Mediante a Resolución do 26 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 229, do 1 de decembro, fíxose pública a convocatoria dunha única licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.
Vista a proposta de adxudicación formulada o 16 de outubro de 2024 pola Mesa de Contratación designada, e en virtude das facultades conferidas polo artigo 12.3.g) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, o presidente desta entidade pública empresarial, con data do 22 de novembro de 2024, resolveu adxudicar e acordar o outorgamento dunha única licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro a Piloto Norte, S.L.P., con NIF B27513126, por ser a única oferta presentada e admitida, e cumprir esta con todos os requisitos exixidos nos pregos que rexen este procedemento «concurso para licenza de prestación dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro», baixo o réxime da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, no que resulte de aplicación do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, con suxeición ao vixente prego de prescricións particulares dos servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro, aprobado polo Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2023, de conformidade coas previsións contidas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, así como con suxeición á oferta vinculante presentada por Piloto Norte, S.L.P. e as bases da convocatoria pública, acto preparatorio do outorgamento desta licenza.
Tarifas da licenza:
|
Tarifas oferta Piloto Norte, S.L.P. |
|||
|
Tarifas (GT) |
Practicaxe |
Movemento |
Amarre |
|
De 0 a 3.000 |
417,30 € |
399,65 € |
351,50 € |
|
De 3.001 a 4.500 |
512,00 € |
463,85 € |
426,93 € |
|
De 4.501 a 6.000 |
561,75 € |
542,49 € |
492,74 € |
|
De 6.001 a 7.000 |
633,98 € |
614,72 € |
532,86 € |
|
De 7.001 a 8.000 |
714,23 € |
694,97 € |
581,01 € |
|
De 8.001 a 9.000 |
802,50 € |
783,24 € |
637,19 € |
|
De 9.001 a 10.000 |
898,80 € |
855,47 € |
701,39 € |
|
Máis de 1.000 |
96,30 € |
96,30 € |
64,20 € |
Compensación máxima do servizo: conforme o ANEXO V. Compensación máxima do servizo da Resolución do 26 de outubro de 2023 pola que se publican o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques dos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro; a compensación máxima para equilibrar o servizo recollido neste prego será de 151.870,00 €/ano. A compensación calcularase coa referencia do estimado do contrato (303.740,00 €/ano) co obxecto de garantir como ingresos mínimos os custos estimados.
Prazo da licenza: prazo de dez (10) anos que non excederá en ningún caso os 11,25 anos indicados na lei, por estar limitada a concorrencia a un único prestador ou corporación.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
