DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados o traslado das follas de valoración confeccionadas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea (expediente IN661A 2011 02/3-AT).

Logo da presentación por parte da beneficiaria das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados polo parque eólico Serra do Faro (fase I), expediente IN661A 2011 02/3-AT, trasládanselles estas follas de valoración aos interesados segundo o artigo 30 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), no Departamento de Enerxías Renovables da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sito na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de novembro de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio descoñecido
ou non notificados polo parque eólico Serra do Faro (fase I)
(expediente IN661A 2011 02/3-AT) no concello de Piñor (Ourense)

Nº de predio segundo proxecto

Titularidade proposta

Datos catastrais

Data da
autorización de ocupación

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

98

Descoñecido

32062A04900149

Rebordelas

Matogueira

6.9.2024

136

Juan Rodríguez López

32062A04900197

Coto Feo

Matogueira

6.9.2024