O 14 de xuño de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B), e o 8 de novembro de 2024 publicouse a Resolución do 5 de novembro de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 5 de xuño de 2024.
Unha vez ampliado o prazo de presentación de solicitudes ata o 9 de decembro de 2024, e logo de estudar as solicitudes presentadas ata o momento, comprobouse que o crédito inicial para a anualidade 2025 resulta insuficiente para atender as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos establecidos na Resolución do 5 de xuño de 2024, e que o importe solicitado para a anualidade 2024 é inferior ao crédito dispoñible para esta anualidade, polo que procede realizar un reaxuste minorando a anualidade 2024 e incrementando o mesmo importe na anualidade 2025.
De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír o crédito dispoñible establecido no artigo 2 das bases reguladoras da Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B), que terá a seguinte distribución plurianual:
|
Partida orzamentaria |
2024 |
2025 |
|
04.A2.761A.770.3 |
904.065,92 € |
9.244.746,70 € |
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 da LPACAP.
Terceiro. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
