DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de decembro de 2024 pola que se notifica proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador de referencia 13-26-24-10.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos que obran no procedemento, nas oficinas dos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos no Edif. de Área Central, praza de Europa, 5A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan obter copia dos que estimen convenientes, concedéndolle, así mesmo, un prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pago voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe da División Xurídica de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF

denunciado

Feito denunciado.

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción propuesta

Sanc. 13-26-24-10

2711-JSB

Pafif

36001779V

Estacionamento prohibido

4.7.2024; 22.10 horas

Canido (Pontevedra)

Art.131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €