DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67316

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade da revogación da Resolución do 13 de febreiro de 2023 pola que se encomendaba á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde en Antas de Ulla.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte resolución de revogación de encomenda coas seguintes características:

I. Mediante a Resolución do 13 de febreiro de 2023, do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, encomendouse á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Antas de Ulla (Lugo).

II. De conformidade coas condicións básicas de execución da dita encomenda, a Axencia Galega de Infraestruturas sería a encargada de realizar os actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de contratista, adxudicación e execución das obras.

III. Mediante escrito do 30 de outubro de 2024, a Axencia Galega de Infraestruturas solicita a desistencia da dita encomenda, xa que, debido á carga de traballo sobrevida na Área de Contratación da Axencia, hoxe en día non foi posible proceder á xestión das actuacións para a execución das obras de construción.

IV. Por estas circunstancias sobrevidas, considérase a necesidade de que a xestión das actuacións para a execución das obras de construción, inicialmente encomendadas á Axencia Galega de Infraestrutura, sexan asumidas directamente polo Servizo Galego de Saúde.

Á vista destas circunstancias, a Resolución do 3 de decembro de 2024, do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, revoga e deixa sen efecto a Resolución do 13 de febreiro de 2023 pola que se encomendaba á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde en Antas de Ulla (Lugo).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade