Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 8 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, as beneficiarias, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do 24 de xullo de 2024, do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 8 de maio de 2024 (DOG núm. 100, do 24 de maio), que se relacionan no anexo:
– 3 microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación por un importe global de noventa mil euros (90.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para microproxectos
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento total |
Subvención solicitada |
Subvención concedida |
|
PR804B 2024-6 |
Cooperación Internacional |
Formación técnica ocupacional para impulsar a inserción laboral e previr a migración de mozas e mulleres en situación de vulnerabilidade, Guatemala |
45.837,37 |
30.000,00 |
30.000,00 |
|
PR804B 2024-9 |
Asociación Cidel Galicia |
Liderado comunitario xuvenil para xerar espazos de incidencia social e política para a mellora da igualdade de xénero no municipio de Baitoa e no municipio de Santiago de los Caballeros, República Dominicana |
33.070,74 |
30.000,00 |
30.000,00 |
|
PR804B 2024-7 |
Asociación Integral de Rescate Emergencias, AIRE |
Protección civil saharauí, fase II |
67.285,00 |
30.000,00 |
30.000,00 |
|
Total |
90.000,00 |
90.000,00 |
|||
