DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63543

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Tradución Multimedia.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 16 de decembro de 2010 pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 22 de novembro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tradución Multimedia pola Universidade de Vigo.

Vigo, 25 de novembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tradución Multimedia

Código RUCT: 4312437.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

12

Optativas

36

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Tecnoloxías e Recursos para a Tradución Multimedia

6

OB

Fundamentos da tradución multimedia

Fundamentos de Dobraxe e Subtitulado

6

OP

Voces Superpostas e Tradución de Documentais

6

OP

Localización de Páxinas Web

6

OP

Localización

Localización de Programas Informáticos

6

OP

Localización de Videoxogos

6

OP

Subtitulado para Persoas Xordas e Lectura Fácil

6

OP

Accesibilidade

Audiodescrición

6

OP

Producións Accesibles

6

OP

Proxectos de Tradución Multimedia

6

OB

Práctico

Prácticas en empresas

6

OB

Traballo de fin de máster

6

OB

Para a obtención do título de máster universitario en Tradución Multimedia pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.