DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 28/73 e quince máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 30.10.2024 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Vilar de Lor (expediente 28/73), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Lor, concello de Quiroga.

O 21.3.2023 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Vilar de Lor para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, a solicitude foi mellorada o 19.6.2024. Procedemento con número de expediente 2024_29.

O 20.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa nova cartografía, a superficie do monte de Vilar de Lor pasa a ser de 1.672,39 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Robledo (expediente 49/77), pertencente aos veciños de Robledo, parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.

O 8.7.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Robledo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Así mesmo, o 12.6.2024 tivo entrada unha mellora da dita solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_33.

O 13.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa nova cartografía, a superficie do monte de Robledo pasa a ser de 626,34 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Pico de Neda (expediente 114/77), pertencente aos veciños da parroquia de Cabaneiro, concello de Abadín.

O 8.7.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Cabaneiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_34.

O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa nova cartografía, a superficie do monte Pico de Neda pasa a ser de 4,6287 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Santa Cristina e Xaneiras (expediente 62/78), pertencente aos veciños da parroquia de Arxemil, concello de Sarria.

O 4.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Arxemil para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 19.6.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_44.

O 16.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Santa Cristina e Xaneiras pasa a ser de 87,51 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Peiluz (expediente 76/76), pertencente aos veciños do lugar de Peiluz, na parroquia de Berbetouros, concello de Palas de Rei.

O 9.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Peiluz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_45.

O 16.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Peiluz pasa a ser de 50,16 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Berbetouros (expediente 78/76), pertencente aos veciños do norte da parroquia de Berbetouros, concello de Palas de Rei.

O 12.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Berbetouros para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude resulta complementada coa documentación achegada o 28.11.2022. Procedemento con número de expediente 2022_46.

O 18.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Berbetouros pasa a ser de 115,66 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Airoá e Folgoso (expediente 24/82), pertencente aos veciños dos lugares de Airoá e Folgoso, na parroquia de Cereixedo, concello de Cervantes.

O 19.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Airoá e Folgoso para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_49.

O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Airoá e Folgoso pasa a ser de 227,26 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Sampaio (expediente 152/80), pertencente aos veciños da parroquia de Següín, concello de Pantón.

O 24.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Següín para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_56.

O 19.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Sampaio pasa a ser de 135,50 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Ferreiros (expediente 1/75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreiros, agás Veneira de Roques, concello da Pobra do Brollón.

O 25.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Ferreiros para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_57.

O 17.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Ferreiros pasa a ser de 410,89 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC de Arriba e Gándaras de Ceide (expediente 49/80), pertencente aos veciños da parroquia de Outeiro, concello de Lugo.

O 26.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Outeiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 3.5.2024 e 31.5.2024 presentaron emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_58.

O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Arriba e Gándaras de Ceide pasa a ser de 186,67 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Paleira (expediente 23/81), pertencente aos veciños da parroquia da Valboa, concello de Trabada.

O 30.8.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade da Valboa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude resulta complementada coa documentación achegada o 18.7.2024. Procedemento con número de expediente 2022_61.

O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Paleira pasa a ser de 80,85 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Marroxo, Serra da Lende e Cotarelo (expediente 70/76), pertencente aos veciños da parroquia de Gullade, concello de Monforte de Lemos.

O 8.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Gullade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 2.7.2024 tivo entrada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_68.

O 12.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Marroxo, Serra da Lende e Cotarelo pasa a ser de 76,37 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Saa (expediente 9/75), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, concello da Pobra do Brollón.

O 12.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Saa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 2.7.2024 tivo entrada unha mellora da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_71.

O 16.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Saa pasa a ser de 1.280,29 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Vilar de Mouros (expediente 14/81), pertencente aos veciños de Vilar de Mouros, na parroquia de San Pedro, concello de Cervantes.

O 14.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Vilar de Mouros para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_74.

O 29.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Vilar de Mouros pasa a ser de 234,58 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Cabaleiro (expediente 82/78), pertencente aos veciños da parroquia de Silán, concello de Muras.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Silán para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal. Procedemento con número de expediente 2022_98.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Cabaleiro pasa a ser de 162,05 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

– MVMC Santa María (expediente 77/78), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Mariña do Incio, concello do Incio.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Santa Mariña do Incio para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 12.7.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_100.

O 16.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe en que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Santa María pasa a ser de 223,55 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

Contra estes acordos poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 20 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo