Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 26 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se convocan para o ano 2024, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 15 de xullo de 2024, en virtude da delegación establecida da disposición adicional primeira da Orde do 26 de abril de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), que se relacionan no anexo:
– 8 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 35.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
|
Nº expediente |
Entidade solicitante |
Denominación proxecto |
Orzamento total |
Subvención solicitada |
Subvención concedida |
|
PR811A 2024-12 |
Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) |
Asistencia e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras |
83.210,47 |
74.999,91 |
74.999,91 |
|
PR811A 2024-1 |
Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) |
Promoción de dereitos e garantías de protección a persoas en situación de mobilidade humana con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres, en Dajabón, República Dominicana |
89.349,37 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A 2024-5 |
Asociación Comité Español de la UNRWA |
Fortalecemento do dereito á saúde da poboación refuxiada de Palestina máis vulnerable (especialmente mulleres e nenos/as) mediante o apoio a tres puntos de saúde en Cisxordania |
80.000,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A 2024-9 |
Fundación Entreculturas Fe y Alegría |
Asistencia e protección ás comunidades refuxiadas e de acollida no distrito fronteirizo de Adjumani (Uganda) |
80.711,65 |
71.711,65 |
71.711,65 |
|
PR811A 2024-14 |
ONG Rescate Internacional |
Acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable da zona C, como consecuencia do conflito |
106.609,81 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A 2024-8 |
Fundación Ayuda en Acción |
Refuxios fronte ao conflito: construción segura e capacitación comunitaria en Meluco (Mozambique) |
126.044,54 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A 2024-6 |
Médicos del Mundo |
Mellorar a asistencia multisectorial da poboación para cubrir as necesidades de saúde e protección das persoas en situación de vulnerabilidade en Nangade, Cabo Delgado, (Mozambique). |
203.968,58 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A 2024-10 |
Tierra de hombres España |
Fortalecemento da resiliencia e o acceso á educación dos nenos e mozos afectados pola guerra en Ucraína |
79.000,00 |
75.000,00 |
28.288,44 |
|
Total |
596.711,56 |
550.000,00 |
|||
