Expediente: IN407A 2024/201-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: soterramento LMT PAD811 entre os apoios A203FI5U//36CU51-1 e A1UU6UHM//1-3 e instalación CS.
Concello: Pontecesures.
Feitos:
1. O 21.5.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Soterramento LMT PAD811 entre os apoios A203FI5U//36CU51-1 e A1UU6UHM//1-3 e instalación CS.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Maceira Sánchez, colexiado 31918 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, no cal figura un orzamento total de 75.189,94 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas no porto de Pontecesures, no concello de Pontecesures (Pontevedra):
– Instalación dun centro de seccionamento para manter o servizo do centro de transformación particular 36PD16.
– Retirada dos apoios A203FI5U//36CU51-1, A1XN845F//36CU51-2, A1WFBB79//36CU51-3 e A1UU6UHM//1-3, así como da liña de media tensión aérea (LMTA) que discorre polos mencionados apoios.
En substitución da LMTA retirada proxéctase a instalación dunha liña de media tensión subterránea en dobre circuíto para alimentar o centro de seccionamento proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontecesures, ADIF, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Augas de Galicia, Nedgia, o Servizo do Patrimonio Cultural, Portos de Galicia e o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por ADIF, Portos de Galicia, o Servizo do Patrimonio Cultural e o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 228 m de lonxitude, con orixe e final no punto de acceso á rede proxectado no apoio A203FI5U//36CU51-1 da LMT PAD811, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado nas instalacións de Nestlé, no porto de Pontecesures.
– Centro de seccionamento con celas compactas con corte en SF6, situado no recinto da fábrica de Nestlé, no porto de Pontecesures.
– A instalación está situada no porto de Pontecesures, concello de Pontecesures (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Soterramento LMT PAD811 entre os apoios A203FI5U//36CU51-1 e A1UU6UHM//1-3 e instalación CS (expediente IN407A 2024/201-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 31 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
