A Orde do 19 de abril de 2024 (DOG núm. 83, do 26 de abril) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 establece, no seu artigo 15.2, que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Concederlle os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por delegación de competencia establecida na Orde do 5 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5 de xuño de 2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24
|
Nº inscrición |
Apelidos e nome |
Cód. centro |
Centro educativo |
Importe |
|
2400000720 |
Uribarri González, Ignacio |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 € |
|
2401000948 |
Miragaya Vázquez, Antía |
27006553 |
IES Xoán Montes |
1.000 € |
|
2418000768 |
Vilas Subirán, Santiago |
15005221 |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
1.000 € |
|
2424000472 |
Lago García, Carlota |
15004642 |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
1.000 € |
|
2424000519 |
Castrillo Sánchez, Lucía |
36024987 |
IES de Soutomaior |
1.000 € |
|
2424000941 |
Trillo Reboredo, Alfonso |
15004642 |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
1.000 € |
|
2431000786 |
Bao Vázquez, Patricia |
15015603 |
CPR Plurilingüe La Salle |
1.000 € |
|
2434000484 |
Graña Rodríguez, Alba |
15027319 |
IES de Sar |
1.000 € |
|
2436001079 |
Sánchez Mouzo, Jorge |
15005221 |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
1.000 € |
|
2450000482 |
Carpente Carpente, María |
15005221 |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
1.000 € |
|
2452000623 |
García Casanova, Mateo |
15004642 |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
1.000 € |
|
2460000428 |
Villanueva Pérez, Iago |
36004551 |
IES Illa de Tambo |
1.000 € |
|
2468000409 |
de la Fuente Vivero, Antón |
15025694 |
IES Moncho Valcarce |
1.000 € |
|
2471000561 |
Martínez Diz-Lois, Sofía |
15005221 |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
1.000 € |
|
2473000514 |
Bernárdez Riopedre, Rosalía |
27016704 |
IES Leiras Pulpeiro |
1.000 € |
|
2475000395 |
Freire González, Martín |
36015159 |
IES Chan do Monte |
1.000 € |
|
2481000445 |
Bouzas Rodríguez, Miguel |
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
1.000 € |
|
2482000660 |
Baltar Torres, Óscar Antonio |
36006717 |
IES Sánchez Cantón |
1.000 € |
|
2485000748 |
Benito Martínez, Félix |
36011142 |
CPR Plurilingüe María Auxiliadora |
1.000 € |
|
2491000459 |
Rosende Piñeiro, Ana |
15015755 |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
1.000 € |
