O Concello Pleno, en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 7 de novembro de 2024, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeume (PXOM) e ordenación detallada do sector URDI-2 Leite Celta, co seu estudo ambiental estratéxico e o correspondente resumo executivo redactado en decembro de 2023 e asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, en representación de Monteoliva Arquitectura, S.L.P.
De conformidade co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LSG), e no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLSG), ábrese un trámite de información pública durante un prazo de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.
A documentación que se someta a información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico.
Este acordo determina a suspensión automática do procedemento de outorgamento de licenzas, tamén referida ás licenzas de parcelación, edificación e demolición, naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan no caso de que as súas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, o que se recolle no resumo executivo, conforme dispón o artigo 86.4 do RLSG. A dita suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial, non afectará os supostos previstos no número 3 do artigo 86 do RLSG e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan (artigo 47.2 da LSG).
De conformidade co resumo executivo aprobado, a suspensión de licenzas levarase a cabo no ámbito do sector URDI-2 Leite Celta cunha extensión superficial de 9,4 ha. A relación de parcelas catastrais afectadas do devandito ámbito é a seguinte:
|
15070A02500003 |
15070A02500004 |
15070A02500008 |
15070A02500009 |
|
15070A02500010 |
15070A02500334 |
15070A02500014 |
15070A02500015 |
|
15070A02500016 |
15070A02500051 |
15070A02500052 |
15070A02500053 |
|
15070A02500054 |
15070A02500055 |
15070A02500056 |
15070A02500057 |
|
15070A02500058 |
15070A02500060 |
15070A02500064 |
15070A02500090 |
|
15070A02500097 |
15070A02500098 |
15070A02500099 |
15070A02500100 |
|
7036701NJ6073N |
7036702NJ6073N |
001200200NJ60D0001KE |
A expresión gráfica deste concepto reflíctese no plano que se xunta no documento Resumo Executivo.
A documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse de xeito presencial nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Pontedeume, situadas na avenida de Ricardo Sánchez, 6 (Edificio Foremdes), con cita previa, que se poderá solicitar no seguinte teléfono 981 49 55 00 ou mediante o enderezo electrónico urbanismo@pontedeume.gal
As alegacións poderán presentarse mediante calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Estará ao dispor dos interesados na sede electrónica do Concello de Pontedeume e no Rexistro municipal de Entrada un modelo de alegacións que facilite a súa presentación.
Pontedeume, 26 de novembro de 2024
Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde
