DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Aguasantas (ayuntamiento de Cotobade) y Laxioso (ayuntamiento de Ponte Caldelas), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22030).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Aguasantas (concello de Cotobade) e Laxioso (concello de Ponte Caldelas), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22030).

Feitos:

Primeiro. O 26.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Aguasantas presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2359337 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Aguasantas (Cotobade) e a CMVMC de Laxioso (Ponte Caldelas).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslinde son:

– MVMC de Aguasantas (ID Monte: 2582) da CMVMC de Aguasantas.

– MVMC de Laxioso (ID Monte: 3061) da CMVMC de Laxioso.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 6.3.2022.

• Acta de conciliación núm. 57/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas o 6.10.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Aguasantas coa conformidade do presidente do 28.7.2024 da aprobación en asemblea do 6.4.2024.

• Certificado do secretario da CMVMC de Laxioso coa conformidade do presidente do 18.4.2024 da aprobación en asemblea do 4.4.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 9.6.2024 pola enxeñeira de montes colexiada núm. 2275. As emendas realizadas producen a modificación da mesma.

• Informe de validación gráfica catastral CSV: 0PX77Q1WNBWG0YZ3, K3JRDEDWAQMWVXRV (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.220 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P.01: x: 542.014,58 y: 4.696.593,09

Punto P.02: x: 542.153,63 y: 4.696.501,81

Punto P.03: x: 542.455,29 y: 4.696.280,20

Punto P.04: x: 542.543,90 y: 4.696.240,47

Punto P.05: x: 542.817,77 y: 4.696.125,85

Punto P.06: x: 542.902,54 y: 4.696.087,62

Punto P.07: x: 543.758,80 y: 4.695.728,42

Punto P.08: x: 543.704,31 y: 4.695.737,94

Punto P.09: x: 543.798,15 y: 4.695.764,76

Punto P.10: x: 544.011,69 y: 4.695.840,60

No traballo de gabinete establécense 1 punto de deslindamento secundario (P.09 bis) para respectar o dominio público da estrada, polo que neste tramo non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

Punto P.09 bis: x: 543.812,20 y: 4.695.769,75

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambas coa excepción dun tramo entre o punto 1 e o punto 3, onde o esbozo da CMVMC de Aguasantas é colindante co esbozo da CMVMC de Caldelas. Neste tramo queda xustificada a colindancia pola conformidade do 16.4.2024 da CMVMC de Caldelas ao deslindamento en trámite.

O deslindamento está formado por dous tramos:

Tramo 1: punto 1-punto 9

Tramo 2: punto 9 bis-punto 10

A liña do deslindamento practicamente respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. A CMVMC de Aguasantas presenta RE22067 e a CMVMC de Laxioso realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Aguasantas (Cotobade) e a CMVMC de Laxioso (Ponte Caldelas) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 13 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra