Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida América, 38, 28028 Madrid, aprécianse os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 26 de decembro de 2023, a empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios nº 81-40-b-1 e nº 81-40-b-30, no concello de Quiroga.
Coa solicitude achégase o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández o 5.9.2023, ao cal fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xúntase a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 19 de agosto de 2024. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 6 de setembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 10 de setembro, no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Quiroga. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás cales se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.
A estes feitos son de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, no artigo 53 da Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.
Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, o que causaría a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.
De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial
RESOLVE:
Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios nº 81-40-b-1 e nº 81-40-b-30, no concello de Quiroga, coas seguintes características técnicas principais:
– Reforma da liña de alta tensión aérea (LMTA) SEQ805 a 20 kV, nos seguintes tramos:
• Tramo comprendido entre o apoio núm. 81-40-B-1 e o apoio núm. 81-40-B-12, coa substitución de sete apoios de madeira e catro de formigón existentes por outros sete de celosía metálica. Cambio do condutor LA-30 actual a LA-56 e renovación do condutor LA-56 existente, cunha lonxitude de 803 m. Substitución do elemento de manobra con matrícula 27HX547 por un seccionador XS que se vai instalar sobre o apoio proxectado núm. 81-40-B-1.
• Tramo comprendido entre o apoio núm. 81-40-B-15 e o apoio núm. 81-40-B-30, coa substitución de trece apoios de madeira, dous de formigón e un de chapa existentes por outros oito de celosía metálica e cambio do condutor LA-30 actual a LA-56, cunha lonxitude de 757 m.
Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e na hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este departamento territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071, Lugo).
Todo isto de acordo cas condicións seguintes:
Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Lugo, 29 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios nº 81-40-B-1 e nº 81-40-B-30
|
Nº de predio |
Propietario |
Parcela |
Afección |
||||||
|
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Apoio |
Voo |
||||
|
Nº |
Superficie (m2) |
Lonx. (m) |
Superf. (m2) |
||||||
|
Pol. |
Parc. |
||||||||
|
3 |
Montes de la Herrería de Soldón, C.B. |
67 |
158 |
Tras da Serra |
Monte baixo |
81-40-B-3 |
2 (1 ap) |
142 |
2.339 |
|
3/1 |
Descoñecido |
67 |
19 |
Caborcas |
Monte alto |
61 |
|||
|
3/2 |
Descoñecido |
67 |
18 |
Travesa |
Monte alto |
7 |
|||
|
6 |
Herdeiros de Luis Rodríguez Soto e irmáns |
67 |
16 |
Camborcas |
Monte alto |
38 |
577 |
||
|
9 |
Montes de la Herrería de Soldón, C.B. |
67 |
302 |
Cambos |
Monte alto |
23 |
331 |
||
|
10 |
Montes de la Herrería de Soldón, C.B. |
91 |
320 |
Tras da Serra |
Monte alto |
81-40-B-16, 81-40-B-19, |
6 (3 ap) |
257 |
4.103 |
|
11 |
Montes de la Herrería de Soldón, C.B. |
91 |
322 |
Navaínza |
Monte alto |
81-40-B-22, 81-40-B-24, 81-40-B-25, 81-40-B-27, 81-40-B-29 |
10 (5 ap) |
404 |
6.480 |
|
12 |
Montes de la Herrrería de Soldón, C.B. |
67 |
301 |
A Fraga |
Monte alto |
64 |
1.083 |
||
