De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encarga:
– Resolución do 30 de setembro de 2024, da Xerencia da Axencia Galega de Emerxencias, pola que se lle encarga á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo técnico cualificado para o apoio na análise, planificación e xestión dos medios e servizos das emerxencias que son competencia da Axencia Galega de Emerxencias
– Actividade: servizo técnico cualificado para o apoio na análise, planificación e xestión dos medios e servizos das emerxencias que son competencia da Axencia Galega de Emerxencias.
– Natureza e alcance da encarga:
Trátase dunha encarga a un medio propio, de acordo cos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público; 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; e 8, 13 e 18 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) é unha sociedade mercantil pública autonómica das previstas no artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, que, de acordo co artigo 1.4 dos seus estatutos, ten «a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico».
– Financiamento: o orzamento de execución ascende a douscentos vinte e dous mil setecentos sesenta e tres euros con setenta e sete céntimos (222.763,77 €), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 05.A1.212A.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024, na cal existe crédito adecuado e suficiente.
– Prazo de vixencia: comezará o día da sinatura da encarga (3 de outubro de 2024) e estenderase ata o 30 de decembro de 2026, e poderá prorrogarse nos termos que se determinen antes da finalización da encarga.
A Estrada, 5 de decembro de 2024
O presidente da Axencia Galega de Emerxencias
P.D. (Decreto 49/2024, do 22 de abril, e Orde do 12.6.2024)
Marcos Araújo Pereira
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias
