DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Borela e Aguasantas (concello de Cotobade), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22031).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Borela e Aguasantas (concello de Cotobade), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22031).

Feitos:

Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Borela presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2363113 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Borela e a CMVMC de Aguasantas no concello de Cotobade.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Borela (ID Monte: 2584) da CMVMC de Borela.

– MVMC de Aguasantas (ID Monte: 2582) da CMVMC de Aguasantas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 7.9.2022.

• Acta de conciliación entre as comunidades no Xulgado de Paz de Cotobade o 23.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Aguasantas coa conformidade do presidente do 16.5.2024 da aprobación na asemblea do 23.7.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Borela coa conformidade do presidente do 15.9.2022 da aprobación na asemblea do 22.5.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.9.2022 pola enxeñeiro técnico forestal colexiada núm. 757 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a súa modificación.

• Informe de validación gráfica catastral CSV: Z0EPRGFSYC3B4NMJ (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.086 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1: x: 542.167,68 y: 4.699.221,37

Punto 2: x: 542.296,73 y: 4.698.792,77

Punto 4: x: 541.610,45 y: 4.697.207,20

Inicialmente proponse o punto 3 (x: 541.519,07 y: 4.697.686,61), o punto 5 (x: 541.617,07 y: 4.697.185,65) e o punto 12A´ (x: 541612,56 y: 4697202,53), pero logo de consultar o expediente de revisión de esbozo da CMVMC de Aguasantas (RE22067) non queda xustificada a colindancia, polo tanto, estes puntos non forman parte do deslindamento.

No traballo de gabinete establécense oito puntos de deslindamento secundarios, dous respectan o dominio público da estrada (punto 13A´ e punto 14A´), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente). Catro puntos respectan as propiedades particulares (punto 6A´, punto 7A´, punto 8A´, punto 9A´ e punto 10A´), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares). E un punto 11A´ establécese como punto intermedio na traxectoria da liña de deslindamento.

Punto 6A´: x: 542.270,25 y: 4.698.880,72

Punto 7A´: x: 541.657,69 y: 4.697.698,77

Punto 8A´: x: 541.635,86 y: 4.697.489,45

Punto 9A´: x: 541.647,23 y: 4.697.460,45

Punto 10A´: x: 541.647,23 y: 4.697.428,83

Punto 11A´: x: 541.626,16 y: 4.697.371,31

Punto 13A´: x: 542.248,28 y: 4.698.953,79

Punto 14A´: x: 542.249,81 y: 4.698.948,28

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambas.

O deslindamento está formado por cinco tramos:

Tramo 1: punto 1-punto 13A´

Tramo 2: punto 14A´-punto 6A´

Tramo 3: punto 2-punto 7A´

Tramo 4: punto 8A´-punto 9A´

Tramo 5: punto 10A´-punto 4

A liña de deslindamento establécese tomando de referencia o Rego Miniños. Considérase que ambos os montes son colindantes cartograficamente e topograficamente ao tratarse dun rego de pequenas dimensións (ambas as comunidades deben de respectar o dominio público hidráulico).

A liña do deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. A CMVMC de Aguasantas presenta RE22067 e a CMVMC de Borela realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Borela e a CMVMC de Aguasantas (Cotobade) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 13 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra