DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2024 Páx. 62415

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (microelectrónica), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de xuño de 2024 (DOG do 18 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (microelectrónica), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de xullo de 2024 (DOG do 23 de xullo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 20 de xaneiro de 2025, ás 16.00 horas, na aula Cuarto de xuntas, no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (rúa de Xoaquín Díaz de Rábago, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento do galego.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela