DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2022/527-4).

Expediente: IN407A 2022/527-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT Petelos.

Concello: Mos.

Feitos:

1. O 22.12.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT, CT Petelos.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado 482 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, no que figura un orzamento total de 140.887,70 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar da Porteliña, en Petelos, no concello de Mos:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 518 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A36EB2R7//A36EB2R7 da LMT MOS706 San Amaro 6, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 400 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A0500024600001DS.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Mos.

Augas de Galicia non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 14.2.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas afectadas pola declaración de utilidade pública segundo a relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora, concretamente os titulares da parcela 36033A050002460001DS, na cal se instalará o centro de transformación.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 14.2.2023 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 10.3.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 13.3.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Mos, desde o 21.2.2023 ata o 4.4.2023, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

5. O 13.4.2023, Isabel Domínguez Carrera, Carmen Carrera Suárez, Inés González Alonso, Manuela Vila Vila e Ana Isabel Alonso Rodríguez presentaron escritos de alegacións que foron traslados á empresa promotora.

6. O 5.12.2023, UFD comunicou que, de acordo co Concello de Mos, situará o centro de transformación noutra parcela con cuxo titular acadaron un mutuo acordo (acompañan o acordo acadado). Así mesmo, presentará un modificado do proxecto inicial.

7. O 12.1.2024, UFD presentou un modificado do proxecto inicial en que solicitaba unicamente a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica denominada LMT, CT Petelos.

No proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, figura un orzamento total de 70.880,58 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar da Porteliña, en Petelos, no concello de Mos:

– Centro de transformación de superficie en envolvente prefabricada de formigón de manobra interior 2L1P, telecontrolado con GPRS/FO con telexestión BT de 400 kVA potencia, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A050003000001DO.

–Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 406 metros de lonxitude para alimentar o centro de transformación proxectado.

8. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos, a Axencia Española de Seguridade Aérea (AESA), a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido por AESA.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 406 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A36EB2R7//A36EB2R7 da LMT MOS706 San Amaro 6, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 400 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A050003000001DO.

– A instalación está situada no lugar da Porteliña, en Petelos, no concello de Mos (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CT Petelos (expediente IN407A 2022/527-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra