DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se fai publica a adxudicación e o outorgamento de licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada conforme o artigo 116 e seguintes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 7 de decembro, fíxose pública a convocatoria dunha única licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Vista a proposta de adxudicación formulada o 17.10.2024, pola Mesa de Contratación designada, e en virtude das facultades conferidas polo artigo 12.3.g) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, o presidente desta entidade pública empresarial, o 22.11.2024, resolveu adxudicar e acordar o outorgamento dunha única licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada, a Finisterre Pilots and Services, S.L.P., NIF B44551984, por ser a única oferta presentada e admitida, e cumprir esta con todos os requisitos exixidos nos pregos que rexen o presente procedemento «concurso para licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada», baixo o réxime da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, no que resulte de aplicación do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, con suxeición ao vixente prego de prescricións particulares dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada aprobado polo Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia, en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2023, de conformidade coas previsións contidas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, así como con suxeición á oferta vinculante presentada por Finisterre Pilots and Services, S.L.P. e ás bases da convocatoria pública, acto preparatorio do outorgamento desta licenza.

Tarifas da licenza:

Tarifas oferta Finisterre Pilots and Services, S.L.P.

Tonelaxe

Practicaxe

Amarre

Movementos

Recargas

De 0 a 1.500

397,54 €

248,81 €

252,98 €

Sábados nocturnos

40 %

De 1.500 a 2.500

478,16 €

280,78 €

319,70 €

De 2.500 a 3.500

544,88 €

328,04 €

355,84 €

De 3.500 a 5.000

611,60 €

364,18 €

400,32 €

Domingos festivos

50 %

Máis de 1.000

76,45 €

41,70 €

62,55 €

Compensación máxima do servizo: conforme o anexo V-Compensación máxima do servizo da Resolución do 26 de outubro de 2023 pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada; a compensación máxima para equilibrar o servizo recollido no presente prego será de 140.000 €/ano durante os primeiros 5 anos. A compensación calcularase coa referencia do estimado do contrato (170.200 €/ano), co obxecto de garantir como ingresos mínimos os custos estimados.

Prazo da licenza: prazo de 5 anos que non excederá en ningún caso os 11, 25 anos indicados na lei, por estar limitada a concorrencia a un único prestador ou corporación.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia