DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2024 Páx. 62843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/230-1).

Expediente: IN407A 2022/230-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: modificado M1 ao proxecto de LMTS peche Cabo de Cruz 2ª fase.

Concello: Boiro.

Feitos:

1. Con datas 18.10.2023 e 28.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Este proxecto é unha modificación do presentado orixinalmente denominado Proxecto de LMTS peche Cabo de Cruz 2ª fase e inclúe modificacións ocasionadas por condicionados do Concello de Boiro e de Demarcación de Costas do Estado.

Co obxecto de mellorar a calidade de subministración no lugar de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, proxéctase un reforzo dun tramo soterrado da liña de distribución de media tensión existente logrando o peche do núcleo urbano, a substitución do centro de transformación de intemperie existente CT Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1), instalando un novo centro de seccionamento.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, ademais da relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado modificado M1 ao proxecto de LMTS peche Cabo de Cruz 2ª fase, asinado o día 13.9.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 2.980 de Vigo, e o anexo 1, asinado polo mesmo enxeñeiro o 22.5.2024.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 12.6.2024.

– BOP: 27.5.2024.

– Xornal La Voz de Galicia: 20.6.2024.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 1.8.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Boiro, Demarcación de Costas do Estado, servizos de Patrimonio Cultural e de Urbanismo dos departamentos territoriais das consellerías de Cultura e Medio Ambiente, respectivamente. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 7.10.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar Cabo de Cruz, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (IN407A 2016/2129-1) (actuación 1) a 20 kV, de 1.389 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS Angados (15CIM4, expediente 15.230) existente e remate no CS proxectado, logo de facer E/S no CT proxectado. Retirada do condutor existente no tramo con inicio no CS Angados existente, remate no CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente, que se desmontará.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 961 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no CT da Torre (15CNA4) existente.

– LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 26 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate no apoio n.º 9OG1OCBR//61 existente da LMT BOI802.

– Desmantelamento de tramo LMTA a 20 kV, de 235 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio do CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente, que se desmontará, alimentado pola LMT BOI802 procedente da subestación Boiro, e remate no apoio nº 9OG1OCBR//61 existente. Retirada dos apoios 9OH7CS9R//61-4, 9OHACKFN//61-3 e 9OGKEEOB//61-1.

– Novo CT Fonte do Mouro compacto prefabricado telecontrolado de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CTI Fonte do Mouro (15AAI5, IN407A 2016/1355-1) existente, alimentado pola LMT BOI802.

– CS compacto prefabricado en configuración 3L (2TC).

4. Na visita de campo realizada o 13.6.2024 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 31 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Boiro.

Modificado M1 ao proxecto de LMTS peche Cabo Cruz 2ª fase.

Nº de parcela

Paraxe e ref. catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Fonte Mouro 0683502NH1108S0001PG

Urbana

Josefa Lojo Sánchez

Centro de transformación + acceso

25,01

2

Arrons

15011A006000370000XB

Rústico

María de los Ángeles Vidal López

Centro de seccionamento + beirarrúa perimetral

10,2

8,2

23,9

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.