DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra (procedemento abreviado 320/2024).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra tramítase o recurso 320/2024 (procedemento abreviado), interposto por Paula Area Maquieira contra a Resolución do 20 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 164, do 27 de agosto), na categoría de fisioterapeuta, en relación coa epígrafe Experiencia-Outra experiencia, polo cómputo dos servizos prestados en mutuas, concretamente en FREMAP MATEPSS, na epígrafe C do baremo de Experiencia, e non na epígrafe A, como servizos prestados na mesma categoría en que participa en institucións sanitarias públicas.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos