DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67467

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical e se procede á convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207L).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia e fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten a responsabilidade de promover e fomentar a cultura galega, tendo na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A axencia pretende fomentar a industrialización de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da actividade da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Xunta de Galicia estima oportuno apoiar a actividade musical profesional mediante a concesión de subvención a proxectos de promoción e difusión musical.

Neste sentido, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no exercicio das súas competencias, é consciente da importancia de establecer medidas de estímulo para a aceleración, desenvolvemento e expansión da industria musical, polo que, entre outros, ten como obxectivo promover a consolidación das propostas musicais, co propósito de contribuír ao enriquecemento cultural do país a través da música podendo, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

Con todo iso preténdese potenciar toda a cadea de valor, desde a creación ata a exhibición e o consumo, apoiando o traballo das persoas profesionais da música e a estabilidade das empresas e a programación. A industria musical ten un gran valor socioeconómico, que xera produtividade de forma transversal a outras industrias vinculadas, o que a converte nun valor estratéxico de primeira orde.

A industria musical recolle catro grandes tipoloxías de actividade: as actividades derivadas dos dereitos fonográficos; as actividades derivadas dos dereitos de propiedade intelectual e editorial; as actividades relacionadas co desenvolvemento da música en directo e as actividades relacionadas coa comercialización de merchandising e outras actividades transversais.

Os dous últimos eixes son fundamentais e están moi relacionados co desenvolvemento do talento musical e a promoción dos artistas. Faise patente, e é moi necesario, establecer as bases deste desenvolvemento e crecemento industrial-musical, garantindo e apoiando as fases de:

1. Análise e ferramentas para o desenvolvemento de talento.

2. Introdución do talento no conxunto da industria musical.

3. Consolidación de talento.

4. Internacionalización.

Todo iso non só desde o punto de vista cultural, senón tamén comercial, con obxecto de que as persoas profesionais da música vexan recoñecido o seu labor de ampliar mercados, creando e fidelizando novos públicos e incrementando o financiamento e viabilidade da actividade industrial e musical do país.

Consonte esta idea, as empresas de management e as axencias artísticas resultan ser unha ferramenta imprescindible para a industria musical, xa que no seu seo concéntrase, en moitas ocasións, toda a cadea de valor que permite o desenvolvemento do talento artístico musical.

Nesta resolución establécense as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para empresas do sector musical que presenten proxectos musicais, coa finalidade de impulsar o talento artístico musical.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de produción, promoción e difusión musical que favorezan a calidade dos proxectos, e axilicen a modernización da industria musical e a súa profesionalización, o crecemento do uso das novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da industrialización musical, realizada por empresas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais, a través dun apoio a proxectos que consoliden a cadea de valor da industria musical, con criterios de sustentabilidade e rendibilidade do investimento público.

En consecuencia, tendo en conta o marco xurídico legal constituído pola lei básica estatal, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no ámbito rexional, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de dita lei,

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, e se procede á convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207L).

2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L). O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante os tres anos previos á data de concesión.

Este límite máximo aplícase a todo o conxunto das axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou a edición fonográfica.

Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.

Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.

Artigo 3. Financiamento

Estas axudas financiaranse cun crédito total de 150.000 euros, distribuídos en dúas anualidades, 75.000 euros na anualidade 2025 e 75.000 euros na anualidade 2026 imputables á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0, do código de proxecto 2015 00003 da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Artigo 4. Solicitudes

4.1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II a esta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras, cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 2 e 4 debendo ser cualificados conforme os criterios establecidos no artigo 16 das bases reguladoras da subvención.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras e non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao remate de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: industriasculturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas e as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Artigo 7. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Artigo 8. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

A entidade outorgante das axudas consignará na Base de datos nacional de subvencións, no prazo de 20 días hábiles a partir da concesión da axuda, a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).

Artigo 9. Rexistro Público de Subvencións

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, para a inscrición dos datos facilitados na solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical e se procede á convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207L)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical.

2. O obxectivo principal destas subvencións é mellorar a calidade dos proxectos musicais desenvoltos polas empresas de management e as editoriais fonográficas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de:

– Axilizar a modernización, competitividade e profesionalización da industria musical.

– Impulsar o crecemento do uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da produción.

– Consolidar a cadea de valor da industria musical, con criterios de sustentabilidade e rendibilidade do investimento público.

3. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L). O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante os tres anos previos á data de concesión.

Este límite máximo aplícase a todo o conxunto das axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

4. Estas subvencións son incompatibles con outras subvencións, axudas ou patrocinios para o mesmo proxecto de calquera departamento da Xunta de Galicia e dos seus organismos dependentes, porén, son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para o mesmo proxecto procedentes de calquera outra Administración pública e entidades públicas ou privadas.

No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou calquera outro ingreso derivado do proxecto supere o 100 % do custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A xestión e a concesión destas axudas realizaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou a edición fonográfica.

Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.

Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.

2. As persoas solicitantes deberán acreditar que están dadas de alta, cunha antigüidade mínima de un ano no momento da solicitude, nalgunha das epígrafes do imposto sobre actividades económicas relacionadas coa actividade subvencionable de entre as que se enumeran a seguir:

Epígrafe 355.2. Edición de soportes de audio, vídeo e informática.

Grupo 983-Axencias de colocación de artistas.

Grupo 965-Espectáculos (excepto cine e deportes).

3. Ademais, as persoas beneficiarias terán que cumprir un dos seguintes requisitos:

• Ter editado entre 2023 e 2024 un mínimo de 4 referencias discográficas, dentro do seu catálogo editorial, ou ben contar cun mínimo de 10 referencias no devandito catálogo.

Enténdese por referencia discográfica a edición dun álbum cun mínimo de 30 minutos ou o seu equivalente en singles ou videosingles.

• Acreditar entre 2023 e 2024 un mínimo de 40 contratacións de concertos dun mínimo de 3 formacións musicais distintas.

4. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria:

a) As agrupacións de interese económico.

b) As asociacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. As axudas obxecto desta convocatoria imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2025 e 2026, na aplicación, polos importes e a distribución plurianual que se reflicte no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Total

Anualidade 2025

Anualidade 2026

13.A1.432B.770.0

2015 00003

150.000 €

75.000 €

75.000 €

2. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda.

3. No caso de que os créditos fosen ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

4. O importe concedido a cada proxecto seleccionado será, como máximo, dun 70 % do gasto subvencionable e a cantidade máxima de subvención por proxecto será de 15.000,00 euros.

Só se admitirá un máximo de 2 solicitudes por persoa solicitante, debendo remitir unha solicitude para cada proxecto para o que se solicita a subvención, de ser o caso.

5. As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non acaden subvención por esgotamento do crédito asignado, pasarán a formar unha listaxe de espera respectando a orde de prelación resultante da aplicación dos criterios de valoración establecidos nestas bases.

6. O presente expediente iníciase polo procedemento de tramitación anticipada, polo que debe aplicarse a Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, polo que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e o gasto proxectado por esta resolución queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente. Todos os actos de trámite ditados no desenvolvemento deste expediente entenderase condicionados a que, no momento en que se aprobe o orzamento de 2025, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento que se produciron aqueles. No ano 2024 poderase achegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto.

Artigo 4. Proxectos subvencionables. Requisitos

1. Poderán ser obxecto desta subvencións os proxectos que teñan por finalidade o impulso da carreira profesional de artistas ou formacións musicais en calquera dos eidos da cadea de valor do que implica un desenvolvemento profesional artístico.

Enténdese por cadea de valor dun proxecto artístico aquelas tarefas que se desenvolven en ámbitos como:

a) Creación, consolidación ou impulso da imaxe de marca.

b) Estudo do mercado e estratexias de posicionamento.

c) Concepción dun novo produto musical.

d) Lanzamento e presentación dun novo produto musical.

e) Promoción do artista ou formación musical.

f) Gravación de produtos musicais en soporte fonográfico e a súa distribución.

g) Deseño de accións no marco da Axenda 2030 para a aplicación de obxectivos de desenvolvemento sustentable aplicados ás actuacións en directo.

Os ámbitos descritos anteriormente teñen un carácter enunciativo. O proxecto que se presente pode referirse a un ou a varios ámbitos, mesmo a outros que non están definidos pero que se entenden que favorecen o desenvolvemento artístico profesional.

Non son obxecto desta convocatoria as xiras, participación en festivais ou outros eventos similares.

2. Requisitos dos proxectos:

– As persoas solicitantes deberán achegar un contrato co artista ou formación musical para o que se solicita a subvención. O dito contrato deberá estar asinado dixitalmente e en vigor durante toda a duración do proxecto musical.

– Os artistas ou formacións musicais que participan ou forman parte do proxecto para o que se solicita a subvención non poden ter participado en proxectos que resultaron beneficiarios das subvencións para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega (código de procedemento CT207L), aprobadas mediante Resolución da Presidencia da Agadic do 21 de abril de 2022 (DOG do 6 de maio de 2022).

– Deberá acreditarse documentalmente que o proxecto é obra orixinal e que posúen os dereitos suficientes para a súa reprodución e comunicación.

3. Os artistas ou formacións musicais que formen parte dos proxectos deberán desenvolver a súa actividade habitualmente en Galicia, entendendo como tal:

– Para as formacións musicais cunha traxectoria previa, que a maioría dos concertos que celebraron entre 2023 e 2024 tivesen lugar en Galicia.

– Para as formacións emerxentes, sen traxectoria musical previa, que o proxecto para o que se solicita a subvención se desenvolva principalmente en Galicia.

Artigo 5. Concepto de gastos subvencionables

1. Son gastos subvencionables os que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto que fosen realizados, e pagados, desde o 1 de xaneiro de 2025 a ata 31 de maio de 2026. O período subvencionable, polo tanto, abrangue para o ano 2025 desde o 1 de xaneiro de 2025 ata 31 de outubre de 2025 e para o ano 2026 desde o 1 de novembro de 2025 ata o 31 de maio de 2026.

2. Para os efectos desta convocatoria, terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Gastos de creación, consolidación ou impulso da imaxe de marca.

Considéranse gastos do proceso de creación, consolidación ou impulso da imaxe de marca todos aqueles que permitan evolucionar a imaxe do artista ou formación musical, tales como: definición dunha estratexia de branding (naming, identidade corporativa e a súa visualización, construción da propia identidade, book de presentación).

b) Gastos de estudos do mercado e estratexias de posicionamento. Considéranse gastos subvencionables os servizos profesionais de consultoría vinculados a análise do mercado e estratexias de posicionamento do artista e os seus produtos.

c) Gastos de concepción dun novo produto musical. Este concepto inclúe aspectos como o deseño do novo produto musical e o proceso creativo que permitirá a súa posta no mercado: deseño de servizos técnicos como as luces, o vestiario, alugamento de locais de ensaio.

d) Gastos de lanzamento e presentación dun novo produto musical. Nesta epígrafe inclúense o os gastos referentes a un plan de márketing do produto musical, tales como: accións de publicity e relacións públicas, plan de comunicación medios on line e off line, distribución dixital, RRSS e posicionamento SEO. Se o lanzamento e presentación dun novo produto musical inclúe a súa presentación oficial cun concerto de estrea, todos os gastos relativos a este concerto terían a consideración de subvencionables, ata un límite do 20 % do orzamento subvencionable.

e) Gastos de promoción do artista ou formación musical.

Serían os gastos asociados á difusión permanente do artista e a formación musical tales como creación, deseño e desenvolvemento de páxinas webs ou o seu restyling, deseño de merchandising.

f) Gastos de gravación de produtos musicais en soporte fonográfico e a súa distribución. Os gastos subvencionables referidos á gravación en soporte fonográfico de produtos musicais inclúen aqueles os gastos derivados da prestación de servizos profesionais de estudos de gravación.

g) Gastos de deseño de accións no marco da Axenda 2030 para a aplicación de obxectivos de desenvolvemento sustentable aplicados ás actuacións en directo.

Estes gastos refírense a aspectos de innovación no desenvolvemento da carreira profesional dos artistas que permitan considerar a súas actuacións en directo como actuacións responsables coa sustentabilidade no marco da Axenda 2030, incluíndo medidas de igualdade, paridade, diversidade e accesibilidade.

h) Gastos de persoal.

Considéranse gastos de persoal aqueles gastos xerados por unha relación contractual específica e exclusiva, conforme unha categoría laboral asignada para o desenvolvemento do proxecto musical obxecto da subvención, como son os gastos de músicos ou técnicos.

i) Gastos xerais. Serán subvencionables os gastos xerais entendendo como tales aqueles que non se poden vincular directamente cunha operación determinada pero que son indubidablemente necesarios para a realización da actividade subvencionada e se poden argumentar e xustificar. En ningún caso a porcentaxe subvencionada por este concepto superará o 10 % do importe xeral de gastos subvencionables.

Estes custos indirectos poderán ser subvencionados con base nos custos reais en que se incorra, acreditados coas facturas correspondentes e xustificante do seu pagamento.

En todo caso, en aplicación do artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os custos indirectos deberán imputarse na parte que proceda de conformidade cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e que se correspondan co período de tempo en que efectivamente realizan as actividades, debendo achegar xustificación sobre o método de imputación de tales custos indirectos.

Terán a consideración de gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Os gastos de persoal considerados dentro dos gastos xerais serán aqueles referidos aos gastos do cadro de persoal da persoa beneficiaria que non teñen un contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O seu custo calcularase mediante un rateo en función da súa participación nel.

b) Alugamento de espazos de traballo, consumos de enerxía, auga e limpeza durante o período subvencionable.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos, en concreto, o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penitenciarias, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Así mesmo, non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) Gastos estruturais das empresas (adquisición de infraestruturas, software ou bens patrimoniais) resultando tamén excluídos os gastos de participación accionarial noutras empresas

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as provisións de gastos.

c) Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

4. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que a persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

Artigo 6. Subcontratación

1. Para efectos destas bases, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social con que se pretenda contratar a actividade.

2. En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa. Para os efectos desta convocatoria, a persoa beneficiaria poderá subcontratar ata o 50 % das actividades que conforman o proxecto subvencionado.

3. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido e nos supostos establecidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa persoa beneficiaria, agás que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e que se obteña a autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nestas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen obtido subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

Non se admitirán supostos de autofacturación (facturas emitidas polo propia persoa beneficiaria da subvención).

As persoas e entidades provedoras non poderán estar vinculadas co organismo solicitante ou coa empresa beneficiaria final, ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo II:

3.1. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

3.2. Declaración responsable de que os artistas ou formacións musicais que forman parte do proxecto para o que se solicita a subvención non participaron en ningún dos proxectos unitarios ou colectivos que resultaron beneficiarios das subvencións para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega (código de procedemento CT207L), aprobadas mediante Resolución da Presidencia da Agadic do 21 de abril de 2022 (DOG do 6 de maio de 2022).

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1. Documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo social de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. Documentación técnica:

2.1. Memoria xeral do proxecto para o que se solicita a subvención (anexo IV), que conteña, cando menos, as seguintes epígrafes:

a) Traxectoria da persoa solicitante e xustificación documental do cumprimento dos requisitos para ser beneficiaria e avaliar os criterios de valoración, e en concreto:

• Antigüidade no imposto de actividades económicas nalgunha das epígrafes que se enumeran no artigo dous destas bases reguladoras.

• Documentación acreditativa do cumprimento co disposto no artigo 2.3 das bases e en concreto:

◦ Certificado da editorial discográfica en que consten as referencias discográficas editadas ou relación dos concertos celebrados entre 2023 e 2024, en que se indique nome do artista ou formación musical, lugar, data e hora de celebración dos concertos, acompañado dos certificados de execución ou facturas emitidas polas persoas organizadoras.

• Relación dos contratos asinados con artistas ou formacións musicais da persoa solicitante na súa carteira de clientes na actualidade.

b) Descrición do proxecto e actuacións que se van desenvolver (máximo 10 páxinas).

c) Contrato asinado dixitalmente co artista ou formación musical que participan no proxecto para o que se solicita a subvención. Este contrato deberá estar en vigor durante toda a duración do proxecto musical.

d) Traxectoria do artista ou formación musical que formará parte do proxecto, onde se acredite o cumprimento do disposto na base 4.3 relativa ao desenvolvemento da súa actividade habitual en Galicia, para o que deberá a base achegar a ficha artístico-técnica, a relación de singles ou videosingles editados, a presenza do galego e os concertos realizados entre 2023 e 2024, ambos inclusive, en que se indique lugar, data e hora de celebración dos concertos, acompañado dos certificados de execución ou as facturas emitidas polas persoas organizadoras.

e) Ficha de produción do proxecto musical, con indicación dos nomes, perfís, enderezo e roles das persoas que participan nel.

f) Cronograma de cada unha das actividades que conforman o proxecto.

g) Plan de desenvolvemento e difusión do proxecto.

2.2. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes para a súa reprodución e comunicación, de ser o caso.

2.3. Orzamento do proxecto (anexo V): previsión de gastos e ingresos do proxecto, referencias para o seu cálculo e, de ser o caso, declaración doutras subvencións. O orzamento estará desagregado por conceptos e indicarase o seu custo con e sen IVE.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de concesión pola regra de minimis.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificacións das resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificación entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir ás persoas solicitantes que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión de valoración, nomeada polo director da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nas presentes bases. Para a súa composición terase en conta o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

Para a valoración dos criterios automáticos, designaranse dous profesionais pertencentes ao cadro de persoal da Agadic de entre os grupos I, II e III.

Para a valoración dos criterios técnicos, designaranse dous profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos musical e/o cultural en xeral, dos que un exercerá como presidente e terá voto de calidade en caso de empate.

A secretaría, con voz pero sen voto, será desempeñada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic distinta dos vogais.

2. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas ou entidades solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria.

3. Para a composición da comisión terase en conta o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

4. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta concretando os criterios técnicos definidos nestas bases para aplicalos de xeito coherente e homoxéneo. Así mesmo, tras a súa avaliación, deixarase constancia documental das puntuacións.

5. Rematada a avaliación, a comisión emitirá un informe preceptivo relacionando os proxectos por orde de prelación, indicando a puntuación asignada a cada un deles de xeito motivado e levantarase unha acta que reflicta as deliberacións e acordos da comisión para a súa elevación ao órgano instrutor.

Artigo 16. Criterios de Valoración

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios segundo modelo de proxecto e ata un máximo de dous:

Criterios automáticos

50 puntos

1. Traxectoria da persoa solicitante.

17

a) Anos de alta no imposto de actividades económicas nalgunha das epígrafes que se enumeran no artigo dous destas bases reguladoras.

– Máis de 5 anos: 6 puntos.

– Entre 3 e 5 anos: 3 puntos.

– Dous anos: 2 puntos.

6

b) Número de artistas en carteira na actualidade.

– Máis de 4 artistas: 6 puntos.

– Entre 3 e 4 artistas: 3 puntos.

– Ata 2 artistas: 2 puntos.

6

c) Número de concertos entre 2023 e 2024.

– Máis de 70 concertos: 5 puntos.

– Entre 51 e 70 concertos: 3 puntos.

– Entre 41 e 50 concertos: 2 puntos.

5

2. Traxectoria do artista ou formación musical.

14

a) Número de singles ou videosingles editados entre 2023 e 2024.

– Máis de 8 singles ou videosingles: 8 puntos.

– Entre 4 e 7 singles ou videosingles: 6 puntos.

– Ata 3 singles ou videosingles: 4 puntos.

8

b) Número de concertos entre 2023 e 2024.

– Máis de 20 concertos: 6 puntos.

– Entre 10 e 20 concertos: 4 puntos.

– Ata 10 concertos: 3 puntos.

6

3. Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado.

10

a) Ata o 20 %.

10

b) Entre o 21 e o 40 %.

8

c) Entre o 41 e o 60 %.

5

d) Entre 61 e 70 %.

3

4. Presenza feminina en postos relevantes do proxecto (directora creativa, produtora executiva, música, mánager, directora audiovisual, enxeñeira de son/iluminación, fotógrafa, etc.).

5

Un punto por cada muller en postos de relevancia do proxecto musical presentado, ata un máximo de 5 puntos.

5. Emprego do galego no proxecto musical. Valorase o uso do galego no novo produto musical, ou na comunicación, promoción e lanzamento da marca.

4

Si

4

Non

0

Criterios técnicos (memorias específicas de cada epígrafe)

30 puntos

1. Interese e valor artístico-cultural do proxecto.

Ata 20

Memoria técnica en que se describa a relevancia, consistencia e coherencia da proposta. Valorarase a xeración de valor ao patrimonio cultural, a recuperación para a escena actual de obras ou contidos musicais, a singularidade, a viabilidade técnica e económica do proxecto.

2. Plan de desenvolvemento e difusión. Valorarase os contidos, a diversidade de públicos obxectivos, a estratexia axeitada para o desenvolvemento de audiencias, as canles de difusión, a presenza en mercados, participantes, o plan de traballo, cronograma, a súa adecuación aos obxectivos marcados na Axenda 2030.

Ata 10

Os proxectos para ser subvencionados deberán acadar unha puntuación mínima de 25 puntos na valoración dos criterios automáticos.

Artigo 17. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a comisión realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución debidamente motivada e que deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 18. Resolución da convocatoria

1. Transcorrido o prazo das alegacións, se é o caso, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución que elevará á Presidencia do Consello Reitor, indicando o número de solicitudes propostas para ser subvencionadas e o importe económico correspondente a cada unha delas.

O importe económico determinarase en función da dispoñibilidade orzamentaria, do orzamento do proxecto, do importe solicitado e da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. Esta proposta de resolución será elevada á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa das persoas beneficiarias, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto das solicitudes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. Na resolución informarase por escrito ás persoas beneficiarias sobre o importe da axuda e sobre o seu carácter de minimis, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativa á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 13.12.2323 Serie L).

Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase facer electronicamente, axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daquelas outras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

d) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

e) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control e inspección que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos como en todo o material de difusión que se elabore, incluídas notas de prensa e formatos específicos para redes sociais, debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais no desenvolvemento das actividades subvencionadas.

Adicionalmente, a persoa beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que se produza, tanto dixital como impreso, o logotipo oficial da marca principal da Xunta de Galicia, dispoñible no enlace web: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa, seguindo na medida do posible as normas relativas á convivencia con outras marcas que se especifican no Manual de uso da identidade corporativa da Xunta e respectando o tamaño mínimo de reprodución que garanta a lexibilidade.

j) Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedida en réxime de minimis durante o período dos tres anos previos á data da concesión (anexo III).

2. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigados a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, portadas, e outros materiais).

3. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á esixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 27destas bases.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a previa autorización da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, a Agadic ten a facultade de revisar e modificar a resolución de concesión.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, a determinación da entidade beneficiaria, nin danen dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecte custos de persoal, que non se supere o límite do 10 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A persoa beneficiaria ten o deber de solicitar á Administración a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado.

Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación, deberán ser previamente aceptadas pola Administración. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

5. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos no artigo 2 da presente resolución.

6. No que atinxe ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

7. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos no que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

8. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao interesado.

9. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009, e terá que ser solicitado cunha antelación mínima dun mes da data de xustificación da anualidade correspondente.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. O prazo para a xustificación rematará:

Para a anualidade 2025, o día 31 de outubro.

Para a anualidade 2026, o día 31 de maio.

De non presentarse a xustificación no prazo establecido ante a Agadic, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobro da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

2. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario a persoa beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado nelas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola a persoa beneficiaria. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da copia da documentación acreditativa do seu pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos pola persoa beneficiaria.

Así mesmo, presentará a xustificación sobre o método de imputación dos custos indirectos.

3. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación é inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumpra o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

4. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria breve e avaliación das actividades realizadas.

b) Relación e copia de documentos e materiais realizados, así como dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) utilizados para a difusión e promoción do proxecto.

c) Balance de ingresos e gastos (anexo VI).

d) Relación dos gastos realizados (anexo VII).

e) Copia de facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa.

f) Copia dos documentos xustificativos do seu pagamento pola entidade beneficiaria, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

g) Declaración de subvencións ou axudas percibidas (anexo III).

h) Os tres orzamentos que deba ter solicitado a persoa beneficiaria, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

Artigo 23. Pagamento da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexo VI orzamento do proxecto).

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Será requisito necesario para o pagamento da subvención a achega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxectos das distintas administracións públicas ou outros entes públicos (anexo III).

4. Pagamentos anticipados.

A Agadic, conforme coas previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar, a aqueles que obtiveron a condición de persoa beneficiaria en concepto de pagamento anticipado, ata o 50 % da subvención concedida nos supostos en que a inversión exixa pagamentos inmediatos e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e terá que ser solicitado cunha antelación mínima dun mes da data de xustificación da anualidade correspondente.

Para facer efectivo o pagamento, a persoa beneficiaria deberá enviar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo III) e unha memoria do estado de execución do proxecto.

5. Pagamentos á conta.

Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O importe conxunto dos pagamentos á conta e os pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, ao abeiro do artigo antes citado.

6. Constitución de garantías.

As entidades beneficiarias que soliciten, e se lles conceda, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto, 11/2009, logo da autorización do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.

7. O pagamento da subvención realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

8. Previamente ao pagamento, as entidades beneficiarias acreditarán que se atopan ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e non son debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

9. Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen solicite esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 10.2.

10. Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor desen como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselles que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

Artigo 24. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. O incumprimento das obrigacións contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos os establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigacións estipuladas nesta convocatoria pública.

2. Producirase a perda do dereito á cobranza da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigacións contidas nestas bases reguladoras, das obrigacións contidas no artigo 33, da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a axuda concedida, así como os xuros de demora correspondentes.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

6. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

7. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 25. Causas de reintegro

1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos do proxecto con respecto ao gasto previsto.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 20 destas bases reguladoras.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 26. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Son casos de reintegro parcial os seguintes casos de incumprimento:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 27. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 28 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarse de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 28. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de procedencia dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 29. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Axencia Galega das Industrias Culturais ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto: https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro del, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 30. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a industrialización de iniciativas musicais empresariais individuais e iniciativas musicais empresariais colectivas.

1.2. A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, suplementariamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.3. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.4. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.5. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.6. Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Artigo 31. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 32. Recursos administrativos

A convocatoria destas axudas, as súas bases, as resolucións de concesión e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados interpoñendo os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición adicional. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file