Na sesión que tivo lugar o día 4 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro),
RESOLVE:
Primeiro. Mediante a Resolución de 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 216, do 8 de novembro), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento das persoas que figuraban nela como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia.
Con data do 29 de novembro, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa a persoa aspirante proposta como número 16, Juan Pita Blanco (***0035**), non presentou a documentación exixida e, polo tanto, perdeu o seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.
De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo establecida pola Resolución de 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 216, do 8 de novembro), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación cunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes aprobadas, e renumerar a orde a partir do posto número 16.
Segundo. Atendendo ás razóns de urxencia que concorren nos procesos de estabilización da Lei 20/21 e tendo en conta que a convocatoria deste proceso selectivo é anterior á dita lei, cómpre adoptar as medidas necesarias para axilizar os trámites que permitan realizar previamente a elección de destino das persoas que superaron este proceso, polo que, conforme o disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase aplicar o procedemento de tramitación de urxencia, polo cal se reduce á metade o prazo de vinte (20) días hábiles establecido na base IV.2 da convocatoria; por tanto, este será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal
ANEXO
|
Núm. orde |
NIF |
Apelidos e nome |
Acceso |
1º ex. |
2º ex. |
3º ex. |
Total |
|
17 |
***4490** |
Ferrón Lea, Diego |
Libre |
45,62 |
Exento |
0,00 |
45,62 |
