En sesións que tiveron lugar os días 28 de outubro e 4 de novembro de 2024, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto), en relación co primeiro exercicio,
ACORDOU:
Primeiro. Anular, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, as seguintes preguntas do primeiro exercicio:
• Quenda de acceso libre:
– Parte primeira do cuestionario de contido teórico: 23, 33, 40, 65, 68 e 84.
O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 123, 124, 125 e 126.
A corrección desta primeira parte do exercicio faise sobre un total de 88 preguntas.
– Parte segunda do cuestionario de contido práctico: 91, 102, 111, 115 e 117.
O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 127, 128, 129 e 130.
A corrección desta segunda parte do exercicio faise sobre un total de 29 preguntas.
• Quenda de promoción interna:
– Parte primeira do cuestionario de contido teórico: 3, 13, 20, 45, 48 e 64.
O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 101, 102, 103 e 104.
– Parte segunda do cuestionario de contido práctico: 71, 82, 91, 95 e 97.
O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 105, 106, 107 e 108.
A corrección do exercicio faise sobre un total de 97 preguntas.
Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas seguintes preguntas:
Na quenda de acceso libre, a pregunta número 67, en que é correcta a alternativa b), e a número 118, en que é correcta a alternativa b).
En correspondencia co anterior, na quenda de promoción interna, a pregunta número 47, en que é correcta a alternativa b), e a número 98, en que é correcta a alternativa b).
Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e por Resolución do 7 de outubro de 2024, deste tribunal, publicada no taboleiro de anuncios web corporativo funcionpublica.xunta.gal, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que, na quenda de acceso libre, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, sempre e cando acaden o mínimo do 50 % en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Se se dá o caso de que o número de aspirantes que superaron este exercicio non é o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Se se dá o caso de que o número de aspirantes que superaron este exercicio non é o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Terceiro. Realizada a corrección en sesión do 13 de novembro de 2024, de acordo coas normas e criterios anteriores, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima un total de 9 persoas aspirantes, fixándose no número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria: as respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta; as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Para a obtención do dito número de persoas aptas foi preciso aplicar o criterio subsidiario de porcentaxe neto de aprobados sinalado do 40 % de respostas correctas netas en cada un dos bloques teórico e práctico.
Na quenda de promoción interna, acadaron a puntuación mínima un total de 3 persoas aspirantes, fixándose no número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria: as respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta; as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Son as persoas que acadaron a mínima puntuación establecida do 40 % en cada parte do exercicio na quenda de acceso libre e do 50 % na quenda de promoción interna. Respecto das persoas que non acadaron algunha das ditas porcentaxes mínimas, publícase a relación correspondente e decláranse non aptas; sinálanse para cada aspirante os bloques *1, *2 e *3 (=ambos os bloques) nos cales non se cumpriu a condición de porcentaxe mínima. En razón aos ditos criterios, unha asignación de puntuacións neste último grupo non sería homologable á dos restantes aspirantes.
Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
María José Campos Núñez
Presidenta do tribunal
