DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Guillade (concello de Ponteareas) e San Andrés de Uma (concello de Salvaterra de Miño), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22028).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Guillade (concello de Ponteareas) e San Andrés de Uma (concello de Salvaterra de Miño), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22028).

Feitos:

Primeiro. O 26.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Guillade presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2358298 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Guillade (Ponteareas) e a CMVMC de San Andrés de Uma (Salvaterra de Miño).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Garamil, Mirón-Colleira, Alto da Costa e Hervenlla (ID 3013) da CMVMC de Guillade.

– MVMC de Coto Ladea, Pedreira, Calvario, Borraxeiros e Gendufe (ID 3123) da CMVMC de San Andrés de Uma da CMVMC de Uma.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento do 5.5.2022.

• Acta de conciliación núm. 06/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Salvaterra de Miño do 6.10.2022.

• Certificado do 14.6.2024 do secretario da CMVMC de Guillade coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 26.6.2022.

• Certificado do 14.6.2024 do secretario da CMVMC de San Andrés de Uma coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 26.6.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinada o 17.8.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: Q3BQ8PR70HPQ6B8N, D3BFQ7X7PXA4PHH1 e S620MNK9J3PKQV09 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.026 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P.01: x: 548.217,49 y: 4.670.395,40

Punto P.02: x: 548.221,50 y: 4.670.288,60

Punto P.04: x: 548.260,28 y: 4.669.810,80

Punto P.05: x: 548.245,93 y: 4.669.714,76

Punto P.06: x: 548.220,15 y: 4.669.540,81

Punto P.07: x: 548.178,78 y: 4.669.304,16

Os puntos secundarios son puntos tomados en campo para respectar as propiedades particulares, segundo está reflectido na memoria técnica as ditas propiedades están delimitadas por muros. Se a liña de deslindamento cartograficamente invade as parcelas de titularidade catastral particular débese a un erro de precisión na cartografía catastral. Polo que, considérase que a liña de deslindamento non afecta terceiros propietarios.

Punto S.01: x: 548.256,23 y: 4.670.063,79

Punto S.02: x: 548.258,66 y: 4.669.975,38

Punto S.03: x: 548.210,02 y: 4.669.482,88

Punto S.04: x: 548.182,89 y: 4.669.327,66

Punto S.05: x: 548.149,81 y: 4.669.135,13

O punto P.03 (x: 548.257,89 y: 4.670.053,00) e o punto P08 (x: 548.138,30 y: 4.669.074,16) son considerados puntos de referencia.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos, coa excepción dun tramo entre o punto P01 e o punto P05 en que non existe colindancia pola CMVMC de San Andrés de Uma. A colindancia neste tramo queda xustificada:

– Pola imprecisión que pode presentar a cartografía das resolucións de clasificación nesta franxa tan estreita.

– Polas comunidades recoñecendo a colindancia a través do deslindamento presentado.

– E pola titularidade catastral das parcelas implicadas.

O deslindamento está formado por tres tramos:

Tramo 1: punto P01-punto P02 e punto S01

Tramo 2: punto S02-punto P04-punto P05-punto P06 e o punto S3

Tramo 3: punto S04-punto P07 e o punto S.05

A liña do deslindamento non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Salvaterra do Miño e Mondariz.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Guillade: realiza un axuste desde o punto P.01 e o punto S.05 para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

Nos tramos entre o punto S.01 e o punto S.02 e no tramo entre o punto S.03 e o punto S.04 a comunidade realiza un axuste para pechar a liña de deslindamento coa planimetría existente.

– CMVMC de San Andrés de Uma: deberá proceder mediante algún dos expedientes previstos na lexislación para adaptar as superficies actualmente recollidas no Rexistro de MVMC de Pontevedra coa realmente pertencente á comunidade.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Guillade (Ponteareas) e a CMVMC de San Andrés de Uma (Salvaterra de Miño) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 13 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra