursos turísticos enogastronómicos, cun orzamento de 590.000,00 euros, e a liña 3, Creación e/ou ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia, cun orzamento de 2.300.000,00 euros.

2. As subvencións previstas nesta resolución financiaranse co seguinte detalle:

Liñas

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

Liña 1.1

627.500,00 €

627.500,00 €

1.255.000,00 €

Liña 1.2

677.500,00 €

677.500,00 €

1.355.000,00 €

Liña 2

295.000,00 €

295.000,00 €

590.000,00 €

Liña 3

1.150.000,00 €

1.150.000,00 €

2.300.000,00 €

Total

2.750.000,00 €

2.750.000,00 €

5.500.000,00 €

Unha vez finalizado o prazo de solicitudes establecido pola resolución de convocatoria e avaliadas todas as solicitudes presentadas, comprobouse que algunhas das liñas de axuda esgotaron totalmente o crédito e outras tiñan remanente de crédito, tal e como se reflicte a seguir:

Concepto

Ano 2024

Ano 2025

Solicitudes concedidas

Solicitudes en lista de agarda

Solicitudes concedidas

Solicitudes en lista de agarda

Eixe 1

Liña 1.1

Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. Rehabilitación e reforma sustentable.

10

9

6

13

Eixe 2

Liña 1.2

Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. Enerxías renovables.

2

0

7

0

Eixe 3

Liña 2

Proxectos dixitais vencellados a recursos turísticos enogastronómicos.

6

0

3

0

Eixe 4

Liña 3

Ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia.

5

0

8

0

Como se pode comprobar no anterior cadro, a liña 1.1 «Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. Rehabilitación e reforma sustentable», recibiu un maior número de solicitudes en relación co resto das liñas, polo que existen 22 solicitudes (9 correspondentes á anualidade 2024 e 13 vencelladas á anualidade 2025) en lista de agarda, que se atopan en condicións de poder ser resoltas favorablemente xa que cumpren con todos os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

O maior número de solicitudes vencelladas á liña 1.1 deriva das dificultades para poder actuar en instalacións preexistentes para levar a cabo obras de ampliación e mellora (encadrables na liña 3), en canto á obtención dos preceptivos permisos ou licenzas, xa que moitos dos inmobles en que se desenvolverían esas actuacións están suxeitos a algún tipo de protección, o que dificulta a intervención que se vai realizar (para o cumprimento de prazos de execución), ou en canto ás liñas 1.2 (enerxías renovables) ou 2 (proxectos dixitais) non resultaron tan atractivas para as posibles persoas beneficiarias porque a maior parte das intervencións reclamadas focalizáronse na mellora das instalacións preexistentes a través de proxectos de rehabilitación e reforma que as convertesen en instalacións máis sustentables, en coherencia co obxectivo principal do compoñente 14 do Plan de modernización e competitividade do sector turístico: a transformación e modernización do sector turístico en España a través da sustentabilidade e a dixitalización, aumentando a súa competitividade e resiliencia.

Á vista desta situación, o número de solicitudes que se atopan en lista de agarda e que estarían en condicións de poder ser resoltas, o 13.9.2024 propúxose á Comisión Bilateral entre a Secretaría de Estado de Turismo e a Comunidade Autónoma de Galicia unha modificación nos importes, tal e como se recolle no seguinte cadro:

Actuacións

Total

Eixe 1

Liña 1.1

Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. Rehabilitación e reforma sustentable.

2.533.000,00 €

Eixe 2

Liña 1.2

Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. Enerxías renovables.

550.000,00 €

Eixe 3

Liña 2

Proxectos dixitais vencellados a recursos turísticos enogastronómicos.

550.000,00 €

Eixe 4

Liña 3

Ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia.

1.867.000,00 €

Total

5.500.000,00 €

O 24.9.2024 a Comisión Bilateral entre a Secretaría de Estado de Turismo e a Comunidade Autónoma de Galicia aproba a anterior modificación para poder resolver favorablemente todas as solicitudes presentadas e completas e así poder executar os fondos incluídos na acción de cohesión en destino (ACD) Aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos de Galicia. Faise preciso trasladar a modificación aprobada na Comisión Bilateral á Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I), e, deste xeito, resolver as solicitudes presentadas e que se atopan en lista de agarda.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificación do anexo I da Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I)

Modifícanse os artigos 2.1 e 2.2 do anexo I da Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I), nos termos que se recollen a seguir:

Un. O artigo 2.1 queda redactado nos seguintes termos:

«As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse cun crédito total de 5.500.000,00 euros, imputables á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2022 00001, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 e 2025. O orzamento divídese en tres liñas de actuación subvencionables: a liña 1, Adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos, cun orzamento de 2.533.000,00 euros para a liña 1.1 e 550.000,00 euros para a liña 1.2; a liña 2, Proxectos dixitais vinculados a recursos turísticos enogastronómicos, cun orzamento de 550.000,00 euros, e a liña 3, Creación e/ou ampliación e mellora da capacidade de aloxamento da contorna turística para a posta en valor da enogastronomía de Galicia, cun orzamento de 1.867.000,00 euros».

Dous. O artigo 2.2 queda redactado nos seguintes termos:

«As subvencións previstas nesta resolución financiaranse co seguinte detalle:

Liñas

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

Liña 1.1

1.000.000,00 €

1.533.000,00 €

2.533.000,00 €

Liña 1.2

275.000,00 €

275.000,00 €

550.000,00 €

Liña 2

275.000,00 €

275.000, 00 €

550.000,00 €

Liña 3

650.000,00 €

1.217.000,00 €

1.867.000,00 €

Total

2.200.000,00 €

3.300.000,00 €

5.500.000,00 €

Artigo 2. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia