A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre no porto de Maniños-Barallobre, con destino á ocupación de dominio público portuario en superficie para construción de nave industrial e parcela para autoprestación do servizo de reparación de embarcacións (expediente 12-28-24-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
Así mesmo, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.gal, Comunicacións e avisos, Procesos de información pública.
Lugo, 3 de decembro de 2024
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
