DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63130

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 25 de novembro de 2024 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

No Diario Oficial de Galicia número 99, do 23 de maio de 2024, publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución de concesión das subvencións, tras a fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Así mesmo, o artigo 17 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal do benestar da Consellería de Política Social e Igualdade e, de forma complementaria, poderá efectuarse a notificación electrónica mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Así, con data do 25 de novembro de 2024, tras a instrución do procedemento, de conformidade coa Resolución do 1 de agosto de 2024 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 7 de maio de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia o 14 de agosto de 2024, ante a renuncia ás axudas concedidas acaecida no expediente BS212A/2024/29, vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores e fiscalizada esta, ao abeiro do disposto no artigo 16 da Orde do 7 de maio de 2024, a persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria dita a resolución de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025 (código de procedemento BS212A).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 25 de novembro de 2024, ditada no procedemento BS212A, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de novembro de 2024 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Resolución do 25 de novembro de 2024 das axudas para a posta en marcha de casas do maior, previstas na Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A)

Con data do 23 de maio de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia número 99 a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

O Diario Oficial de Galicia número 157, do 14 de agosto de 2024, publica a Resolución do 2 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2024 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 7 de maio de 2024, que inclúe lista de solicitudes en lista de agarda e lista de solicitudes desestimadas.

Tras a presentación da renuncia á axuda concedida no expediente BS212A/2024/29, existe crédito dispoñible.

Vista a proposta da Subdirección Xeral Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores de conformidade co disposto no artigo 15.5.b) da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia da seguinte entidade beneficiaria:

Expediente

Solicitante

NIF

Concello

Puntuación

Axuda

investimento

2024

Axuda

desenvolvemento

e desprazamento 2024

Axuda

desenvolvemento e desprazamento 2025

Total orde convocatoria de axudas

BS212A/2024/29

Ponte Olveira,

Sociedade

Cooperativa Galega

F55478275

Dumbría

45

15.000,00 €

12.666,64 €

36.900,00 €

64.566,64 €

Segundo. Acordar a concesión de axudas para a posta en marcha dunha casa do maior á persoa solicitante da lista de agarda que figura no anexo, con cargo ás aplicacións orzamentarias 38.05.312E.770.0 e 38.05.312E.470.0.

Estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Polo tanto, de recibir a persoa física outras axudas baixo o réxime de minimis, deberase garantir que non se supera o límite de 300.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 22 da Orde do 7 de maio de 2024.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 20 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da Orde do 7 de maio de 2024.

A entidade beneficiaria deberá achegar a documentación prevista nas letras k) a r) do artigo 10.1 de acordo co establecido no anexo, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 7 de maio de 2024.

Segundo. Esta resolución, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (artigo 16 e disposición adicional terceira da Orde do 7.5.2024; DOG núm. 99, do 23 de maio. Antonio Acevedo Prado. Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Axudas concedidas

Expediente

Solicitante

NIF

Concello

Puntuación

Serv. Despto.

Axuda

investimento 2024

Axuda

desenvolvemento

e desprazamento 2024

Axuda

desenvolvemento

e desprazamento 2025

Total orde

convocatoria de axudas

Condicionada á entrega da seguinte documentación e acreditación requisitos/obrigas

BS212A-2024/8

Dumbricos, Sociedade Cooperativa Galega

F55476295

Dumbría

40

Si

15.000,00 €

3.066,67 €

36.900,00 €

54.966,67 €

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado, como a escritura de propiedade, o contrato de arrendamento ou o documento de cesión.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda. No suposto de inmobles non destinados a vivenda, o informe anterior substituirase pola documentación técnica elaborada por un profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación. No caso de ter que realizar obras de adaptación ou reforma, o informe terá que acreditar as condicións referidas con posterioridade á súa realización.
Fotografías das adaptacións realizadas no inmoble para o desenvolvemento do proxecto de casa do maior.

Certificado de manipulador de alimentos.

Datos de identificación da persoa que se encargará de substituír a persoa promotora autónoma ou a persoa profesional socia da cooperativa de traballo asociado, de ser o caso, que desenvolverán a casa do maior, nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como copia da documentación recollida no artigo 4.1.a).

Alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública, de ser o caso.

Plan de actuación en caso de emerxencia.

Xustificante de contratar unha póliza de seguro por un importe mínimo de 15.000 euros, que garanta a cobertura das continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes.

Alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos.