DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62720

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 27 de novembro de 2024 pola que se concede a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial, os distintivos de permanencia e as distincións honoríficas ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e ás persoas e unidades que colaboran con ela.

No Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo que se regula a concesión de condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas outorgados pola Xunta de Galicia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela, establécense os requisitos, o procedemento e os efectos da concesión das condecoracións, dos distintivos de permanencia e das distincións.

A Unidade da Policía Nacional adscribiuse á Comunidade Autónoma de Galicia por Orde do 19 de xuño de 1991, do Ministerio do Interior, e comezou a desempeñar as súas funcións no mes de outubro de 1991. Durante estes anos de servizo púxose de manifesto en numerosas actuacións policiais a entrega, a profesionalidade, o valor e o compromiso dos seus membros.

Para recoñecerlle ao persoal policial o servizo continuado nesta unidade, procede outorgarlle a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial ao persoal que teña acreditados 30 anos de servizo nela, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal. Do mesmo modo, cómpre conceder os distintivos de permanencia ao persoal da unidade que cumpre 25, 20 e 15 anos de servizo e entregarlle ao persoal da unidade que leve 2 anos de servizo efectivo nela un distintivo básico de pertenza.

Así mesmo, outórgaselle a distinción honorífica a aquelas unidades e persoas doutros corpos ou colectivos como recoñecemento á súa destacada colaboración co persoal desta unidade.

Por outra banda, de conformidade co establecido no punto 2 do artigo 8 do Decreto 122/2016, do 8 de setembro, por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de novembro de 2021, determináronse os efectos económicos da concesión da Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial.

Polo exposto, de conformidade coa proposta efectuada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e co establecido no artigo 10 do citado Decreto 122/2016, do 8 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Outorgarlle a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial ao persoal que se relaciona no anexo I, por teren acreditado 30 anos de servizo na unidade, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal, evidenciando unha traxectoria profesional prolongada no tempo e que contribúe á dignificación, ao prestixio e recoñecemento público da función policial. Este outorgamento determina o dereito á percepción da contía económica establecida no Acordo do Consello da Xunta do 25 de novembro de 2021.

2. Concederlle os distintivos de permanencia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia que figura nos seguintes anexos por teren cumpridos 25, 20 ou 15 anos de servizo, así como a entrega do distintivo básico de pertenza ao persoal da unidade que leve 2 anos de servizo efectivo nela:

Anexo II. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra azul, aos 25 anos de servizo na unidade.

Anexo III. Concesión dos distintivos de permanencia; coa barra amarela, aos 20 anos de servizo na unidade.

Anexo IV. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra branca, aos 15 anos de servizo na unidade.

Anexo V. Entrega dos distintivos básicos de permanencia aos 2 anos de servizo na unidade.

3. Outorgarlles a distinción honorífica ás persoas que se relacionan no anexo VI, como recoñecemento ao seu labor de especial colaboración coa unidade adscrita. Así mesmo, outórgaselle esta distinción en formato de placa á Unidad de Buceo de Ferrol (Ubufer).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Subinspector

Dacosta Conde

José Enrique

2

Oficial

Pereira Moure

Orestes

3

Policía

Varela Varela

Antonio

4

Policía

Fernández Rodríguez

Sandra

5

Policía

García Ares

Enrique

6

Policía

González Sánchez

José Antonio

7

Policía

Alonso Rodríguez

Mª Carmen

8

Policía

Alonso Rueda

Fernando

9

Policía

Dopazo Padín

José

10

Policía

Durán Castro

José Ángel

11

Policía

Gómez Álvarez

Mª Margarita

12

Policía

Porras Vázquez

José Manuel

13

Policía

Ramos Prada

Pilar

14

Policía

Martínez Alonso

Mª Belén

ANEXO II

Distintivo de permanencia 25 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Policía

Folgueira Puente

Jesús

2

Policía

Torre Gil

Marcos de la

3

Policía

Castro Pose

Miguel

4

Policía

Fernández Brión

Jesús

5

Policía

Guerrero Alonso

José Mª

6

Policía

Martínez López

Ana María

7

Policía

Pérez Barreiro

Juan Manuel

8

Policía

Raposo Celeiro

Pablo

9

Policía

Rodríguez Cuervo

Francisco Ramón

10

Policía

Villatoro Guerrero

Francisco de Asís

11

Policía

Crende Soilán

Antonio

12

Policía

Dávila Escudero

Santiago

13

Policía

Dell Fabeiro

Andrés

14

Policía

Fernández Martínez

Manuel

15

Policía

Fernández Rodríguez

Juan Diego

16

Policía

Gil Estévez

Juan Bautista

17

Policía

Iglesias Domínguez

Juan Jesús

18

Policía

Meijome Pájaro

José Mª

19

Policía

Míguez Fernández

Felipe

20

Policía

Rodríguez Blanco

Laura

21

Policía

Lindín Fernández

Juan Manuel

22

Policía

Sanmartín Almeida

Roberto

ANEXO III

Distintivo de permanencia 20 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector xefe

Carballo González

Vicente

ANEXO IV

Distintivo de permanencia de 15 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector

Torres Rodríguez

Antonio José

ANEXO V

Distintivo básico de permanencia

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector xefe

Maceiras Bastida

Alejandro

2

Inspector

Ramos González

César

ANEXO VI

Distinción honorífica

Persoas distinguidas.

Apelidos

Nome

Cargo

Martínez Marty

Fernando Javier

Comisario principal, xefe rexional de Operacións da Xefatura Superior de Policía de Galicia

Pedreira Lata

Fernando

Coronel, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña

Barrera Aldemira

María

Intendente, xefe da Policía local de Ourense

Sánchez del Río

Patricia

Fiscal enlace de Delitos de Odio e Discriminación

Macías Merayo

Aurora

Veterinaria Inspección Pesqueira da Xunta de Galicia

Otero Ferreiro

Ana Purificación

Subdirectora xeral de Coordinación de Servizos Transversais da Xunta de Galicia

Unidades distinguidas.

Unidad de Buceo de Ferrol (Ubufer)