Para unha adecuada aplicación das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, as ordes a que fai referencia o título desta resolución procederon a codificar tanto os diferentes ingresos (taxas e prezos) coma os servizos xestores que os aplican. Ademais, o anexo VII da Orde do 30 de xuño contén a relación de entidades financeiras colaboradoras na recadación de taxas e prezos.
Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, e que supuxeron a cancelación da autorización como entidade colaboradora de Targobank, razón pola que mediante esta resolución se revisan as codificacións recollidas nas ordes citadas, consonte a autorización contida no parágrafo segundo da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e a autorización contida na disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994.
As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:
1. Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.
2. Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.
3. Decreto 48/2024, do 22 de abril, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.
4. Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
5. Orde do 13 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
6. Resolución do 31 de xullo de 2024 pola que se cancela a autorización de Targobank como entidade colaboradora para a recadación dos tributos e doutros ingresos de dereito público da Xunta de Galicia.
Por todo iso, en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 e en virtude da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994, aludidas con anterioridade,
RESOLVO:
Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:
04 Presidencia, Xustiza e Deportes:
|
01 |
Secretaría |
|
|
04 |
Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia |
|
|
06 |
Secretaria Xeral para o Deporte |
|
|
07 |
Axencia Turismo de Galicia |
OA |
|
08 |
Secretaria Xeral de Medios |
|
|
09 |
Emerxencias |
|
|
11 |
Diario Oficial de Galicia |
|
|
12 |
Relacións Exteriores e coa Unión Europea |
|
|
17 |
Asociacións, fundacións e colexios profesionais |
|
|
18 |
Administración local |
|
|
19 |
Academia Galega de Seguridade Pública |
OA |
|
20 |
Interior e espectáculos públicos |
|
|
21 |
Axencia Galega de Emerxencias |
OA |
|
23 |
Compañía de Radio Televisión de Galicia |
OA |
|
25 |
Instituto de Medicina Legal de Galicia |
|
|
26 |
Mobilidade |
|
|
27 |
Xustiza |
05 Facenda e Administración Pública:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Instituto Galego de Estatística |
OA |
|
06 |
Política financeira |
|
|
07 |
Función pública |
|
|
08 |
Axencia Tributaria de Galicia |
OA |
|
09 |
Tribunal Administrativo de Contratación Pública |
|
|
10 |
Escola Galega de Administración Pública |
OA |
|
11 |
Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) |
OA |
|
16 |
Xogo |
06 Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
|
01 |
Secretaría |
|
|
03 |
Instituto Galego da Vivenda e Solo |
OA |
|
04 |
Axencia Galega de Infraestruturas |
OA |
|
06 |
Urbanismo |
|
|
16 |
Xurado de Expropiación de Galicia |
|
|
18 |
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística |
OA |
|
26 |
Servizo Técnico Xurídico |
07 Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:
|
01 |
Secretaría |
|
|
03 |
Ensino Medio |
|
|
10 |
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) |
OA |
|
12 |
Axencia Galega de Innovación |
OA |
08 Economía e Industria:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Minas |
|
|
03 |
Administración, propiedade e seguridade industrial |
|
|
07 |
Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) |
OA |
|
08 |
Enerxía |
|
|
12 |
Instituto Galego de Promoción Económica |
OA |
09 Medio Rural:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Supervisión de proxectos |
|
|
03 |
Contratación |
|
|
04 |
Infraestruturas agrarias |
|
|
05 |
Formación agraria |
|
|
06 |
Centro de Investigacións Agrarias |
|
|
07 |
Axudas estruturais |
|
|
08 |
Industria e comercialización agroalimentaria |
|
|
09 |
Sanidade e produción animal |
|
|
10 |
Montes e industrias forestais |
|
|
12 |
Defensa contra incendios |
|
|
13 |
Fomento cooperativo |
|
|
14 |
Fondo Galego de Garantía Agraria-Fogga |
OA |
|
15 |
Sanidade vexetal |
|
|
16 |
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) |
OA |
|
17 |
Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) |
OA |
10 Cultura, Lingua e Xuventude:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Axencia Galega das Industrias Culturais |
OA |
|
03 |
Arquivos |
|
|
06 |
Patrimonio cultural |
|
|
08 |
Rexistro da Propiedade Intelectual |
|
|
09 |
Secretaría Xeral de Política Lingüística |
|
|
11 |
Museos |
|
|
12 |
Xuventude |
11 Sanidade:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Planificación e ordenación |
|
|
03 |
Sergas-Xerencia |
OA |
|
06 |
Sergas-Farmacia |
OA |
|
08 |
Saúde pública |
|
|
11 |
Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia-061 |
OA |
|
12 |
Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos |
OA |
|
13 |
Fundación Pública Instituto Galego de Ofmatoloxía |
OA |
|
16 |
Inspección sanitaria |
|
|
17 |
Protección á saúde |
|
|
18 |
Promoción da saúde |
|
|
19 |
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica |
OA |
|
20 |
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde |
OA |
12 Mar:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Acuicultura (S.C.) |
|
|
03 |
Marisqueo (S.C.) |
|
|
04 |
Pesca (S.C.) |
|
|
05 |
Desenvolvemento pesqueiro |
|
|
06 |
Recursos mariños |
|
|
07 |
Competitividade e innovación tecnolóxica |
|
|
08 |
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) |
OA |
|
10 |
Ente público Portos de Galicia |
OA |
14 Política Social e Igualdade:
|
01 |
Secretaría |
|
|
02 |
Escolas infantís - AGSS |
OA |
|
04 |
Tempo libre |
|
|
06 |
Menores |
|
|
07 |
Dependencia e autonomía persoal |
|
|
14 |
Promoción da igualdade |
15 Medio Ambiente e Cambio Climático:
|
01 |
Secretaría |
|
|
04 |
Patrimonio natural |
|
|
06 |
Prevención e xestión ambiental |
|
|
07 |
Fomento e control de calidade ambiental |
|
|
08 |
Control e xestión de residuos |
|
|
09 |
Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia |
|
|
10 |
Centro de Investigacións Forestais |
|
|
11 |
Servizo Técnico-Xurídico |
|
|
12 |
Augas de Galicia |
OA |
|
14 |
Inspección e intervención ambiental |
|
|
15 |
Meteogalicia |
|
|
20 |
Instituto de Estudos do Territorio |
OA |
|
22 |
Enerxías renovables |
|
|
23 |
Ordenación do litoral |
17 Emprego, Comercio e Emigración:
|
01 |
Secretaría |
|
|
04 |
Consello Galego de Relacións Laborais |
OA |
|
05 |
Emprego |
|
|
06 |
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral |
OA |
|
08 |
Formación |
|
|
09 |
Secretaría Xeral de Emigración |
|
|
10 |
Instituto Galego de Consumo e da Competencia |
OA |
|
11 |
Comercio |
23 Consello da Cultura Galega:
|
01 |
Consello da Cultura Galega |
24 Consello Consultivo:
|
01 |
Secretaría |
Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:
A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:
|
31.29.17 |
Concesións en materia de augas, incluída a inscrición no Rexistro de Augas |
|
31.29.18 |
Modificacións de características de concesións en materia de augas, incluída a inscrición no Rexistro de Augas, cando sexa preceptiva |
|
31.29.19 |
Transmisións de concesións en materia de auga, incluída a inscrición no Rexistro de Augas. |
|
31.29.20 |
Recoñecemento do dereito a un uso privativo e inscrición no Rexistro de Augas |
|
31.29.21 |
Modificacións de usos privativos por disposición legal, incluída a inscrición no Rexistro de Augas, cando sexa preceptivo |
|
31.29.22 |
Cambio de titularidade de usos privativos por disposición legal, incluída a inscrición no Rexistro de Augas |
|
31.30.22 |
Autorizacións para navegación |
|
31.30.23 |
Prórrogas de expedientes de autorizacións resoltos en materia de augas |
|
31.30.24 |
Cambios de titularidade de autorizacións de obras en zona de policía de leitos |
|
32.57.06 |
Taxa por modificación non substancial da autorización ambiental integrada (AAI) que implique unha nova inscrición como xestor de residuos (para actividades de almacenamento, valorización e eliminación) no Rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia: |
|
32.83.00 |
Actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (APCA) |
|
32.83.01 |
Expedición, modificación substancial ou renovación da autorización de focos emisores á atmosfera de instalacións industriais con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (grupos A e B) |
|
32.83.02 |
Baixa, modificación non substancial ou transmisión de titularidade de instalacións industriais con actividades parcialmente contaminadoras da atmosfera con autorización (grupos A e B) |
|
32.83.03 |
Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (APCA). |
B) Modificando os códigos seguintes:
|
30.59.00 |
Actuacións administrativas encamiñadas a resolver as solicitudes de acreditación no Sistema acreditador de formación continuada das profesións sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia. Por cada actividade formativa: |
|
31.29.00 |
Concesións e usos privativos por disposición legal en materia de augas |
|
31.29.09 |
Concesións para navegación e transporte acuático |
|
31.30.04 |
Autorizacións de obra en zona de policía de leitos |
|
31.30.05 |
Autorizacións de derivacións de augas de carácter temporal |
|
31.30.09 |
Cortas en zonas de servidume de leitos |
|
31.30.10 |
Declaracións responsables para o exercicio da navegación |
|
31.30.11 |
Autorización de verteduras |
|
31.32.01 |
Deslindamentos e apeos. O importe da taxa non recolle o depósito a que fai referencia o artigo 242.1 do Regulamento do dominio público hidráulico |
|
31.34.00 |
Imposición de servidumes en materia de augas |
|
32.36.05 |
Permuta de puntos de fondeo e cambios de localización de establecementos produtivos e experimentais |
|
32.82.01 |
Realización de inspeccións ambientais de seguimento realizadas polo persoal inspector ambiental a instalacións IPPC recollidas na epígrafe 9.3 do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016 (granxas IPPC) |
|
32.82.02 |
Realización de inspeccións ambientais de seguimento realizadas polo persoal inspector ambiental a instalacións IPPC distintas das recollidas na epígrafe 9.3 do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións industriais IPPC) |
|
32.82.03 |
Realización de inspeccións ambientais de seguimento realizadas polo persoal inspector ambiental a instalacións non afectadas polo Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións non IPPC) |
C) Eliminando os códigos seguintes:
|
30.25.00 |
Inscrición no Rexistro de Augas |
|
30.59.01 |
– Por cada actividade formativa de tipo presencial |
|
30.59.02 |
– Por cada actividade formativa de tipo a distancia ou mixta |
|
30.59.03 |
– Por cada reedición de actividades formativas presenciais, a distancia ou mixtas |
|
31.29.01 |
Concesión para abastecementos de poboacións ou urbanización |
|
31.29.02 |
Concesión para regadíos e usos agrarios |
|
31.29.04 |
Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras |
|
31.29.05 |
Concesión para usos industriais non incluídos nos puntos anteriores |
|
31.29.06 |
Concesión para usos recreativos |
|
31.29.08 |
Concesión para establecementos de acuicultura |
|
31.29.10 |
Outras concesións |
|
31.29.12 |
Autorización de transferencia de concesión, modificación das características de concesión, rehabilitación e revisión desta |
|
31.30.01 |
De obras de defensa, canalización e desvío de leitos, construción de ramplas e embarcacións |
|
31.30.02 |
Obras de cubrición de leitos, construción de pontes, pasarelas, cruzamentos subterráneos de leitos |
|
31.30.06 |
De cruzamentos de liñas eléctricas e diversos servizos |
|
31.30.08 |
De extracción de áridos |
|
31.30.12 |
Ocupación temporal ou invasión do leito do río |
|
31.30.13 |
Construción dun pozo |
|
31.30.14 |
Establecemento de barcos de paso e embarcacións |
|
31.30.15 |
Flotación fluvial para transporte de madeira |
|
31.30.16 |
Para utilización de pastos en zona de dominio público hidráulico |
|
31.30.17 |
Para establecementos de baños ou zonas recreativas e deportivas |
|
31.30.18 |
Para acampada colectiva en zona de policía de leitos |
|
31.30.20 |
Outras autorizacións |
|
31.34.01 |
Acueduto |
|
31.34.02 |
Saca de auga e bebedoiro |
|
31.34.03 |
Estribo de presa e de parada |
|
31.34.04 |
Paso |
|
31.34.05 |
Outras |
|
32.43.00 |
Legalización de aproveitamento de augas |
|
32.43.01 |
Concesións para abastecemento de núcleos de poboación ou urbanización |
|
32.43.02 |
Concesión para regadíos e usos agrarios |
|
32.43.03 |
Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras |
|
32.43.04 |
Concesións para usos recreativos |
|
32.43.05 |
Concesións para extracción de áridos |
|
32.43.06 |
Concesións para establecementos de acuicultura |
|
32.43.07 |
Concesións para navegación e transporte acuático |
|
32.43.08 |
Outras concesións |
|
32.64.00 |
Execución subsidiaria en expedientes de dominio público hidráulico. A base impoñible da taxa será o custo total da execución |
|
32.82.04 |
Realización de inspeccións ambientais non programadas realizadas polo persoal inspector ambiental |
Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:
BANCO SANTANDER
BANCO SABADELL
BBVA
EVO BANCO
ABANCA
IBERCAJA
CAIXABANK
CAIXA RURAL GALEGA
CAJA RURAL ZAMORA
Cuarto. Actualizar o anexo I da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, eliminando os seguintes códigos:
36.31.01 Carné Xove euro < 26
36.32.05 Carné alberguista internacional
36.32.06 Carné teacher (ITIC)
36.32.07 Carné go < 25 (FIYTO)
36.32.08 Carné Student (ISIC)
Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2025.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024
Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia
