DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65370

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG núm. 184, do 24 do setembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso. Así mesmo, mediante a Resolución do 7 de outubro de 2024 fíxose pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 200, do 16 de outubro).

Por mor da estimación de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG núm. 184, do 24 de setembro), con relación ás puntuacións das aspirantes afectadas, que pasan a ter as seguintes puntuacións:

NIF

Apelidos e nome

Experiencia profesional II.2.2.1

Experiencia profesional II.2.2.2

Total experiencia profesional

Formación
II.2.2.3

Total

***2989**

Castro Novais, Patricia

26,80

0,00

26,80

2,65

29,45

***5848**

Montes Roces, María Orlindes

11,40

0,00

11,40

1,80

13,20

Segundo. Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo destas persoas, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 7 de outubro de 2024 (DOG núm. 200, do 16 de outubro), en relación coa súa orde de prelación, pasando a ocupar as posicións número 2 (Montes Roces, María Orlindes) e 4 (Castro Novais, Patricia), e renumerar a relación de persoas aprobadas, tal e como se publica no cadro anexo.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal

ANEXO

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Exame 1

Exame 2

Exame 3

Concurso

Total

1

***2952**

Cerreda Álvarez, Martín

Libre

20,00

15,15

Exento

37,20

72,35

2

***5848**

Montes Roces, María Orlindes

Libre

22,18

26,25

Exenta

13,20

61,63

3

***8116**

González García, Lorena

Libre

20,48

23,25

Exenta

16,60

60,33

4

***9892**

Castro Novais, Patricia

Libre

15,38

15,33

Exenta

29,45

60,16

5

***7658**

Díaz Rivera, Ana

Libre

17,77

24,73

Exenta

8,40

50,90