DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68423

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regula que o persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito da súa aplicación que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou desempeñalas.

Así mesmo, esta disposición, no seu punto segundo, recolle que o Consello da Xunta de Galicia establecerá, a través das relacións de postos de traballo (RPT), a valoración, clasificación e determinación dos postos de traballo afectados por esta norma, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para dar cumprimento ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta Administración incorporou as prazas obxecto de funcionarización no Decreto 225/2020, do 23 de decembro, e no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración especial e xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020, 2021 e 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 260, do 29 de decembro de 2020; núm. 73, do 20 de abril de 2021; e núm. 214, do 10 de novembro de 2023).

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento deste procedemento, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal elaborou a presente modificación da relación de postos de traballo de Administración especial e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, determinando previamente aqueles postos de persoal laboral da Xunta de Galicia afectados polo proceso de funcionarización.

Esta modificación de postos de traballo debe estar aprobada con anterioridade á toma de posesión do persoal que adquira a condición de funcionario de carreira, xa que serán estes postos de traballo os que figuren na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regule o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización, convocados polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril), do 12 de maio de 2021 (DOG núm. 94 do 21 de maio), do 6 de novembro de 2023 (DOG núm. 216, do 14 de novembro) e do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2024 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro).

Cómpre sinalar que nesta relación de postos de traballo, ademais de incluír aqueles postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes, figuran tamén outros postos de persoal laboral tamén obxecto de funcionarización, e indicar que:

– Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.

– O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará a desempeñar as súas funcións nos postos que viñan ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo a funcionarización dos postos, así como o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo do remate dos procesos de funcionarización correspondentes. O persoal laboral fixo en readscrición provisional continuará desempeñando o mesmo posto e co mesmo carácter.

Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o seguinte:

«Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.

A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, escala ou especialidade previsto como equivalente no mencionado anexo».

Tivéronse en conta tamén para esta determinación as condicións, retribucións e os complementos salariais que figuraban na correspondente relación de postos de traballo, que retribuían as especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño do posto de traballo.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de marzo de 2025, e por iso, co fin de que se cumpran os trámites oportunos en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta relación de postos de traballo entrará en vigor o 28 de febreiro de 2025.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de decembro de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o 28 de febreiro de 2025.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de decembro de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Clasificación de postos de traballo derivada da funcionarizacion de postos de persoal laboral, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, en concordancia co contido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a posibilidade de proceder á funcionarización do persoal laboral fixo nos corpos e escalas de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia. Ao dito persoal garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo, se estas son superiores ás que lle correspondan como funcionario.

En desenvolvemento do anterior publicouse o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. No referente ás cuestións retributivas establece, no seu artigo 9, que o persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización, a partir da toma de posesión como funcionario de carreira, pasará a devindicar todas as súas retribucións conforme o sistema, conceptos e contías establecidos con carácter xeral para o persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma. Garantiránselle as retribucións brutas anuais, fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, que estaba a percibir como laboral fixo, se estas fosen superiores ás que lle correspondan como persoal funcionario de carreira.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal elaborou unha modificación de relación de postos de traballo co obxecto de adaptar os postos, definidos actualmente como de adscrición de persoal laboral, á condición de persoal funcionario dentro dalgunha das categorías recollidas no anexo do Decreto 165/2019.

Ao abeiro deste proceso de funcionarización, polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril), do 12 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio), do 6 de novembro de 2023 (DOG núm. 216, do 14 de novembro), e do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2024 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro), convocáronse procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nos corpos, escalas e especialidades correspondentes, de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Os postos correspondentes a estas categorías funcionarizadas son os que figuran na relación de postos de traballo a que fai referencia o parágrafo anterior.

Trátase dunha modificación derivada dun proceso de funcionarización en que, por primeira vez, se establece unha clasificación de postos de traballo no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas e especialidades recollidas na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Para a determinación desta clasificación non se levou a cabo unha nova valoración e/ou valoración complementaria dos postos de traballo, xa que esta valoración xa se efectuou no momento da creación de cada posto nas correspondentes relacións de postos de traballo, senón que se tiveron en conta as retribucións e os complementos salariais que figuraban nas correspondentes relacións de postos de traballo, que retribuían as especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño do posto de traballo.

Por conseguinte, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e na Comisión de Persoal, establécese a seguinte clasificación de postos de traballo no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2) da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Primeiro. Clasificación dos postos de traballo de persoal laboral en postos de persoal funcionario do subgrupo C1

– Clasificación no subgrupo C1 de Administración especial.

Clasificación de postos no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de condución, cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN DO POSTO

COMPLEMENTOS
(posto laboral)

COMPLEMENTO
SINGULARIDADE
(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO E ESPECÍFICO
(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

C1

CONDUTOR/A 1ª

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

6.468,23

20

D. X. DE ASISTENCIA SANITARIA

D. X. DE RECURSOS HUMANOS

CONDUTOR/A MECÁNICO/A

B10

6.468,23

20

DISTRITO FORESTAL: I - FERROL

DISTRITO FORESTAL: II - BERGANTIÑOS-MARIÑAS CORUÑESAS

DISTRITO FORESTAL: III - SANTIAGO-MESETA INTERIOR

DISTRITO FORESTAL: IV - BARBANZA

C1

CONDUTOR/A MECÁNICO/A

B10

6.468,23

20

DISTRITO FORESTAL: IX - LUGO-SARRIA

DISTRITO FORESTAL: V - FISTERRA

DISTRITO FORESTAL: VI - MARIÑA LUCENSE

DISTRITO FORESTAL: VII - FONSAGRADA - OS ANCARES

DISTRITO FORESTAL: VIII - TERRA DE LEMOS

DISTRITO FORESTAL: X - TERRA CHÁ

DISTRITO FORESTAL: XI - O RIBEIRO - ARENTEIRO

DISTRITO FORESTAL: XII - MIÑO -A ARNOIA

DISTRITO FORESTAL: XIII - VALDEORRAS - TRIVES

DISTRITO FORESTAL: XIV - VERÍN - VIANA

DISTRITO FORESTAL: XIX - CALDAS - SALNÉS

DISTRITO FORESTAL: XV - A LIMIA

DISTRITO FORESTAL: XVI - DEZA - TABEIRÓS

DISTRITO FORESTAL: XVII - O CONDADO - PARADANTA

DISTRITO FORESTAL: XVIII - VIGO – O BAIXO MIÑO

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

6.468,23

20

LABORATORIO DE MEDIO AMBIENTE DE GALICIA (A CORUÑA)

 

6.468,23

20

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS (A CORUÑA)

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS (LUGO)

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS (PONTEVEDRA)

OFICIAL 1ª CONDUTOR/A

B10

16

CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (A CORUÑA)

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DA CORUÑA

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE LUGO

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE OURENSE

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE PONTEVEDRA

B18

 

16

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MILAGRES (OURENSE)

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

6.468,23

20

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (LUGO)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (OURENSE)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (PONTEVEDRA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (VIGO)

C1

OFICIAL 1ª CONDUTOR/A

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

6.468,23

20

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

 

 

14

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (LUGO)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (OURENSE)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (PONTEVEDRA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (VIGO)

OFICIAL 1ª CONDUTOR/A UNIDADE MÓBIL CANCRO DE MAMA

 

 

14

S. X. DE PROGRAMAS DE FOMENTO DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

– Clasificación no subgrupo C2 de Administración especial.

Clasificación de postos no corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de condución, cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN DO POSTO

COMPLEMENTOS
(posto laboral)

COMPLEMENTO
SINGULARIDADE
(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO E ESPECÍFICO
(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

C2

CONDUTOR/A

B10

 

14

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DA CORUÑA

SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS DE PONTEVEDRA

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

6.468,23

18

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (LUGO)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (OURENSE)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (PONTEVEDRA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (VIGO)

 

14

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (LUGO)

C2

CONDUTOR/A

DISPOÑIBILIDADE HORARIA

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (OURENSE)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (PONTEVEDRA)

 

 

12

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS (AXI)

DIRECCIÓN

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (LUGO)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (OURENSE)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (PONTEVEDRA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS (VIGO)

SERVIZO DE MONTES (LUGO)

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

OFICIAL 2ª CONDUTOR/A

B10 // B14 // B18

 

18

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

B10 // B18

 

18

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

Clasificación de postos no corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, cos seguintes niveis:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN DO POSTO

COMPLEMENTOS
(posto laboral)

NIVEIS: DESTINO E ESPECÍFICO
(posto funcionario)

CENTRO DE DESTINO

C2

OFICIAL 2ª FORESTAL

B10 // B11 // B18

18

CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA)

Códigos e descricións dos complementos salariais:

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS

B10

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE.

B11

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE.

B14

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN.

B18

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.

Segundo. Constituirase unha comisión de seguimento presidida pola directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e constituída por un membro vogal de cada organización sindical asinante e iguais membros por parte da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal que, ademais do establecido no punto anterior, será a encargada da vixilancia, interpretación e seguimento do establecido nesta clasificación.

Esta comisión será consultada sobre os complementos de funcionarización que se establezan para os laborais fixos con posto nesta RPT que se funcionaricen con posterioridade á súa entrada en vigor.

Especial consideración na clasificación e funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1), escala técnica de condución, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2), escala auxiliar de condución, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Primeiro. Complementos existentes nos postos de persoal laboral

Distintos postos de persoal laboral, grupo III, categoría 63 (oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a) e grupo IV categoría 16 (condutor/a) para funcionarizar contan na relación de postos de traballo con retribucións e complementos salariais que retribúen as condicións, especiais dificultades materiais e técnicas que exixen o desempeño dos postos de traballo, condicións económicas que deben ter a súa correspondencia no complemento de destino e no complemento específico como postos de persoal funcionario.

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS

B10

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE

B14

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN

B18

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE

Segundo. Complementos de convenio e de dispoñibilidade horaria

Malia o recollido no punto anterior, dáse a circunstancia de que existen postos cuxas persoas ocupantes están a percibir un complemento de convenio e/ou complemento de dispoñibilidade horaria.

• O complemento de convenio ten a súa orixe nas peculiaridades no desempeño das súas funcións por parte dos condutores que están ao servizo dos altos cargos da Xunta de Galicia, así como o horario a que se ven sometidos, con continuos cambios nel, ao igual que as características das viaxes que realizan ao servizo de tales cargos, que impiden regular un horario fixo e estable con carácter xeral.

Para estes efectos, o 29.12.1994 o Consello da Xunta de Galicia aprobou unha contía determinada, en concepto de complemento de convenio, para aqueles condutores/as da Xunta de Galicia que nese momento estaban a percibir o complemento de dispoñiblidade horaria.

• O complemento de dispoñibilidade horaria do persoal laboral da Xunta de Galicia está regulado no artigo 26.4, Complementos salariais, do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Trátase dun complemento que se aboa polo simple feito de estar dispoñible, estar á disposición da Administración para a realización dun traballo. A percepción deste complemento non pode supoñer aumento de xornada senón a posibilidade de que se produzan alteracións do horario xeral establecido para a Xunta de Galicia.

Esta dispoñibilidade horaria só dará dereito á percepción dun complemento especial e ao cobramento de indemnización por razón do servizo, conforme o regulado pola normativa de aplicación; non se poderá percibir retribución ningunha por horas extraordinarias se se percibe complemento de dispoñibilidade horaria por horas de presenza.

Esta dispoñibilidade horaria non se considera dentro da xornada de traballo efectivo nin computa para os efectos do límite de horas extraordinarias.

Aos/ás condutores/as, no tempo de traballo efectivo, resúltanlles de aplicación a xornada normal de traballo e os límites establecidos para as horas extraordinarias.

No suposto de retirada do carné de conducir por unha autoridade xudicial ou gobernativa, os/as condutores/as non sufrirán mingua salarial básica ningunha, salvo que a dita retirada sexa debida a imprudencia temeraria ou a conducir baixo os efectos do alcohol.

A percepción do importe correspondente a este complemento só será posible cando figure expresamente recoñecido para o posto de que se trate na correspondente relación de postos de traballo.

Terceiro. Importes dos complementos de convenio e de dispoñibilidade horaria

Os importes correspondentes ao complemento de convenio e ao complemento de dispoñibilidade horaria son os seguintes:

• O complemento de convenio está retribuído cunha contía de 539,08 euros mensuais (12 mensualidades).

• O complemento de dispoñibilidade horaria está retribuído cunha contía de 469,91 euros en 12 mensualidades.

Cuarto. Horario especial

Os postos que teñan asignados os complementos «horario especial con especial dispoñibilidade» e «horario especial con especial singularidade» manterán o mesmo horario que viñan desempeñando os postos con complemento de dispoñibilidade e complemento de convenio, mentres non se acorden outros.

Quinto. Traslado dos complementos dos postos de persoal laboral a postos de persoal funcionario

Esta Administración non é allea ás peculiaridades e particularidades existentes no desenvolvemento dos seus postos de traballo do persoal do grupo III, categoría 63 (oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a) e grupo IV categoría 16 (condutor/a), polo que cómpre, dentro da negociación correspondente, reflectir estas circunstancias nesta funcionarización de postos en prol dunha eficaz e eficiente prestación do servizo, sen mingua nas retribucións das persoas ocupantes dos postos de traballo.

• Quinto.1 Postos que se clasifican no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1), escala técnica de condución:

◦ Sen complementos: nivel 14.

◦ Con complemento B10: nivel 16.

◦ Con complemento B18: nivel 16.

◦ Con complementos B10 + singularidade: nivel 20.

◦ Con dispoñibilidade horaria + singularidade: nivel 20.

◦ Con singularidade: nivel 20.

◦ Con dispoñibilidade horaria: nivel 20.

• Quinto.2 Postos que se clasifican no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2), escala auxiliar de condución:

◦ Sen complementos: nivel 12.

◦ Con complemento B10: nivel 14.

◦ Con dispoñibilidade horaria: nivel 14.

◦ Con dispoñibilidade horaria + singularidade: nivel 18.

◦ Con complementos B10// B14//B18: nivel 18.

◦ Con complementos B10//B18: nivel 18.

• Quinto.3 Naqueles postos en que se percibe o complemento de dispoñibilidade horaria trasladarase o importe correspondente de 4.696,16 euros anuais coa observación correspondente Horario especial con especial dispoñibilidade.

• Quinto.4 Naqueles postos en que se percibe o complemento de convenio trasladarase o importe correspondente de 3.922 euros anuais coa observación correspondente Horario especial con especial singularidade.