DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 64994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2015/331/15.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselle á persoa interesada e que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, en Gregorio Hernández 2-1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para o coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

A Coruña, 20 de novembro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expte.

Persoa interesada

Data do acto administrativo

Efectos da resolución

2015/331/15

50547552S

16.8.2024

Mantemento da medida administrativa