DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 64995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/105-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial José A. Fernández González, colexiado núm. 1968 do COETIVigo, e visado polo citado colexio profesional o día 12.8.2024 co número 224-1199.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Enderezo: polígono Chan da Ponte, 19, 36450 Salvaterra do Miño, Pontevedra.

Denominación: LMT saída CPM reza circuíto nº 2 LMT Balneario-Urbanización.

Situación: parroquia de San Salvador da Arnoia, concello da Arnoia.

Orzamento: 31.130,00 €.

Características técnicas:

– LMT aérea e soterrada, a 20 kV, coa orixe no CPM Reza e final no apoio núm. 4 da LMT Xeral Arnoia, onde deriva a LMT existente ao Balneario.

– Tramo 1 (en soterrado): LMTS, a 20 kV, de 200 m de lonxitude, en condutor RHZ-1 18/30 kV 3×(1×240) Al, coa orixe na cela de saída CPM Reza e final no apoio proxectado, de celosía metálica, do tipo C-22/4500, que substitúe o actual apoio núm. 3 da LMTA Xeral Arnoia.

– Tramo 2 (en aéreo): LMTA, a 20 kV, de 165 m, en condutor LA-56, coa orixe no citado apoio proxectado e final no apoio existente núm. 4 da LMTA Xeral Arnoia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de novembro de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria