De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles os requirimentos de documentación ditados nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.
No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro dos actos administrativos que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, se procederá á apertura do correspondente expediente de procedemento de reintegro de indebidos, de conformidade co establecido no artigo 52.8 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
Lugo, 25 de novembro de 2024
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expte. |
Persoa interesada |
Acto administrativo e data |
|
BS618D 27028013523 |
I20011495 |
Requirimento de documentación 20.2.2024 |
|
BS618D 27028023922 |
I20010368 |
Requirimento de documentación 5.6.2023 |
|
BS618D 27025000322 |
53464125G |
Requirimento de documentación 5.5.2023 |
|
BS618D 27028024222 |
I20010525 |
Requirimento de documentación 28.9.2023 |
|
BS618D 27005000723 |
39705617G |
Requirimento de documentación 25.9.2024 |
