Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación da resolución ditada no procedemento no último domicilio coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade; rolda da Muralla, 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non o facer así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Lugo, 11 de novembro de 2024
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Procedemento BS650A |
|||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada |
Resolución |
Data do acto administrativo |
|
27/00330-I/21 |
12384499B |
Extinción |
11.6.2024 |
