DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62727

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 14 de xuño de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea de 4 de setembro de 2024, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 14 de xuño de 2024 (DOG núm. 124, do 27 de xuño):

– 17 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global para executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de seiscentos mil euros (600.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.481.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores
e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total (€)

Subvención solicitada total (€)

Subvención concedida (€)

Total 2024 (€)

Total 2025 (€)

Subvención concedida (€)

PR804A 2024-14

Asemblea de Cooperación pola Paz

Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). COÑECE!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.

39.001,06

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-5

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso)

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión, e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)

38.500,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-19

Farmacéuticos Mundi agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase V

50.100,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2024-6

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso)

Promover a corresponsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas o alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo Fase III)

38.325,66

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-10

Fundación Ayuda en Acción

Education4ThePlanet: mocidade galega activados pola axenda 2030 e a acción polo clima

36.738,45

34.901,53

13.960,61

20.940,92

34.901,53

PR804A 2024-13

Arquitectura sen Fronteiras agrupado coa Universidade de A Coruña

Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 2

52.500,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2024-17

Asemblea de Cooperación pola Paz

Abeirar: promovendo actitudes e capacidades de comunidades escolares, mocidade, TdR e TdO asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social e institucional a favor da empatía intercultural cun enfoque reflexivo e crítico.

38.888,89

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-9

Fundación Ayuda en Acción agrupada con la Fundación Educación y Cooperación-Educo, Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela

Campaña Mundial pola Educación 2025

47.500,08

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2024-7

Asociación Enxeñería sen Fronteiras Galicia

Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os dereitos humanos no ensino secundario de Galicia, fase 2.

44.840,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-3

Manos Unidas

Fame Cero: sensibilización, formación e concienciación sobre o dereito humano á alimentación e o ODS 2 en centros rurais de ensino infantil e primario. Fase III

52.527,21

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-4

Fundación Intered

Sementando Coeducación dende o Rural. Fase II.

37.600,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-16

Asociación Ecos do Sur agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030

61.042,33

44.701,73

17.880,69

26.821,04

44.701,73

PR804A 2024-12

Asociación Enxeñería sen Fronteiras Galicia

Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 1

59.790,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-2

Asociación Amigas da Terra

Rede eco Hortas Escolares

29.505,04

27.925,00

11.170,00

16.755,00

27.925,00

PR804A 2024-24

Solidariedade Internacional de Galicia

O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación

38.600,51

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-20

Fundación Educación y Cooperación-Educo

A protección na infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada ao Sur e o ApS como camiño á transformación social

37.146,87

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2024-21

Solidariedade Internacional de Galicia

O Movemento Social do Comercio Xusto como exercicio de Cidadanía Global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 dende Galicia (III)

12.034,49

35.000,00

2.988,70

4.483,04

7.471,74

 

 

 

240.000,00

360.000,00

600.000,00