DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68420

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O 20 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 182, a Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O financiamento da convocatoria está distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

38.02.312B.481.1

2.358.498,00 €

Liña II: actuacións de inclusión social

38.03.313C.481.6

8.213.565,54 €

Liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade

38.04.312E.481.1

6.399.171,00 €

Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade

38.04.312E.781.0

2.735.972,00 €

Liña V: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social

38.03.313C.781.0

1.000.000,00 €

Liña VI: actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero

38.07.313B.481.2

1.108.284,18 €

Liña VII: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores e persoas dependentes

38.05.312E.481.1

3.883.748,00 €

Liña VIII: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

38.05.312E.781.1

1.660.500,00 €

Liña IX: proxectos de investimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil

38.02.312B.781.0

470.000,00 €

Total

27.829.738,72 €

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional da contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e que se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin, de acordo coas puntuacións obtidas por cada unha delas.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento do crédito

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O importe total do citado incremento é de cinco millóns douscentos corenta e cinco mil catrocentos oitenta e tres euros con vinte e tres céntimos (5.245.483,23 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 11 de setembro de 2024:

Liñas de actuación

Aplicación orzamentaria

Proxecto de gasto

Importe da ampliación

Liña II: actuacións de inclusión social

38.03.313C.481.6

2017 00070

2.185.971,26 €

Liña IV: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade

38.04.312E.781.1

2017 00070

1.772.565,89 €

Liña VI: actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero

38.07.313B.481.2

2018 00004

211.150,67 €

Liña VII: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores e persoas dependentes

38.05.312E.481.1

2017 00070

741.153,81 €

Liña VIII: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

38.05.312E.781.1

2017 00070

334.641,60 €

Total

5.245.483,23 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade