DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2024 Páx. 65312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo (expediente 109/75 e vinte e cinco máis).

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 30.10.2024 figuran os seguintes acordos:

• MVMC Pacios da Serra (exp. 109/75), pertencente aos veciños do lugar Pacios da Serra, na parroquia de Pacios da Serra, concello de Quiroga.

O 24.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pacios da Serra para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_121.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pacios da Serra pasa a ser de 882,78 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Freixeiro (exp. 93/77), pertencente aos veciños do lugar de Freixeiro, na parroquia de Cabanela, concello de Navia de Suarna.

O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Freixeiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 16.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Así mesmo, o 30.7.2024 achegaron documentación complementaria ao expediente. Procedemento con número de expediente 2022_133.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Freixeiro pasa a ser de 90,50 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Biduedo (exp. 79/79), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, na parroquia de Lamas, concello de Triacastela.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Biduedo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_97.

O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. O esbozo proposto revisa o perímetro dos terreos clasificados en 1980 e incorpora a parcela catastral 386 do polígono 44, que figura no Catastro a favor da comunidade de Biduedo.

Cabe indicar que a citada parcela foi obxecto de clasificación como MVMC pola Resolución do 29.3.2017, ditada no procedemento de ampliación de monte veciñal, que resultou anulada pola sentenza do 1.4.2018, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo.

A presidenta do xurado manifesta a súa abstención de intervir neste procedemento por darse a causa recollida no artigo 23.e) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por maioría, acorda aprobar a revisión do esbozo dos terreos clasificados en 1980 e non aceptar a incorporación da parcela 386 do polígono 44, obxecto da citada sentenza pola que se anulou a súa clasificación como monte veciñal en man común.

O Servizo de Montes elaborará a correspondente memoria e cartografía resultante do MVMC Biduedo en coherencia con acordo alcanzado, para a súa incorporación ao expediente.

• MVMC Ramelle (exp. 75/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ramelle, concello de Friol.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Ramelle para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_205.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Ramelle pasa a ser de 38,85 hectáreas.

Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Carballo, correspondente ao expediente 2022_289.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Sudros e Miranda (exp. 19/73), pertencente aos veciños do lugar Eiriz, na parroquia de Folgoso, concello de Folgoso do Courel.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Eiriz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 28.11.2022 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_181.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Sudros e Miranda pasa a ser de 575,15 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Escrita e Monteiros (exp. nº 2022_221).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Eiras e Reboredo (exp. 54/76), pertencente á comunidades de veciños dos lugares de Campo do Val, Fisteus, A Goia, Vilaboa e Vilameá, na parroquia de Fisteus, concello de Quiroga.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da citada comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_308.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Eiras e Reboredo pasa a ser de 465,35 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. nº 2022_177).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Maior e Alto de Pousadoiro (exp. 17/77), pertencente aos veciños da parroquia de San Xulián de Bardaos, concello do Incio.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bardaos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_280.

O 23.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Maior e Alto de Pousadoiro pasa a ser de 70,85 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Maior e Adrado (nº 2022_290).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Montouto (exp. 14/76), pertencente aos veciños do lugar Vilarmel, na parroquia de Vilarmel, concello de Quiroga.

O 22.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilarmel para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_105.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Montouto pasa a ser de 1.518,78 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Paradapiñol e Rugando (nº 2022_176).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Maior e Adrado (exp. 18/77), pertencente aos veciños da parroquia de Castelo, concello do Incio.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Castelo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_278.

O 23.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Maior e Adrado pasa a ser de 25,04 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Maior e Alto de Pousadoiro (nº 2022_290).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín (exp. 72/77), pertencente aos veciños do lugar de Vilachá, na parroquia de Pedrafita de Camporredondo, concello de Baralla.

O 26.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilachá para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_59.

O 1.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín pasa a ser de 366,02 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Quintá e Queirogal (nº 2022_283).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Muñís (exp. 83/77), pertencente aos veciños do lugar de Muñís, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Muñís para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_116.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Muñís pasa a ser de 209,98 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento previo cos montes de Tabillón e Larxentes (nº 2022_268).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Farelo (exp. 25/81) pertencente á comunidades de veciños de San Estevo do Castro, San Fiz e San Martiño de Amarante, concello de Antas de Ulla.

O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da antedita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2023_53.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Farelo pasa a ser de 494,74 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento previo co monte Farelo e Costa da Pena, da provincia de Pontevedra (nº 2023_48).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Chao da Lebre, Roza do Lombo, Lagares, de Abaixo de Rebordelo, Capela, Carreiras, Ribeira, Cadaval, Brañamoura, Trasdacosta e Braña (exp. 131/79), pertencente aos veciños da parroquia de Codesido, concello de Vilalba.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Codesido para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. O expediente foi mellorado coa documentación adicional presentada o 18.7.2024. Así mesmo, tras serlles requirido, o 6.8.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_103.

O 11.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Chao da Lebre, Roza do Lombo, Lagares, de Abaixo de Rebordelo, Capela, Carreiras, Ribeira, Cadaval, Brañamoura, Trasdacosta e Braña pasa a ser de 180,87 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Biscobio (exp. 24/73) pertencente aos veciños dos lugares de Centeáis e Ferreira, na parroquia de Montefurado, concello de Quiroga.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Centeáis e Ferreira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 18.4.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_120.

O 7.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Biscobio pasa a ser de 521,87 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Val do Campelo (exp. 114/75) pertencente aos veciños da parroquia de Bendollo, concello de Quiroga.

O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da dita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_202.

O 21.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Val do Campelo pasa a ser de 555,47 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento previo co MVMC Paradapiñol e Rugando (nº 2022_172).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Seroa e Albares (exp. 19/82), pertencente aos veciños do lugar de Pradela, na parroquia do Pando, concello de Cervantes.

O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pradela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 14.6.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_128.

O 15.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Seroa e Albares pasa a ser de 103,30 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Pasantes (exp. 76/79), pertencente aos veciños do lugar de Pasantes, na parroquia e concello de Triacastela.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pasantes para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_95.

O 4.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pasantes pasa a ser de 340,96 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento previo co MVMC Pena do Marco (exp. nº 2022_178).

A presidenta do xurado manifesta a súa abstención de intervir neste procedemento por darse a causa recollida no artigo 23.e) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por maioría, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Louzarela (exp. 57/75), pertencente aos veciños do lugar de Louzarela, na parroquia de Louzarela, concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 19.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Louzarela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_82.

O 5.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Louzarela pasa a ser de 359,42 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos MVMC de Fonfría (nº 2022_182) e Queixadoiro (nº 2022_188).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Bustelo de Fisteus (exp. 123/75), pertencente aos veciños do lugar de Bustelo de Fisteus, na parroquia de Bustelo de Fisteus, concello de Quiroga.

O 22.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bustelo de Fisteus para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_106.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Bustelo de Fisteus pasa a ser de 413,10 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos montes Paradapiñol e Rugando (nº 2022_175) e Casa do Vello (nº 2022_248).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Trabadelo (exp. 88/77), pertencente aos veciños do lugar de Trabadelo, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 20.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Trabadelo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_88.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Trabadelo pasa a ser de 69,65 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos MVMC Tabillón (nº 2022_271) e Cernada (nº 2022_273).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Larxentes (exp. 85/77), pertencente aos veciños do lugar de Larxentes, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Larxentes para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_296.

O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Larxentes pasa a ser de 218,06 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos MVMC Muñís (nº 2022_268) e Tabillón (nº 2022_281).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Tabillón (exp. 86/77), pertencente aos veciños do lugar de Tabillón, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.

O 20.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Tabillón para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_87.

O 29.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Tabillón pasa a ser de 105,21 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos MVMC Muñís (nº 2022_268), Larxentes (nº 2022_281) e Cernada e Trabadelo (nº 2022_271).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Paradapiñol e Rugando (exp. 15/76), pertencente aos veciños dos lugares de Paradapiñol e Rugando, na parroquia de Vilarmel, concello de Quiroga.

O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Paradapiñol e Rugando para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 11.6.2024 presentaron a emenda da solicitude. Así mesmo, intégrase no expediente un informe do concello de Quiroga no que figura unha relación de parcelas, afectadas pola revisión, das que manifesta non ser o titular. Procedemento con número de expediente 2022_114.

O 25.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Paradapiñol e Rugando pasa a ser de 1.163,02 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos previos cos MVMC Val do Campelo (nº 2022_172), Coto de Cereixido (nº 2022_174) e Eiras e Reboredo (nº 2022_177).

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Sur Arroio Raposeiras (exp. 74/76), pertencente á comunidade de veciños do Sur da parroquia de Augas Santas, no concello de Palas de Rei.

O 4.8.2022 tivo entrada unha solicitude da dita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 22.5.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_43.

Durante a tramitación do procedemento, foron presentadas alegacións por Rocío López López, nas que expón, en síntese, que a parcela 27040A09900036 é da súa propiedade, para o que achega, entre outros documentos, unha nota simple do Rexistro da Propiedade de Chantada.

Sobre o alegado, o 11.9.2024, a CMVMC Sur Augas Santas manifesta que a dita parcela xa estaba clasificada como monte veciñal en man común desde o 22.12.1976 e dentro do esbozo do monte, que ademais está catastrada actualmente a favor da comunidade e que xa o estaba tamén no catastro antigo de rústica (achegan unha cédula parcelaria deste na que constaba como titular «Ayuntamiento-Parroquia de Augasantas») e que os límites descritos no rexistro da propiedade non son coherentes cos da parcela actual, e non existe unha identificación clara do terreo ao que se refire.

Así mesmo, achegan unha nota simple do Rexistro da Propiedade de Chantada da inscrición do MVMC Sur Arroio Raposeiras.

O 22.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se recolle que a parcela catastral 27040A09900036, descrita na nota rexistral achegada por Rocío López López, defire dos límites dispostos na certificación catastral, concretamente na parte leste. Así mesmo, a maior parte da parcela foi clasificada pola Resolución do xurado do ano 1976 e a CMVMC consta como titular catastral con trato sucesivo acreditado desde o ano 1956 (do catastro histórico).

O informe inclúe a cartografía do esbozo revisado de acordo coa proposta presentada pola comunidade, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria 13ª da Lei 7/2012, de montes de Galicia, en canto ás cuestións relativas á propiedades, suscitadas durante o procedemento.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Sur Arroio Raposeiras pasa a ser de 697,082 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Pena do Lobo e Cotón (exp. 126/79), pertencente aos veciños da parroquia de Soaxe, concello de Vilalba.

O 18.8.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Soaxe para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_48.

O 1.2.2023 foron presentadas alegacións de José Díaz González, nas que expón ser propietario dos seguintes predios, identificados no informe técnico que achega:

– A Chaira. Referencia catastral 27065A14400189. Achega a escritura pública de doazón de 1986 e unha nota simple informativa de inscrición no rexistro da propiedade (identifica o predio A Chaira sen referencia catastral).

– Albariza. Referencia catastral 27065A14400312. Achega a escritura pública de doazón do ano 1986 e unha nota simple informativa de inscrición no Rexistro da Propiedade de Vilalba (identifica o predio Albariza sen referencia catastral).

– Rego do Pico. Referencia catastral 27065A14400316. Achega un documento privado de compravenda do ano 1979.

O 27.2.2023 foron presentadas alegacións de Javier Pena Pereira, nas que expón ser propietario da parcela catastral 27065A14400192 e doutros predios integrados nas parcelas catastrais 27065A14400183, 27065A14400189 e 27065A14400316. Da primeira, achega un documento privado de compravenda do ano 2012; en canto ao resto, ampara a propiedade nun testamento do ano 2019.

O 9.9.2024, a comunidade de Soaxe, tras analizar as alegacións, solicita que se manteñan dentro a proposta de revisión de esbozo as ditas parcelas, manifestando, en síntese, o seguinte:

– Que todos os predios aos que se refire nas súas alegacións José Díaz González son porcións de terreo dunha parcela catastral de maior cabida (incorporan cadro coa superficie dos terreos reclamados e a superficie total das parcelas nas que están incorporados).

– Ademais, indican que as ditas parcelas teñen como titular catastral a comunidade de Soaxe, tanto na actualidade como no catastro histórico; e ademais e de xeito concreto: que a parcela Albariza está integrada no esbozo do monte correspondente á clasificación de 1980, polo que non está afectada pola revisión de esbozo; que no relativo á parcela A Chaira, non é posible a súa localización exacta e pode referirse a unha parcela fóra do esbozo; e que a documentación achegado respecto do predio Rego do Pico é unicamente un documento privado.

– Que todos os predios aos que se refire nas súas alegacións Javier Pena Pereira, salvo un, son porcións de terreo dunha parcela catastral de maior cabida. E que todas as parcelas nas que se atopan os ditos terreos teñen actualmente como titular catastral a comunidade de Soaxe; e catro delas xa figuraban no catastro histórico de rústica como titularidade común.

– Tamén refiren que a documental achegada é totalmente insuficiente para acreditar a propiedade, consistindo no caso dunha delas, unicamente nun documento privado de compravenda, e no resto nun testamento aberto no que o pai do reclamante lle lega a este os predios.

O 2.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado.

– Respecto dos predios reclamados polos interesados indícase que se manteñen dentro do esbozo, de acordo coa titularidade catastral das parcelas –a favor da comunidade tanto no Catastro actual como no Catastro Histórico– por ser insuficiente a acreditación da propiedade particular.

– E así mesmo, concreta que o predio denominado Albariza (27065A14400312) non foi obxecto de alteración coa revisión do esbozo; e que no caso do predio A Chaira (27065A14400189) e a parcela 316 só se procedeu ao axuste gráfico perimetral conforme a definición catastral.

– Por outra banda, e fóra das anteriores alegacións ou reclamacións, puntualiza que a parcela con referencia catastral 27065A14600804 queda integrada no esbozo, por non proceder a súa exclusión ao non estar demostrado que non pertence ao monte.

De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pena do Lobo e Cotón pasa a ser de 163,23 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

• MVMC Serra de Augalevada (exp. 30/73), pertencente á comunidade de veciños de Castí, Freixeiro, San Pedro e Santa Andrea, na parroquia de Quintá de Lor, concello de Quiroga.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da antedita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_272.

O 17.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Serra de Augalevada pasa a ser de 483,03 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 25 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo