Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Tourón e Paradela (concello de Ponte Caldelas), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22075).
Feitos:
Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Tourón presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2389250 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Tourón e a CMVMC de Paradela (ambas no concello de Ponte Caldelas).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Tourón (ID: 3070) da CMVMC de Tourón.
– MVMC de Paradela (ID: 3063) da CMVMC de Paradela.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento do 6.9.2022.
• Acta de conciliación núm. 86/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 29.11.2022.
• Certificado do 18.6.2024 da secretaria da CMVMC de Tourón coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 1.10.2022.
• Certificado do 28.4.2023 do secretario da CMVMC de Paradela coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 17.7.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 2.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia.
• Informes de validación gráfica catastral con CSV: KE63CW07EPBD44P7 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.994 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 01: x: 539.589,27 y: 4.694.946,76
Punto 02: x: 539.731,89 y: 4.695.354,68
Punto 03: x: 539.777,89 y: 4.695.475,27
Punto 04: x: 539.969,27 y: 4.696.243,43
Punto 05: x: 540.032,22 y: 4.696.602,60
Punto 06: x: 539.988,50 y: 4.696.766,14
Punto 07: x: 539.955,47 y: 4.696.917,34
No traballo de gabinete establécense catro puntos de deslindamento secundarios que respectan o dominio público hidráulico (PS1, PS2, PS3, PS4), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto PS1: x: 540.011,31 y: 4.696.680,82
Punto PS2: x: 540.019,87 y: 4.696.649,29
Punto PS3: x: 539.873,74 y: 4.695.859,97
Punto PS4: x: 539.870,11 y: 4.695.845,44
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios. A dita modificación queda xustificada polo expediente de deslindamento entre a CMVMC de Gradín e a CMVMC de Paradela (expediente DC22140) e a revisión de esbozo da CMVMC de Gradín (expediente RE22068).
O punto 01 invade a parcela catastral 36043A01200229 de titularidade particular. O dito punto queda xustificado polo muro de pedra que delimita a parcela. Polo tanto, considerase unha imprecisión da cartografía catastral.
O deslindamento está formado por 3 tramos:
Tramo 1: punto 01-o punto PS4
Tramo 2: punto PS3-o punto PS2
Tramo 2: punto PS1-o punto 07
A liña do deslindamento respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Tourón: desde o punto 07 o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste tendo en conta a cartografía actual dos MVMC e desde o punto 01 o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste con base na proposta presentada e na cartografía existente.
– CMVMC de Paradela: desde o punto 01 o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste con base na proposta presentada que inclúe o deslindamento entre a CMVMC de Paradela e a CMVMC de Gradín (PO-DESC-02/2020) e desde o punto 07 a comunidade presenta un axuste para pechar o punto final coa cartografía existente.
Os axustes realízanse para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final co resto do esbozo orixinal.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Tourón e a CMVMC de Paradela (Ponte Caldelas) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 13 de decembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
