No DOG núm. 91, do 10 de maio de 2024, publicouse a Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR809A).
Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, o 11 de xullo de 2024 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, ditou resolución de adxudicación de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional, que se desenvolverán durante os anos 2024 e 2025.
Tras a renuncia dunha das persoas beneficiarias das bolsas, e de conformidade co disposto na base décimo segunda da Orde do 29 de abril de 2024, o 12 de setembro de 2024 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se lle concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 29 de abril de 2024.
Conforme o establecido na base sétima, punto un, da Orde do 29 de abril de 2024, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas oficinas da Cooperación Española (OCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de acordo co previsto no convenio subscrito entre esta Axencia e a Xunta de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), segundo se detalla no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores
e coa Unión Europea
ANEXO
Persoas adxudicatarias
|
Apelidos |
Nome |
Destino |
Subvención concedida |
Aplicación orzamentaria |
|
Iglesias García |
Andrea |
Oficina da Cooperación Española de Mozambique |
19.200 € |
35.07.331A.480.0 |
|
Vázquez Carneiro |
Ignacio Juan |
Oficina da Cooperación Española de República Dominicana |
19.200 € |
35.07.331A.480.0 |
|
Núñez Conde |
Sara |
DXRREE e UE Santiago de Compostela |
13.200 € |
35.07.331A.480.0 |
|
Marino Vaz |
Marta Guadalupe |
Oficina da Cooperación Española de Guatemala |
19.200 € |
35.07.331A.480.0 |
|
López Rodríguez |
Andrea |
Oficina da Cooperación Española de Bolivia |
19.200 € |
35.07.331A.480.0 |
|
Groba Muñoz |
Marta |
DXRREE e UE Santiago de Compostela |
13.200 € |
35.07.331A.480.0 |
