Expediente: IN407A 2020/076-4 modificado.
Promotora: Ibercisa Deck Machinery, S.A.
Denominación: LMTS, CT para nave industrial de fabricación maquinaria naval (modificado).
Concello: Vigo.
Feitos:
Primeiro. O 14 de maio de 2020, a empresa Ibercisa Deck Machinery, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación LMTS, CT para nave industrial de fabricación maquinaria naval.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de dobre circuíto e un centro de transformación de 400 kVA para atender a demanda de enerxía prevista na nave industrial e manter a configuración en anel da rede da compañía distribuidora da zona. As instalacións estarán situadas no Camiño dos Muíños, 25, na parroquia de Oia, no concello de Vigo (Pontevedra).
Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia e Demarcación de Estradas do Estado. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
Terceiro. O 24 de xullo de 2020, esta xefatura territorial outorgou a autorización administrativa previa e a autorización de construción da instalación LMTS, CT para nave industrial de fabricación maquinaria naval no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/076-4) coas seguintes características: LMT subterránea de dobre circuíto con tensión de 15 kV e 672 metros de lonxitude, con entrada e saída no centro de transformación proxectado, e con orixe e final nos PAS proxectados. Instalación dun centro de transformación cun transformador trifásico, de potencia 400 kVA, 15 kV/400V-50 Hz. As instalacións están situadas no Camiño dos Muíños, 25, na parroquia de Oia, no concello de Vigo (Pontevedra).
Cuarto. O 15 de outubro de 2021, Ibercisa, S.A. achegou un proxecto modificado no que varía o trazado da LMTS atendendo as condicións impostas por Augas de Galicia establecidas no seu condicionado:
«O centro de transformación e apoios deberán estar situados fóra da zona de servidume do rego da Presa.
Entre as parcelas de referencia catastral 9522101NG1792S0001PP e 9522501NG1792S0001EP, existe o rego da Presa, que está canalizado soterrado entre as ditas parcelas, e parece que cunha nave ou construción na última das parcelas por riba do dito regato. Esta canalización non ten suficiente sección para a evacuación dos caudais en épocas de asolagamento, polo que poderá requirirse a retirada ou ampliación destas ben sexa na autorización desta obra ou noutro momento e, sobre todo, a retirada e ocupación do dominio público hidráulico (imprescritible, inalienable e inembargable) en calquera momento; ademais as zonas de servidume de leitos (5 m) deberán quedar expeditas de calquera construción ou peche, para permitir o uso público peonil (e outros) que marca o regulamento do dominio público hidráulico».
Analizado o modificado, conclúese que non hai cambio nas actuacións propostas en relación co proxecto inicial. Hai un cambio no trazado da liña de media tensión proxectada que pasa a ter unha lonxitude de 680 metros (dobre circuíto).
Quinto. O 7 de decembro de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe do proxecto modificado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado técnico emitido.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
• LMT subterránea de dobre circuíto con tensión de 15 kV e 680 metros de lonxitude, con entrada e saída no centro de transformación proxectado, e con orixe e final nos PAS proxectados. Instalación dun centro de transformación cun transformador trifásico, de potencia 400 kVA, 15 kV/400V-50 Hz.
As instalacións están situadas no Camiño dos Muíños, 25, na parroquia de Oia, no concello de Vigo (Pontevedra).
Conforme con todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Deixar sen efecto a Resolución do 24 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT para nave industrial de fabricación maquinaria naval no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/076-4).
Segundo. Outorgar á empresa Ibercisa Deck Machinery, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CT para nave industrial de fabricación maquinaria naval (modificado), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
Terceiro. A empresa Ibercisa Deck Machinery, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 14 de febreiro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
