A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, de conformidade co disposto no Decreto 137/2024, de 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, a conservación do patrimonio natural, a ordenación do litoral e promoción da paisaxe, a protección das augas, a loita contra o cambio climático e prevención da contaminación e as competencias na materia de instalacións de produción de enerxía a partir de fontes renovables, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia, nos termos sinalados na Constitución española e no Decreto 49/2024, do 24 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
Para o desenvolvemento destas funcións, segundo o artigo 12 do referido Decreto 137/2024, conta coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, que exerce as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos residuos, de acordo cos principios de desenvolvemento sostible e da economía circular, así como en materia de responsabilidade ambiental e sancionadora que por razón da materia lle corresponda.
Pola súa banda, as entidades locais son competentes para a xestión dos residuos nos termos establecidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia e demais normativa de aplicación. Neste eido, en virtude do artigo 9, punto 2.a) da Lei 6/2021, correspóndelles aos concellos, como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte e o tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma en que se establezan as súas respectivas ordenanzas de conformidade co marco normativo aplicable.
Así as cousas, o marco normativo comunitario en materia de residuos evolucionou de xeito considerable nos últimos anos, especialmente en materia de xestión de residuos domésticos, cara á transformación dun modelo produtivo lineal a un modelo baseado na economía circular.
Introdúcense medidas que constitúen os piares básicos para unha xestión eficiente dos recursos e dos residuos que se sustenta, fundamentalmente, na prevención e a reciclaxe e en reforzar o principio de xerarquía nas opcións de xestión de residuos, segundo a Estratexia 2020 e as medidas recollidas no paquete de economía circular, aprobado pola Comisión Europea en decembro de 2015. Aplicando esta xerarquía, a prevención é a mellor opción de xestión seguida, nesta orde, da preparación para a reutilización, da reciclaxe, doutras formas de valorización (incluída a enerxética) e, por último, da eliminación (o depósito en vertedoiro, entre outras).
No caso de Galicia, a planificación en materia de prevención e xestión de residuos municipais establece as bases para impulsar a xestión dos residuos cara a un escenario sustentable facendo especial fincapé na prevención, reutilización e valorización dos residuos, establecendo metas e obxectivos de acordo coa normativa vixente.
Así, a situación actual nesta materia, recollida no Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030, aprobado o 12 agosto de 2024, permite extraer conclusións e establecer prioridades de actuación encamiñadas cara ao cumprimento destes obxectivos. Entre eles, destacan o establecemento de medidas de prevención na xeración de residuos, o incremento progresivo da cantidade de residuos destinados á preparación para a reutilización e reciclaxe, a mellora da recollida separada en todo o territorio galego, incluíndo a incorporación de novas fraccións de residuos, o aumento da rede de puntos limpos, e melloras nas infraestruturas existentes co fin de mellorar a recuperación de materiais e reducir a cantidade de residuos con destino a vertedoiro.
A partir da diagnose efectuada en ocasión da elaboración deste plan sectorial, detectáronse seguintes prioridades en relación co obxecto e finalidade da presente orde:
a) Potenciar a xestión/recollida en orixe da fracción orgánica dos residuos municipais.
b) Minimizar a vertedura final en depósitos controlados, especialmente de fracción biodegradable e materiais recuperables.
c) Desenvolver as infraestruturas precisas para tratar os residuos xerados e para acadar os obxectivos e potenciar desta maneira a organización territorial e a capacitación de técnicos, baixo criterios de suficiencia e proximidade, viabilidade económica e ambiental.
Tras a realización do estudo pormenorizado na diagnose do Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030 da situación actual en Galicia respecto do cumprimento das obrigas establecidas en materia de xestión de residuos municipais pola normativa comunitaria, conclúese que o procedemento de concesión da subvención regulado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resulta ser o máis axeitado para o cumprimento de tales obxectivos, ao promover directamente con estas subvencións as actuacións necesarias para acadar tal fin.
Neste escenario, a Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude da competencia que ten atribuída en materia en xestión de residuos, considera axeitado o establecemento de liñas de subvencións dirixidas a entidades locais destinadas a impulsar medidas que contribúan á consecución dos obxectivos vixentes. En consecuencia, tendo en conta as competencias asumidas por este departamento, a presente convocatoria vai destinada a apoiar ás entidades locais na procura de respostas aos retos e oportunidades asociadas ao cumprimento do actual marco normativo vixente así como dos obxectivos que a dita planificación persegue.
Para tal fin, serán obxecto de financiamento, ao abeiro da presente convocatoria, os proxectos destinados á implementación de medidas de xestión dos residuos domésticos conforme ao esquema de prioridades e o principio de xerarquía aplicable en materia de residuos. En particular, englóbanse aquí actuacións destinadas a potenciar a prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos de competencia municipal coa finalidade de contribuír ao cumprimento dos obxectivos fixados polo actual marco normativo.
Cómpre sinalar que con data do 20 de xuño de 2022, foron aprobadas, na Conferencia sectorial do medio ambiente, as bases reguladoras das subvencións que deben convocar as comunidades autónomas e o reparto das contías previstas para o Plan de apoio á implantación da normativa de residuos, Programa de economía circular e Plan de impulso ao medio ambiente (PIMA) residuos.
Neste marco resultan de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR), así como o Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19 e desenvolvido no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en diante, MRR). Resulta así mesmo de aplicación a Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, así como a Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do PRTR e a Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR. Tamén a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática de risco de conflito de interese nos procedementos que executan este plan.
Esta orde está sometida á plena aplicación dos mecanismos de xestión e control que se establezan para o MRR da UE e á normativa da Unión Europea aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de reconstrución, transformación e resiliencia, así como as específicas relativas á información e publicidade, verificación e demais impostas pola normativa da Unión Europea, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento. Estas bases establécense en base ao principio do compromiso co resultado, baixo o respecto de fitos e obxectivos; a prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses; a compatibilidade co réxime de axudas de Estado e a prevención de dobre financiamento.
As actuacións que se van desenvolver ao abeiro desta orde enmárcanse dentro do eixe/compoñente 12: política industrial de España 2030, medida/investimento I3: Plan de apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular (residuos e economía circular), submedida 001: residuos e economía circular, modalidade de financiamento 4620-MRR, do Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e no cumprimento da normativa autonómica, estatal e da Unión Europea que regula este tipo de investimentos, e quedan suxeitas, en todo caso, ao cumprimento, execución e realización dos obxectivos fixados no devandito plan.
O investimento é coherente co obxectivo CID 187 e 188, tal e como se define no anexo da Proposta de Decisión de Execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España.
As actuacións asegurarán o cumprimento do compromiso de etiquetado verde (non contan con etiquetado dixital) da inversión C12.I3, encadrándose no seguinte campo de intervención de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia : «042: Xestión de residuos domésticos: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclado» cunha contribución aos obxectivos climáticos nun 40 % e aos medioambientais nun 100 %.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2017), así como no uso das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, en concreto, para a mellora dos puntos limpos fixos, a adquisición de puntos limpos de proximidade, a adquisición de puntos limpos móbiles así como o fomento da preparación para a reutilización e a autorreparación (PxR), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975U).
Artigo 2. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiarias as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables sinaladas nesta orde.
2. Tendo en conta o anterior, as entidades locais poderán formular solicitudes de subvención ben de forma individual ou ben de forma agrupada con outras entidades locais que reúnan estes mesmos requisitos. No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, observarase o establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en particular, á identificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, do importe de subvención que se aplicaría a cada un deles que terán, igualmente, a condición de entidade beneficiaria, así como en relación co necesario nomeamento da entidade local que actuará como representante da agrupación para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
Os concellos agrupados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que, para poder conceder a subvención solicitada, todos eles teñen que cumprir os requisitos, condicións, obrigas e compromisos establecidos nesta orde.
3. Unha entidade local non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea para a mesma actuación de maneira individual e a través da entidade supramunicipal ou agrupación da que se integre. De darse o caso, non se admitirá a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo.
4. Para poder ser entidade beneficiaria desta axuda, as entidades locais deberán ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, do exercicio orzamentario que corresponda, no Consello de Contas de Galicia.
5. Non poderán ter a condición de entidades beneficiarias aquelas nas que concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 3. Actuacións subvencionables
1. Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables os conceptos que se citan de seguido para cada liña de axuda:
a) Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.
Serán subvencionables ao abeiro deste punto, proxectos e actuacións que teñan por obxecto a mellora nas instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, con obxecto de mellorar a súa reciclaxe ou outra forma de valorización, así como reducir a cantidade de residuos que se destina a eliminación.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. A construción (incluíndo a adecuación do terreo) necesaria para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos.
2º. Cubertas para a zona de almacenamento de residuos. Priorizarase o pechado de residuos cuxa exposición ao sol e a auga teñan efectos prexudiciais para o seu reciclado ou valorización. En particular residuos de RAEE, pilas, téxtiles, vernices e outros residuos domésticos perigosos.
3º. Impermeabilización e recollida de derramamentos da zona de almacenamento de residuos perigosos.
4º. Compra de contedores e gaiolas apropiadas para o almacenamento das distintas fraccións de residuos. Teranse en conta, especialmente, aqueles proxectos que presenten un aumento das fraccións recollidas separadamente, en especial, as relacionadas con téxtiles e residuos domésticos perigosos. Neste concepto inclúense tanto contedores metálicos, gaiolas ou andeis.
5º. Básculas para pesada de entradas e saídas de residuos.
6º. Ferramentas informáticas (incluído software) para o rexistro tanto de entradas como saídas de residuos (arquivo cronolóxico telemático).
7º. Instalacións destinadas á preparación para a reutilización, xa sexa para o almacenamento separado dos residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización como para a comprobación ou tratamento.
8º. Elementos de información no propio punto limpo sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización.
9º. Melloras no control de acceso á zona de almacenamento de residuos tales como peches perimetrais, sistemas de control de acceso, peches de zona de almacenamento, sistemas de videovixilancia, alarmas, etc.
10º. Formación para o persoal do punto limpo en materia de preparación para a reutilización con obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización.
11º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
b) Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.
En particular, serán subvencionables ao abeiro deste punto, as accións dirixidas á implantación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. Adquisición de puntos limpos de proximidade, con diferentes compartimentos para a recollida de distintos fluxos de residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida, sempre que se xustifique que cumpren os obxectivos deste servizo.
2º. Adquisición de ferramentas informáticas (incluído software) para o seguimento da rastrexabilidade dos residuos recollidos.
3º. Os elementos de información no propio punto limpo de proximidade sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización (máximo 1.000 €).
c) Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. Adquisición de puntos limpos móbiles, con diferentes compartimentos para a recollida de residuos, podendo ser os seguintes modelos:
• Contedor/caixa metálica de gran volume (este modelo poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado para a súa carga e traslado).
• Remolque e contedor metálico de gran volume (este modelo poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado para a súa carga e traslado).
• Camión con caixa e chasis.
• Furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.
• Outros modelos do mercado, sempre que se xustifique que cumpren os obxectivos deste servizo.
2º. Adquisición de equipamentos ou elementos complementarios para a función que prestan os puntos limpos móbiles (ganchos, guindastres, etc.).
3º. Adquisición de básculas para pesada dos residuos recollidos.
4º. Adquisición de ferramentas informáticas (incluído software) para o seguimento da rastrexabilidade dos residuos recolleitos.
5º. Adquisición de elementos de información no propio punto limpo móbil sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización (máximo 1.000 €).
6º. Formación para o persoal do punto limpo móbil en materia de preparación para a reutilización con obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de ser preparados para a reutilización.
d) Liña 4: proxectos de construción e mellora de instalacións de preparación para a reutilización e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), así como de ampliación de instalacións para incluír novas liñas de preparación para reutilización e autorreparación de residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación.
Esta liña ten como obxecto actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación, así como actuacións de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación.
Os conceptos subvencionables dentro de este tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:
1º. A construción ou mellora da instalación dedicada á preparación para a reutilización ou autorreparación, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados se é o caso. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación, e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial poida impoñer a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.
2º. Os elementos de almacenamento adecuado tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.
3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización e/ou autorreparación. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.
4º. Formación para os traballadores da instalación.
5º. Campaña de comunicación, unha vez rematada a instalación e dirixida a concienciar á poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.
6º. A adquisición de software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados, como dos produtos recuperados.
7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.
Artigo 4. Requisitos
1. Os proxectos que se presenten para optar á presente convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:
a) Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán ter en conta criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, e eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.
b) Deberá xustificar que ten presentada a correspondente solicitude de autorización ou, no seu caso, modificación da autorización, como xestor de valorización residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia se fose necesaria dita autorización, na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos, deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.
c) Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido as súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).
d) Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade.
e) Requisitos específicos para a liña 1:
1º. Para os efectos da presente orde, non serán financiables dentro da liña 1, os proxectos de mellora en instalacións de puntos limpos que non se atopen no momento da solicitude, autorizados ou en trámite de autorizar.
2º. Non serán financiable gastos nos edificios para traballadores, oficinas e maquinaria (salvo que o edificio inclúa o destinado á reutilización ou preparación para a reutilización).
f) Requisitos específicos para a liña 2:
1º. Para subvencionar as actuacións destinadas á implantación de puntos limpos de proximidade, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixa autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.
g) Requisitos específicos para a liña 3.
1º. Para subvencionar a implantación de puntos limpos móbiles, a entidade local deberá acreditar o destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación de punto limpo fixo autorizada ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados.
2º. Todos os vehículos adquiridos deberán ser eléctricos ou de biogás de orixe vexetal.
i) Requisitos específicos para a liña 4.
1º. Deberá presentarse un proxecto no que se inclúan os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía postventa e a súa declaración como produto novo naqueles casos que sexa necesario.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable e cumpran o establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en adiante, Mecanismo).
2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:
a) Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.
b) O imposto sobre o valor engadido.
c) Os gastos financeiros derivados do investimento.
d) Os investimentos realizados mediante contrato de arrendamento financeiro ou leasing.
e) Os gastos de persoal.
f) Os premios ou agasallos non relacionados coa actuación e/ou innecesarios.
g) Os custos asociados aos servizos de recollida e o tratamento dos residuos municipais.
h) Respecto dos bens de equipo de segunda man, non serán subvencionables excepto os que cumpran os requisitos seguintes:
1º. Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
2º. O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.
i) Os custos de alugamentos (leasing, renting, etc.) e pagamento de servizos a terceiros.
j) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos deste, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.
k) A redacción das memorias de implantación nin as memorias xustificativas da axuda.
l) Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.
3. No caso de ser preciso, as entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade das actuacións subvencionables, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007. Deberase identificar ao contratista e subcontratista, segundo o disposto no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentado o custe da actividade obxecto da subvención, non aporte valor engadido ao contido da mesma.
En ningún caso poderá subcontratarse con aquelas persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións previstas no artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos seus regulamentos de desenvolvemento.
As entidades subcontratadas deberán comprometerse a cumprir cos estándares máis exixentes en relación coas normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no medio ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, no seu caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Este cumprimento acreditarase mediante declaración da subcontratación, no momento da xustificación (artigo 22 desta norma), segundo o modelo incluído como anexo VII nesta orde.
Será de aplicación a normativa vixente en materia de contratación pública.
Artigo 6. Crédito e contía das axudas
1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2023 00229) e 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037) correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de dous millóns cincocentos sesenta e sete mil seiscentos tres euros (2.567.603,00 €), coa seguinte distribución:
|
Liñas de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código proxecto |
Ano 2025 |
|
Liña 1: Melloras nos puntos limpos |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
582.856,00 € |
|
2022 00037 |
664.747,00 € |
||
|
Liña 2: Adquisición puntos limpos de proximidade |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
200.000,00 € |
|
Liña 3: Adquisición puntos limpos móbiles |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
900.000,00 € |
|
Liña 4: Construción instalación PxR e/ou Autorreparación |
06.03.541D.760.1 |
2023 00229 |
220.000,00 € |
|
Total |
2.567.603,00 € |
||
2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola entidade beneficiaria cos seguintes importes máximos de subvención:
a) Liña 1. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 150.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 200.000 €.
b) Liña 2. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 15.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 35.000 €.
c) Liña 3. O importe máximo da subvención acadada por entidade non poderá superar os 90.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 120.000 €.
d) Liña 4. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 150.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 200.000 €.
3. Para o caso de que nalgunha das liñas as solicitudes beneficiarias non resultasen suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, o crédito sobrante poderá destinarse á cobertura de solicitudes de outras liñas nas que os fondos se esgotasen, sendo prioritarias as solicitudes correspondentes a liña 1, en segundo lugar as da liña 4, en terceiro lugar as da liña 2 e en último o lugar as da liña 3.
4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo ou no suposto previsto no artigo 25.3 do regulamento.
O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Esta ampliación publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
5. Unha vez esgotadas as contías máximas fixadas nestas bases, no punto 1 deste artigo, así como, de ser o caso, as ampliacións de crédito efectuadas, e de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 9/2007 e do artigo 32 do seu Regulamento,, publicarase o esgotamento das contías no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://sirga.xunta.gal/, e acordarase a inadmisión das solicitudes posteriores.
6. En aplicación do disposto nos artigos 67.1 e 67.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, nos cales se recolle a tramitación anticipada de expedientes de gasto con cargo aos fondos do MRR,no caso de que os expedientes se tramiten con anterioridade á aprobación do Proxecto de lei de orzamentos da Comunidade Autónoma, o órgano xestor deberá emitir un informe en que se faga constar que existe crédito adecuado e suficiente para o gasto que se pretende efectuar. A concesión destas axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.
Artigo 7. Solicitude e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
En todo caso, non se admitirán a trámite e se ditará resolución de inadmisión e arquivo daquelas solicitudes que se presenten fora do prazo establecido neste artigo.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975U). Este formulario xúntase como anexo I a estas bases.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. As entidades locais que cumpran os requisitos para ser entidade beneficiaria de acordo co establecido nos artigos precedentes poderán concorrer a esta convocatoria ao abeiro das catro liñas subvencionables recollidas nestas bases reguladoras, e deberán presentar unha solicitude por cada liña, tendo en conta as contías máximas de axuda establecidas no artigo 6 destas bases reguladoras.
5. As solicitudes poderaas presentar un concello de xeito individual ou conxuntamente máis dunha entidade local, ben sexa por medio de entidades de carácter supramunicipal que a súa súa vez teñen a consideración de entidade local, ben baixo a modalidade de agrupación de entidades locais.
No caso de solicitudes conxuntas presentadas baixo a modalidade de agrupación, cubrirase o anexo VIII destas bases, indicando os datos dos solicitantes acollidos á modalidade de agrupación.
6. As solicitudes (anexo I) serán subscritas directamente polas persoas que desempeñen a súa representación. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
No caso de solicitudes formuladas por agrupacións de entidades locais, a entidade local designada para actuar como representante deberá achegar, ademais da documentación requirida ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un documento en que se deixe constancia de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude.
7. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon á disposición dos interesados o seguinte enderezo do correo electrónico: fondos-mrr@xunta.gal. Para os casos concretos de dúbidas nas solicitudes iniciais terán o seguinte número de teléfono a disposición dos solicitantes: 981 54 17 34.
Artigo 8. Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán presentar a documentación xeral e técnica que se indica a seguir:
a) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente en que conste a decisión da entidade ou entidades locais de solicitar a subvención ao abeiro destas bases reguladoras (anexo II).
b) Certificación de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes (anexo II).
c) Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no senso do artigo 8, apartado 2.e), da Orden HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (anexo III).
d) Acreditación na que se faga constar que se dispón de crédito suficiente no orzamento da entidade local para o pagamento da parte proposta para o cofinanciamento pola súa banda.
e) Se é o caso, acreditación por parte do concello de estar en posesión do distintivo «Bandeira Verde de Galicia» no momento da solicitude da axuda.
f) No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, deberán achegar:
1º. Documentación xustificativa da persoa física ou entidade local designada para actuar como representante para formular a solicitude presentada.
2º. Identificar a relación de entidades locais participantes.
3º. Xustificación, de ser o caso, de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude, así como no relativo á remisión das contas do último exercicio orzamentario a que legalmente están obrigadas ao Consello de Contas (anexo II).
4º. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
5º. O importe de subvención que vai aplicar cada entidade membro da agrupación.
6º. Anexo de pluralidade de solicitantes (anexo VIII).
g) Memoria técnica do proxecto para o cal se solicita a subvención que deberá conter unha descrición clara das actividades que se van a desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as que se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir.
1º. Tipoloxía e nome do proxecto.
2º. Breve descrición do proxecto presentado, en que se inclúan polo menos as capacidades que se van tratar ou aumentar e os residuos que se van tratar.
3º. Identificación e datos de contacto do responsable técnico.
4º. Introdución e diagnose da situación actual na materia do proxecto dentro do ámbito local de actuación.
5º. Obxectivos do proxecto e descrición detallada das súas actuacións (materiais necesarios, tipo e cantidade) poboación atendida e sectores ou axentes implicados. Será precisa neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran co proxecto.
6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos en quilogramos, por tipoloxía de residuos).
7º. Estimación das gases de efecto invernadoiro evitadas e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia.
8º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto en correspondencia coas previsións de gastos incluídas no orzamento que se remita e tendo en conta o recollido nestas bases reguladoras.
9º. O plan de actuación deseñado deberá incluír unha xustificación pormenorizada dos materiais, actuacións e recursos propostos de conformidade cos gastos subvencionables ao abeiro desta orde.
10º. Orzamento resumido e detallado das actuacións que se van a solicitar (tendo en conta que o IVE non é subvencionable) os conceptos polos que se concorre na convocatoria chegando á desagregación a nivel de importes unitarios, de ser o caso, e tendo en conta o establecido nestas bases reguladoras en relación co período subvencionable e os prazos para a xustificación.
Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento, que se titule do seguinte xeito «Memoria_técnica».
h) No caso de solicitudes relativas á liña 1, deberán presentar:
1º. Anexo I.A. debidamente cuberto.
2º. Acreditación das novas capacidades da instalación (capacidade máxima e normal) no caso de producirse unha ampliación, e da poboación potencialmente atendida polo punto limpo atendendo a posibles acordos de servizo entre diferentes concellos.
i) No caso de solicitudes relativas á liña 2, deberán presentar:
1º. Anexo I.B. debidamente cuberto.
2º. Acreditación do destino dos residuos recollidos no punto limpo de proximidade, ben a través dun acordo cunha instalación do punto limpo fixo ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. De ser o caso, o punto limpo deberá dispor da autorización de xestor de residuos ou, polo menos, ter realizado a solicitude de autorización.
j) No caso de solicitudes relativas a liña 3, deberán presentar:
1º. Anexo I.C. debidamente cuberto.
2º. Acreditación da instalación de destino dos residuos recollidos co punto limpo móbil. Acreditación do destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación do punto limpo fixa ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. De ser o caso, o punto limpo deberá dispor da autorización de xestor de residuos ou, polo menos, ter realizado a solicitude de autorización.
k) No caso de solicitudes relativas a liña 4, deberán presentar:
1º. Anexo I.D. debidamente cuberto.
2º. Declaración responsable das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida se é o caso.
l) Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.
m) Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde, co fin de que a comisión de avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.
n) Documentación acreditativa da representación. A representación poderá acreditar por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia e en todo caso segundo o recollido no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 32 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta as plataformas de interdiario de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se pode obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación desde de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Así mesmo, os proxectos que opten ás subvencións que se rexen polas presentes bases reguladoras deberán acompañarse da documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.
Artigo 9. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 11. Procedemento de concesión
O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será o concorrencia competitiva contemplado no artigo 19, apartado 1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Artigo 12. Órganos competentes
1. A Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático será o órgano competente para a instrución do procedemento, revisando as solicitudes recibidas e a documentación presentada.
2. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade será o órgano competente para a resolver o procedemento por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en virtude do recollido na disposición derradeira primeira da presente orde.
Artigo 13. Instrución
1. A instrución do procedemento corresponde á Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que revisará toda as solicitudes recibidas e a documentación presentada.
2. No caso de estar incompleta, ter erros ou non presentar toda a necesaria, o defecto nas solicitudes seralles notificado ás persoas interesadas, e de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, para emendar os erros ou omisións, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desisten da súa petición, previa resolución que deberá ditarse nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Este requirimento de emenda tamén se efectuará si, das certificacións obtidas de conformidade co artigo 9 destas bases reguladoras, resulta que a persoa solicitante non está ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma, tendo que achegar nestes casos o solicitante as correspondentes certificacións ou documentos.
3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue a información e/ou a documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.
4. Tales requirimentos de emenda, así como calquera tipo de notificación, realizaranse a través de medios electrónicos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen dez (10) días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.
5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos, xunto co correspondente informe do órgano instrutor, á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.
6. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 14. Comisión de avaliación
1. As solicitudes completas xunto coa documentación requirida serán postas á disposición dunha comisión de avaliación para a súa valoración e informe, o cal incluirá unha relación coa puntuación que corresponde a cada unha das solicitudes segundo os criterios establecidos no artigo 15 desta orde.
2. A comisión de avaliación estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular, ou persoa en que delegue, e integrada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade exercerá de persoa secretaria da comisión.
3. A referida comisión realizará a valoración técnica dos expedientes admitidos ou non denegados e emitirá un informe (tendo en conta os criterios sinalados no artigo 15 en que identificarán, de xeito individualizado, a puntuación obtida por cada un dos solicitantes que acadaron a fase de avaliación, mediante unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións, tanto administrativas como técnicas, establecidas nas bases reguladoras. No informe constará a relación das entidades coas correspondente puntuacións obtida segundo os criterios de valoración.
4. Este informe será remitida ao órgano instrutor, que elaborará a proposta de resolución en base a puntuación obtida por cada un dos solicitantes na fase de valoración técnica, que será elevada á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou persoa en que delegue, para a súa resolución.
Consonte o establecido no artigo 3 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que formen arte do órgano competente para a concesión e os membros dos órganos colexiados de valoración de solicitudes, de ser o caso, nas fases de valoración de solicitudes y resolución de concesión, deberán asinar electrónica unha declaración de ausencia de conflito de interese (DACI), co contido mínimo indicado no anexo I da devandita orde.
No caso de que concorra conflito de intereses, aplicarase o procedemento establecido no artigo 6 da dita orde.
Consonte ao establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que interveñan no proceso de selección das persoa beneficiarias ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha declaración de ausencia de conflito de interese (DACI), de acordo co modelo establecido na devandita orde.
No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as que recae o dito conflito, debendo absterse de intervir na súa selección coa fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.
Artigo 15. Criterios de valoración
1. A comisión de avaliación, a que se refire o artigo 14 desta orde, valorará as solicitudes presentadas aplicando os criterios e puntuacións que de seguido se sinalan para cada unha das liñas subvencionables contempladas:
a) Liña 1:
1º. Aumento da capacidade de almacenamento en % sobre a capacidade que figure na autorización ou na solicitude de autorización da instalación, ata 40 puntos.
2º. Eficiencia da actuación en ratio €/ habitantes atendidos, ata 40 puntos.
3º. Aumento de códigos LER autorizados recollidos, ata 15 puntos repartidos da seguinte maneira:
• Ampliación de residuos téxtiles a razón de 5 puntos por cada código LER ampliado (código LER 20 01 10 e 20 01 11), ata 10 puntos.
• Ampliación de residuos domésticos perigosos, a razón de 1 punto por cada código LER de residuos domésticos perigosos recollidos no anexo VIII ampliados, ata 5 puntos.
4º. Estar en posesión do distintivo de «Bandeira Verde de Galicia» no momento da solicitude da axuda, 5 puntos. No caso de agrupación a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo ata un máximo de 5 puntos.
b) Liña 2:
1º. Tipos de residuos, identificados mediante códigos LER do anexo VIII; que se recollerán no punto limpo de proximidade, a razón de 2 punto por código LER recollido, ata 30 puntos.
2º. Eficiencia da actuación en ratio €/habitantes atendidos, ata 40 puntos.
3º. En función da poboación que se atenda, segundo sexa solicitude individual ou presentada conxuntamente, de forma proporcional:
• Habitantes que se atendan (solicitude individual), ata un máximo de 10 puntos, que se repartiran de xeito proporcional.
• Habitantes que se atendan (solicitude conxunta): de 5 ata 15 puntos, outorgando a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 5 puntos á que menos, e o resto de solicitudes de xeito proporcional.
4º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local para a realización dun proxecto común, ata 10 puntos, en virtude da puntuación que resulte coa seguinte desagregación:
• Pola presentación dunha solicitude por entidades que se axustan a este carácter supramunicipal ou constituíndo unha agrupación: 5 puntos.
• Polo número de concellos participantes no proxecto para o que se solicita a subvención: 1 punto por concello adicional ata un máximo de 5 puntos.
5º. Estar en posesión do distintivo de «Bandeira Verde de Galicia» no momento da solicitude da axuda, 5 puntos. No caso de agrupación a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo ata un máximo de 5 puntos.
c) Liña 3:
1º. Eficiencia da actuación en ratio €/habitantes atendidos, ata 30 puntos.
2º. En función da poboación que se atenda, segundo sexa solicitude individual ou presentada conxuntamente, de forma proporcional:
• Habitantes que se atendan (solicitude individual), ata un máximo de 10 puntos, que se repartiran de xeito proporcional.
• Habitantes que se atendan (solicitude conxunta): de 5 ata 15 puntos, outorgando a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 5 puntos á que menos, e o resto de solicitudes de xeito proporcional
3º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local para a realización dun proxecto común, ata 10 puntos en virtude da puntuación que resulte coa seguinte desagregación:
• Pola presentación dunha solicitude por entidades que se axusten a este carácter supramunicipal ou constituíndo unha agrupación: 5 puntos.
• Polo número de concellos participantes no proxecto para o cal se solicita subvención, 1 punto por concello adicional ata un máximo de 5 puntos.
4º. Solicitudes que inclúan a prestación do servizo a concellos que carecen de punto limpo, 15 puntos.
5º. Tipos de residuos, identificados mediante códigos LER do anexo VIII; que se recollerán no punto limpo de móbil, a razón de 2 punto por código LER recollido, ata 25 puntos.
6º. Estar en posesión do distintivo de «Bandeira Verde de Galicia» no momento da solicitude da axuda, 5 puntos. No caso de agrupación a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo ata un máximo de 5 puntos.
d) Liña 4:
1º. En función da poboación que se atenda, segundo sexa solicitude individual ou presentada conxuntamente, de forma proporcional:
• Habitantes que se atendan (solicitude individual), ata un máximo de 10 puntos, que se repartiran de xeito proporcional.
• Habitantes que se atendan (solicitude conxunta): de 5 ata 15 puntos, outorgando a máxima puntuación á solicitude que máis poboación atenda e 5 puntos á que menos, e o resto de solicitudes de xeito proporcional
2º. Eficiencia da actuación en ratio €/habitantes atendidos, ata 25 puntos.
3º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 15 puntos.
4º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 20 puntos distribuídos da seguinte maneira:
• Ratio cantidade de residuos a tratar/investimento (toneladas/euro) aos que aplica o proxecto: ata 10 puntos.
• Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitadas: ata 10 puntos.
5º. Solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local a razón de 5 puntos por cada un dos concellos que formen parte da agrupación, ata 20 puntos.
6º. Estar en posesión do distintivo de «Bandeira Verde de Galicia» no momento da solicitude da axuda, 5 puntos. No caso de agrupación a valoración será proporcional ao número de integrantes da agrupación que teñan o distintivo ata un máximo de 5 puntos.
2. A puntuación resultante será a suma de aplicación dos baremos indicados. Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 30 puntos, sobre os 100 que como máximo se poderían acadar, para poder optar á subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esa puntuación mínima serán rexeitadas.
3. No caso de empate na baremación decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio establecido no primeiro lugar e así de xeito sucesivo co resto dos criterios previstos no caso de manterse o empate. De persistir o empate, atenderase á data de presentación da solicitude e, de ser idéntica, ao maior importe do orzamento total da actuación.
Artigo 16. Resolución de concesión
1. O órgano instrutor elevará as correspondentes propostas de concesión ao órgano competente para resolver.
2. Na resolución figurarán os seguintes aspectos:
a) A relación de entidades beneficiarias.
b) A relación das entidades locais que non acadaron a condición de entidade beneficiaria.
c) Porcentaxe de cofinanciamento por parte da entidade beneficiaria.
d) Liña de axuda da que é beneficiara.
e) A contía da axuda.
f) Que a axuda está cofinanciada nun 90 % con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece o Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resultando de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.
g) Prazo para a execución.
h) As obrigas que corresponden as entidades beneficiarias, os requisitos específicos relativos ao proxecto subvencionable, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa aplicable.
3. O prazo máximo para resolver será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, poderá entender as súas pretensións desestimadas por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión. Así mesmo, as resolucións de concesión serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web https://sirga.xunta.gal/.
5. De conformidade co Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de titularidades reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que podan subministrar ditos datos sobre titularidades reais, así coma de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.
Artigo 17. Notificación
1. As notificacións dos actos administrativos, distintos da resolución de concesión, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá as persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración Xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionárense por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Artigo 18. Recursos
As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 19. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. O órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria, debendo cumprirse, en todo caso, os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 20. Aceptación e renuncia
1. A persoa representante das entidades locais municipais, supramunicipais ou agrupacións de entidades locais beneficiarios disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben comunicar a renuncia á subvención concedida.
Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.
2. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.
3. A renuncia á subvención regularase de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará ao interesado por medios electrónicos.
Artigo 21. Obrigas das entidades beneficiarios
Sen prexuízo das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedarán obrigadas a:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
2. Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
3. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción de comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.
4. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente a través da intervención delegada, ou a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular deberán autorizar á Comisión, á OLAF, ao Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, á Fiscalía europea a exercitar os dereitos que recoñece o artigo 129, apartado 1, do referido regulamento financeiro.
6. Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude («bandeiras vermellas»). Asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir o fraude, a corrupción e previr o conflito de interese e a dobre financiamento.
7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O aporte da información realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea. Mantendo os requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo.
9. Dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.
10. Custodiar e conservar a documentación da actividade financiada polo Mecanismo de recuperación e resiliencia de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, durante un período de cinco anos a partir do pago do saldo ou, a falta de dito pago, da operación. Este período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.
11. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 15, número 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de conformidade co establecido no anexo IV (publicidade do cofinanciamento comunitario) destas bases así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia. En particular nas medidas de información e comunicación das actuacións que desenvolvan as inversións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios, insercións en prensa, certificados etc., onde se fará mención da orixe deste e velarase por darlle visibilidade, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU» tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.
12. Facilitar a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do proxecto subvencionable, e nun prazo de entre seis meses e tres anos despois da finalización e facilitar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador establecido sobre o rendemento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, consonte ao artigo 30 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, e establecido co número 188, en relación coa Medida C12.I3, no anexo da proposta de decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final]. Así como facilitar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.
13. Subministrar toda a información necesaria para que a Consellería poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
14. Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.
15. Dispoñer das licenzas, permisos e/ou autorizacións administrativas exixidas pola normativa para o exercicio da súa actividade así como, de ser o caso, para o desenvolvemento do proxecto subvencionable. A sinatura da solicitude comporta a realización da declaración relativa a esta disposición.
16. Someterse ás disposicións comunitarias sobre o Mecanismo de recuperación e resiliencia e ás actuacións da autoridade de control ou das entidades que actúen baixo a súa coordinación ou responsabilidade. En particular no relativo a:
• Obriga de asegurarse da regularidade do gasto subxacente e da adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento. A tal efecto establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no senso do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo e á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
• Debe terse en conta o cumprimento da normativa sobre Axudas de Estado, con especial referencia aos supostos nos que vaian participar varias administracións públicas, nos que se debe ter especial coidado coas regras de acumulación de axudas e as de incompatibilidade entre axudas comunitarias, así como coas intensidades máximas, procurando que as categorías de axudas, na medida do posible, non sexan concorrentes senón complementarias e que os gastos elixibles non sexan os mesmos. Para iso débese contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións (BDNS) en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas e lémbrase a necesidade de cumprir adecuadamente coas obrigacións de subministración de información á mesma (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).
• Contribución á fiabilidade do sistema, en xeral, e do sistema de seguimento de indicadores do cumprimento de fitos e obxectivos e de seguimento do custo estimado, en particular.
• Requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo.
• Obrigas de comunicación sobre o financiamento das medidas incluídas nestas bases xa que se incluíron no Plan para a recuperación e resiliencia.
• Subministración de información dos datos sobre o perceptor final dos fondos, cando non sexa o mesmo, así coma dos contratistas e subcontratistas no caso de que o perceptor final sexa un poder adxudicador.
17. Asumir calquera outra obriga comunitaria ou nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Artigo 22. Etiquetado verde
Os proxectos financiables deberán ser compatibles co etiquetado verde, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do seu deseño e execución.
Artigo 23. Período subvencionable
1. O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2025 ambos incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.
2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con data límite a 30 de novembro de 2025.
Artigo 24. Prazo de execución
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro de 2025.
Artigo 25. Xustificación da subvención
1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.
2. A solicitude do pagamento efectuarase pola entidade beneficiaria a través de medios electrónicos mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo, que estará accesible na carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Con esta solicitude acompañarase da documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá, solicitar a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nestas bases reguladoras.
Este requirimento de emenda tamén se efectuará si, das certificacións obtidas de conformidade co artigo 9 destas bases reguladoras, resulta que a entidade solicitante non está ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma, tendo que achegar nestes casos o solicitante as correspondentes certificacións ou documentos.
No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.
5. O órgano instrutor comprobará de oficio que a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, segundo o previsto no artigo 4 desta orde.
Artigo 26. Documentación xustificativa do investimento
A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conterá a seguinte documentación:
1. Solicitude de aboamento efectuada pola entidade beneficiaria conforme o modelo que se facilita no anexo V que se xunta.
2. Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención que, de conformidade co contido requirido na fase de solicitude, identifique, entre outras cuestións, as actividades realizadas e os resultados obtidos en relación cos indicadores de seguimento e avaliación propostos, incluíndo unha estimación dos gases do efecto invernadoiro evitadas e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia e as toneladas de residuos municipais preparadas para a reutilización ou reciclaxe.
Con esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento, achegarase calquera outro material informativo (fotografías, publicacións, recensións na web, etc.) que se considere de interese.
3. Memoria económica xustificativa das actividades realizadas, que conterá:
a) Tanto os xustificantes de gasto como os dos pagamentos deberán ter data comprendida dentro do período de subvencionabilidade previsto no artigo 23 destas bases.
b) Certificación expedida pola Intervención ou o órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida. Esta certificación fará constar, como mínimo de:
1º. O cumprimento da finalidade da subvención.
2º. Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe e a data de emisión. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.
c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra. Tratándose de administracións públicas presentaranse facturas orixinais, ou facturas electrónicas rexistradas no punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.
A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
Cando a entidade beneficiaria non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.
d) Xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) en que deberán constar ademais do emisor e receptor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento, así como a data en que se tivesen efectuado a cal deberá estar comprendida entre a data de inicio e a data límite da xustificación.
Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
e) No caso de adquisición de bens de equipo de segunda man certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial e declaración do vendedor en que conste a orixe dos bens e que estes non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
f) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario debe presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
g) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, na que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e se faga constar a aprobación por parte do órgano competente da conta xustificativa da subvención.
h) Acreditación do cumprimento por parte das entidades contratadas cos estándares máis existentes en relación co cumprimento por parte das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectas os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco de dito Plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, no seu caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. A estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase segundo o modelo do anexo VII (modelo de declaración de compromiso, para as subcontratas, en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) das presentes bases reguladoras.
i) No caso das agrupacións de concellos, presentarase un documento asinado por todos os participantes que conformen a agrupación beneficiaria da axuda no cal se recollan expresamente todos os termos dos aspectos requiridos nas presentes bases para a as solicitudes presentadas de forma conxunta.
4. Documentación acreditativa de ter realizada a publicidade axeitada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita, etc.) que xustifique ter dado cumprimento ás obrigas establecidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia tal como reflicte o artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e segundo o que se establece no anexo IV que acompaña ás presentes bases reguladoras.
5. Para proxectos das liña 2 e 3 acreditación do destino dos residuos recollidos, ben a través dun acordo cunha instalación do punto limpo fixa ou ben directamente a través de acordos con xestores de residuos autorizados. Se é o caso, o punto limpo deberá dispor da autorización de xestor de residuos ou, polo menos, ter realizado a solicitude de autorización.
6. Para a xustificación final das axudas deben presentar a «Memoria descritiva do proxecto técnico» xustificativa do cumprimento da contribución ao obxectivo CID 187 ou 188 segundo corresponda.
Artigo 27. Pagamento da axuda
1. O aboamento da subvención practicaráselle directamente ao concello beneficiario na conta bancaria indicada por este, que deberá ser da súa titularidade. En caso das entidades locais supramunicipais ou agrupacións de entidades locais, o concello que asuma a representación recibirá a axuda atribuída a este fin.
No caso de agrupación de entidades locais, o concello que actúe como representante deberá presentar, no prazo máximo dun mes desde a recepción dos importes cobrados, xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) aos restantes concellos que constitúen a devandita agrupación.
2. Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 63, do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta. De acordo co devandito artigo 63, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.
Para acollerse á modalidade de pagamento anticipado as entidades beneficiarias deber solicitalo expresamente no prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.
3. De non presentar a solicitude de pagamento anticipado enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas efectuarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.
4. Conforme o artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para a concesión dos pagamentos anticipados non se exixirá a presentación de garantías por parte dos concellos beneficiarios.
5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería concedente, antes de proceder ao seu pagamento final, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao medio ambiente na execución das actuacións subvencionadas no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar as inversións sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.
Os órganos competentes da Consellería concedente poderán solicitar a entidade beneficiaria as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. O pagamento realizarase, logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
Artigo 28. Perda do dereito ao cobramento da subvención e procedemento de reintegro
1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.
2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Incumprimento dos proxectos:
a) Incumprimento total: se a entidade beneficiaria xustifica conceptos subvencionables aprobados que representen menos do 50 % do importe concedido entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención.
Así mesmo, o non cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
b) Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, e a xustificación sexa igual ou superior ao 50 % do importe de cada unha das actuacións, poderá apreciarse un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión.
Sen prexuízo doutros supostos que poidan concorrer, no caso de condicións referentes á contía ou concepto da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de realizar ou aplicado a un concepto distinto do considerado subvencionable; deberanse, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción.
4. Incorrerase en causa de non pagamento ou reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases de conformidade coa gradación seguinte:
a) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas e os investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea.
b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido nestas bases.
c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar ao órgano concedente desta axudas a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.
5. No caso de condicións que constitúan obrigas que a entidade beneficiaria deba acreditar en fase de xustificación, tales como obrigas de publicidade ou comunicación doutras axudas, estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención polo que a graduación fixada no punto anterior só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo ás ditas obrigas.
Artigo 29. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por esta das obrigas previstas na citada lei.
Artigo 30. Rexistro Público de Subvencións e Base de datos nacional de subvencións
A concesión das axudas reguladas nesta orde, será obxecto de inscrición no Rexistro Publico de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de facenda e Administración Pública, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencionable de Galicia. As entidades terán en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 3 /2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
De conformidade co Real decreto 130/2019, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de Titularidades Reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que podan subministrar ditos datos sobre titularidades reais, así coma de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.
Asemade, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 31. Fiscalización e control
As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 21, e ás de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao presuposto xeral da Unión. En particular deberán autorizar á Comisión, á OLAF, ao Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, á Fiscalía europea a exercitar os dereitos que recoñece o artigo 129, apartado 1, do referido Regulamento financeiro e asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionais. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto.
Artigo 32. Comprobación de subvencións
1. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.
3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.
Artigo 33. Compatibilidade das axudas
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismo internacional, sempre que o importe total das axudas percibidas non supere o 100 % do investimento subvencionable do proxecto, coa excepción dos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2).
Asemade, as axudas reguladas nesta orde si serán compatibles con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como Feder, REACT-UE, FSE, Horizonte Europa, etc.
2. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, a axuda concedida no marco deste Mecanismo de recuperación e resiliencia, a axuda concedida no marco deste mecanismo sumarase á proporcionada de acordo con outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo.
3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa da execución do servizo.
4. En todo caso, antes de conceder a axuda e no momento da xustificación, solicitarse á entidade solicitante ou beneficiaria unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto.
5. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos nestas bases reguladoras ou, de ser o caso, á iniciación do procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito ao cobramento da subvención ou para o seu reintegro.
Artigo 34. Infraccións e sancións
O réxime de infraccións e sancións aplicable ao establecido nesta orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 35. Medidas antifraude
A detección de feitos, que puideran ter sido constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para ao efecto: https://www.conselleriadefacenda.gal/es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf
Nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma na que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo e na Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Artigo 36. Análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos de concesión de subvencións que executan o PRTR
O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésima décima segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá aportarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.
Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de interese, indicando, en lugar do solicitante de axudas, os titulares reais recuperados polo órganos de concesión da subvención.
Artigo 37. Réxime de concesión e normativa aplicable
1. Respecto de todo o non previsto nesta orde observarase o disposto nas seguintes normas, entre outras de procedente aplicación:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
f) Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamento de Galicia.
g) Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia de España.
h) Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
i) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
j) Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación, tras a crise da COVID-19.
k) Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
l) Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
m) Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
n) Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
o) Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do estado para o ano 2023 (disposición centésima décima segunda).
p) Directrices sobre axudas estatais en materia de clima, protección do medio ambiente e enerxía 2022.
q) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos. Así como resto de normas da Unión Europea sobre a materia e estatais de desenvolvemento ou transposición das mesmas.
Disposición derradeira primeira
Autorízase expresamente á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.
Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Disposición derradeira segunda
Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións e resolucións precisas para a execución desta orde.
Disposición derradeira terceira
Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
