DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65404

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional do persoal funcionario da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha baremación provisional complementaria da fase de concurso da escala de persoal de mantemento.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo).

A base III.2 da Resolución do 22 de decembro de 2022 dispón que os méritos enumerados na súa base III.1 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 26 de decembro de 2022. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se estableza por resolución do titular da consellería competente en materia de función pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 5 de abril de 2024, publicouse a Resolución do 26 de marzo de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia. O prazo para a acreditación dos méritos estableceuse en quince días e finalizou o 26 de abril de 2024.

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematado o prazo de acreditación de méritos, o tribunal procederá á baremación do concurso coa colaboración técnica que precise do persoal da dirección xeral competente en materia de función pública, así como que, unha vez que finalizada a fase de baremación, o tribunal publicará o baremo provisional con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base.

Mediante a Resolución do 11 de decembro, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, estímanse cambios en inscricións en procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021.

De conformidade co exposto, na sesión do 12 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno, na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e na escala de persoal de mantemento,

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Resolución do 3 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e na escala de mantemento, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso (DOG núm. 192, do 4 de outubro), no sentido de incluír no baremo provisional da escala de persoal de mantemento as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

***5238**

Fernández Maquieira, Manuel

***6793**

García Calviño, Carlos

***2780**

Gómez Rivera, Víctor Casiano

***2247**

Naveira Fuentes, José Luis

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De conformidade co disposto na base III.3 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas baremadas poderán formular reclamacións contra as puntuacións provisionais ante o tribunal, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe «Inscrición nos procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución, no cal desexe formular a reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «Presentación de alegacións do baremo».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 26 de marzo de 2024 (DOG núm. 67, do 5 de abril), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura recollida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Para os efectos informativos, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta publícase un modelo de certificación dos servizos prestados que se axusta ao recollido na alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal