Expediente: IN407A 2024/176-1.
Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: LMTS, CS alimentación para recarga de vehículos eléctricos na área de servizo Ameixeira.
Concello: Ordes.
Feitos:
1. O día 13.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender unha petición de subministración da área de servizo Ameixeira, situada na AP9, na parroquia de Santiago de Vilamaior, concello de Ordes, para alimentar dous puntos de recarga de vehículos eléctricos (un na parte norte e outro na parte sur), proxéctase, para a zona norte, un novo centro de seccionamento e liña soterrada de media tensión, que se conectarán coa liña de distribución de media tensión LMT Bucle Ameixeira (IN407A 2010/313); e para a zona sur, a instalación dun fusible seccionador nun apoio existente da liña de distribución de media tensión LMT Autoestrada Ordes (IN407A 09/544).
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CS alimentación para recarga de vehículos eléctricos na área de servizo Ameixeira, asinado o día 7.5.2024 (número de visado 1235/24-CO do 8.5.2024) por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.233, e un anexo asinado polo mesmo enxeñeiro o 29.10.2024.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ordes, Servizo de Patrimonio Cultural e Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 4.11.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na área de servizo Ameixeira, parroquia de Santiago de Vilamaior, concello de Ordes, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Instalación de seccionador XS en apoio número 10 tipo HV-14/800 da LMT autoestrada Ordes (IN407A 09/544), que será o punto fronteira coa instalación de cliente na área de servizo Ameixeira, zona sur (CT cliente recarga vehículo).
• LMTS a 20 kV, de 111 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe nos empalmes por realizar nun PAR existente da LMT Bucle Ameixeira (IN407A 2010/313) e remate no CT Servizo Autoestrada II (IN407A 2009/544), facendo E/S no CS proxectado. A liña discorrerá por unha canalización existente, agás no treito de entrada no CS, que se realizará en gabia de 0,50 metros de ancho por 1,20 metros de profundidade, na cal se instalarán catro tubos de polipropileno de 160 mm. Desmantelamento do tramo LMTS, de 89 m, que actualmente alimenta o CT Servizo Autoestrada II.
• CS compacto prefabricado, en configuración 2L (UDESA; CT cliente recarga vehículo)+1P (CT Servizo Autoestrada II)+SS.AA.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
