Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMT, CTC e RBTS San Cristovo.
Situación: lugar de San Cristovo, concello de Vilariño de Conso.
Orzamento: 66.974,17 €.
Características principais do proxecto, que foi asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 24.6.2024:
• Substitución na LMTA SMI805 dos apoios núm. 57-3 e núm. 57-4, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/1000 e C-14/2000.
• Desmonte do tramo da LMTA SMI805 entre o apoio proxectado núm. 57-4 e o apoio existente núm. 57-6-CT, no cal se localiza o CT San Cristovo-32AF75, que tamén se desmonta.
• CT rural proxectado, de manobra exterior, fin de liña, con transformador de 100 kVAs e r/t 20.000/400 V.
• LMTS, a 20 kV, de 23 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, coa orixe no paso A/S para realizar no apoio proxectado núm. 57-4 e final na cela de liña do CT rural proxectado.
A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo deste departamento territorial do 12.7.2024, que foi inserido no DOG do 8.8.2024 e no xornal La Región de Ourense do 30.7.2024. O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.
O 25.11.2024, o promotora presentou un escrito no cal comunicaba que chegara a un acordo amistoso cos propietarios dos predios incluídos na RBDA e solicitaba que se continuase coa tramitación do expediente.
En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 26 de novembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
