DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 19 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de liña aérea de alta tensión (LAAT) 220 kV SET Bustelo e Baralláns-SET Meirama nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral (expediente IN408A 2021/047).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (en adiante, EDP RE).

CIF: B-91115196.

Domicilio social: praza do Fresno, nº 2, 33007 Oviedo (Asturias).

Domicilio para os efectos de notificacións: parque empresarial Costa Vella, rúa Amio, nº 114, Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: liña aérea de alta tensión 220 kV SET Bustelo e Baralláns- SET Meirama (nº de expediente IN408A 2021/047).

Concellos afectados: Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral (A Coruña).

Orzamento de execución material: 4.988.745,49 €.

Prazo de execución: trece (13) meses.

Obxecto da actuación: co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada no parque eólico Bustelo e Baralláns (de 36 MW, nº de expediente IN408A/2020/061) e no parque eólico Alto Torreiro (de 15,825 MW, nº de expediente IN408A/2020/115), ambos autorizados, promovidos por EDP RE e localizados nos termos municipais de Cabana de Bergantiños e Coristanco, proxéctase unha infraestrutura de uso compartido composta por unha liña de alta tensión a 220 kV que vai desde a SET Bustelo e Baralláns ata a SET Meirama. A dita liña é o obxecto do presente proxecto.

O punto de conexión á rede de transporte levarase a cabo no actual nó Meirama 220 kV.

Características técnicas da instalación:

– A liña aérea de alta tensión 220 kV consistirá en:

• Un circuíto con dous (2) condutores por fase (dúplex).

• Formado por condutores tipo aluminio-aceiro LA-280.

• Disporá de dous (2) condutores de terra tipo OPGW-48.

• Irá tendido sobre 98 apoios metálicos de celosía.

• Terá orixe na SET Bustelo e Baralláns (termo municipal de Cabana de Bergantiños) e fin xunto ao valado da SET Meirama (termo municipal de Cerceda).

• A súa lonxitude será de 38,45 km.

– A conexión na SET Meirama realizarase en soterrado:

• Mediante un condutor tipo RHE-RA+2OL 127/220 kV 3×1×2.000 mm² Al + T375Al.

• Disporá de dobre cable de fibra óptica do tipo PKP 48 FO monomodo.

• Terá orixe no apoio 98 e fin no pórtico da SET Meirama, discorrendo integramente polo termo municipal de Cerceda.

• A súa lonxitude será de 75 m.

Non forman parte do alcance do presente proxecto nin a SET Bustelo e Baralláns (incluída no proxecto parque eólico Bustelo e Baralláns, IN408A/2020/061) nin a SET Meirama.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución de LAAT 220 kV SET Bustelo e Baralláns-SET Meirama (xuño 2023-visado o 12.11.2024).

1.1. Plano xeral do proxecto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de LAAT 220 kV SET Bustelo e Baralláns-SET Meirama (setembro 2023-asinado o 3.10.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público, para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Eólicos da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de abril de 2024, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto eólico Alto Torreiro promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (B91115196), ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu, o 8 de abril de 2024, declarar a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á infraestrutura de evacuación do parque eólico Alto Torreiro (nº de expediente IN408A/2021/047), de acordo co establecido no artigo 44.2 da antedita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, agás os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

A Coruña, 19 de novembro de 2024

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña