DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 23 de decembro de 2024 Páx. 67236

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto vacante de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras (DOG núm. 154, do 9 de agosto), convocouse para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos do Centro de Saúde da Ponte da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados polo aspirante, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), e na Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de traballo convocado ao aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. O/a profesional nomeado/a deberá cesar na praza que desempeña, dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días se son de distinta área de saúde, ou dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O/A profesional nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do/da interesado/a. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 13 de decembro de 2024

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe/a de equipo do Centro de Saúde da Ponte da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: Francisco Javier Álvarez Campos.

DNI: ***1161**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.