DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62733

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación, para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR803D).

Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR803D), unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do 9 de agosto de 2024, do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 98, do 22 de maio):

– 28 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cinco millóns douscentos sesenta e tres mil setecentos cincuenta e seis euros con corenta e dous céntimos (5.263.756,42 €), con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I.

– 4 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe total de setecentos mil euros (700.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, respondendo a súa distribución aos beneficiarios, contías e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores
e coa Unión Europea

ANEXO I

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán
as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD)

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total (€)

Subvención solicitada tota (€)

Subvención concedida (€)

Total 2024 (€)

Total 2025 (€)

Subvención concedida (€)

PR803D 2024-31

Fundación Humanitaria de los Rotarios Españoles

Fortalecemento da Rede de saúde pública do distrito municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra (Bolivia). Fase II.

205.771,00

184.993,00

64.747,55

120.245,45

184.993,00

PR803D 2024-20

Arquitectura Sin Fronteras

Proxecto Te Chwinqlal (para a vida) para o acceso mellorado á auga e á súa gobernanza con enfoque de xénero, das 267 familias indíxenas, maioritariamente mulleres viúvas e solteiras, da comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada en Champerico, Guatemala.

239.597,48

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-17

Asemblea de Cooperación pola Paz

Reducir a exposición climática e fortalecer as organizacións comunitarias mediante a promoción da habitabilidade, sustentabilidade e resiliencia de 10 comunidades da cañada do Marañón, no municipio de Santo Domingo Norte, República Dominicana.

212.653,73

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-43

Asemblea de Cooperación pola Paz

Contribuír ao apoderamento integral feminista de mulleres e das redes contra a violencia de xénero nos municipios de El Triunfo, Concepción de María e Santa Ana de Yusguare, departamento de Choluteca, Honduras.

230.825,28

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-55

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada con Solidaridade Galega e Solida

Coresi 2024. Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral no municipio de San Marcos Colón, Departamento de Choluteca, Honduras.

259.559,83

234.935,83

82.227,54

152.708,29

234.935,83

PR803D 2024-39

Arquitectura Sin Fronteras en agrupación con Proyde

Proxecto Qoklen toj xnaq´tzb´il (valor á educación) por unha educación inclusiva, equitativa, de calidade, libre de discriminación, nunha contorna segura e nunhas infraestruturas apropiadas, no municipio de Champerico, Retalhuleu.

257.994,14

235.000,00

82.250,00

152.750,00

235.000,00

PR803D 2024-10

Asociación Ayuda, Intercambio y Desarrollo, Aida

Promoción da soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión leste de Guinea Bissau.

195.171,27

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-42

Fundación Fabre

Promoción de dereitos a través do acceso á auga potable, de maneira universal, equitativa e sustentable, no municipio de Urubichá, departamento de Santa Cruz, Bolivia.

208.862,89

181.416,00

63.495,60

117.920,40

181.416,00

PR803D 2024-35

Fundación Intered

Comunidades rurais e centros educativos promoven a prevención do matrimonio infantil e unións temperás, desde o enfoque de interseccionalidade, na provincia San Cristóbal, República Dominicana.

194.786,80

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-18

Médicos del Mundo

Reforzo dos sistemas e mecanismos gobernamentais e comunitarios de prevención e actuación ante a VbG nos distritos de Koinadugu e Falaba, Sierra Leona.

148.133,81

139.413,45

48.794,71

90.618,74

139.413,45

PR803D 2024-36

Fundación Ayuda en Acción

Innovalac: fortalecemento de competencias e promoción de tecnoloxías limpas na cadea láctea no departamento de Madriz, Nicaragua.

279.432,00

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-52

Farmacéuticos Mundi

Desenvolvemento de capacidades para a seguridade alimentaria de comunidades indíxenas do municipio de Nahualá (dep. de Sololá, Guatemala), con enfoque de xénero, sustentabilidade agroecolóxica e gobernanza.

197.746,86

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-1

Fundación Religiosos para la Salud agrupada con Misioneros Seglares Vicencianos

Mellorando o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no departamento de Cochabamba, Bolivia. Fase II.

251.058,12

235.000,00

82.250,00

152.750,00

235.000,00

PR803D 2024-37

Fundación Ayuda en Acción

Mellora da sustentabilidade e a xestión integrada da cadea de valor da pesca e acuicultura, promovendo o desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas interiores, na provincia de Maputo, Mozambique.

215.592,31

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-56

Fundación Educación y Cooperación, Educo

Promovendo o exercicio do dereito a unha vida libre de violencia e ao dereito á alimentación, das mulleres Maya Mam de Santa Bárbara, Huehuetenango, Guatemala.

200.000,00

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-8

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, Agareso

Fortalecemento das capacidades e ferramentas das mulleres dominicanas organizadas para incidir social e politicamente para previr a violencia sexual. Fase II.

205.654,97

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-45

Fundación BALMS para la Infancia

Mellora das capacidades de titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións do distrito municipal de Santiago Oeste, con especial incidencia na mocidade e as mulleres, para exercer os seus dereitos fundamentais a través dunha estratexia de participación social e incidencia política cun enfoque integral de xénero. Asociado a IDI Rep. Dominicana. Fase V.

217.920,55

184.998,31

64.749,41

120.248,90

184.998,31

PR803D 2024-6

Fundación CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

Mellora da saúde e hixiene das 4 comunidades aimaras da subcentral Choritotora do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable polo fortalecemento das organizacións de mulleres Bartolinas e dos comités de auga, Bolivia.

243.938,30

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-41

Solidariedade Internacional de Galicia

Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o acceso efectivo a unha xustiza feminista e o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias machistas no eixe A Paz/O Alto/Santa Cruz, Bolivia. Fase III.

197.349,10

184.988,41

64.745,94

120.242,47

184.988,41

PR803D 2024-59

Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia agrupada coa UDC

Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira no sur de Honduras. Fase 2.

262.962,14

235.000,00

82.250,00

152.750,00

235.000,00

PR803D 2024-32

Fundación BALMS para la Infancia

Mellora das capacidades produtivas e coñecementos técnicos da poboación nova e mulleres Awajún de Urakusa para o acceso a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, promovendo a soberanía alimentaria.

233.843,42

184.999,43

64.749,80

120.249,63

184.999,43

PR803D 2024-47

Fundación Fabre

Exercendo o dereito humano á alimentación con maior dispoñibilidade, acceso e uso sustentable de alimentos sans agroecolóxicos de 155 mulleres e homes indíxenas/rurais do municipio de Ayabaca, Perú.

216.743,07

184.911,10

64.718,89

120.192,21

184.911,10

PR803D 2024-57

Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia agrupada coa USC

Mellora da xestión pública da auga nos municipios da mancomunidade Nasmar, Honduras. Fase 1.

301.967,05

235.000,00

82.250,00

152.750,00

235.000,00

PR803D 2024-34

Médicos del Mundo

Contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural en Alta Verapaz, Guatemala.

194.814,00

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024-2

Manos Unidas

Fortalecemento da participación política e pública das mulleres no exercicio dos seus dereitos para unha vida libre de violencia de xénero na rexión de Junín, Perú.

283.713,48

183.585,12

64.254,79

119.330,33

183.585,12

PR803D 2024-26

Asociación Solidaridad para el Desarrollo y la Paz, Sodepaz

Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 5 comunidades indíxenas Ch’orti’ de Jocotán, Chiquimula, Guatemala. Fase II.

67.026,46

60.000,00

60.000,00

0,00

60.000,00

PR803D 2024-7

Fundación Entreculturas Fe y Alegría agrupada con Fundación Taller de Solidaridad

Mulleres guaraní transformadoras de cambio social, económico e político na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae, Bolivia.

285.825,61

235.000,00

82.250,00

152.750,00

235.000,00

PR803D 2024-40

Asociación Amigas da Terra

Apoderamento de mulleres rurais vulnerables para o exercicio dos seus dereitos coa participación social e política, a prevención da violencia de xénero, a soberanía alimentaria, a restauración ambiental e o acceso a recursos económicos en Santa Ana de Yusguare, Honduras.

231.980,00

185.000,00

24.265,77

120.250,00

144.515,77

 

 

 

1.855.000,00

3.408.756,42

5.263.756,42

ANEXO II

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán
outros axentes de cooperación

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento
total (€)

Subvención solicitada total (€)

Subvención concedida (€)

Total 2024 (€)

Total 2025 (€)

Subvención concedida (€)

PR803D 2024/60

Innovacion, Cooperación, Cartografía y Territorio, Icarto

Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico fronte ao cambio climático e ás secas en Mozambique. Fase II. Gerhara II.

232.400,00

178.800,00

62.580,00

116.220,00

178.800,00

PR803D 2024/4

Fundación Galicia Innova

Proxecto de educación técnica agropecuaria sustentable articulado ao mercado para o desenvolvemento social, económico e ambiental do val San Lorenzo, Piura, Perú, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e novas. Proxecto Educa-T San Lorenzo.

205.700,00

184.960,00

64.736,00

120.224,00

184.960,00

PR803D 2024/14

Fundación Mujeres

Produción sustentable para a igualdade de xénero e o apoderamento socioeconómico das familias rurais en Sentinela del Cóndor, Ecuador.

203.453,13

185.000,00

64.750,00

120.250,00

185.000,00

PR803D 2024/23

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca)

Fomentar a rastrexabilidade e a comercialización da cadea de valor dos produtos hidrobiolóxicos da baía de Sechura para promover medios de vida sustentables, apoiando o enfoque de xénero e a gobernanza, Perú.

164.126,02

185.000,00

52.934,00

98.306,00

151.240,00

Total

245.000,00

455.000,00

700.000,00